X

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Latin alphabet Xx.png
Abecedario
Aa Bb Cc Dd Ee
Ff Gg Hh Ii Ll
Mm Nn Ññ Oo Pp
Qq Rr Ss Tt Uu
Vv Xx Zz
 Non galego: Çç - Jj - Kk - Ww - Yy 

O X (xe ou xis) é a vixésima segunda letra do alfabeto galego, e representa o fonema /ʃ/ (fricativo palatal xordo) ou o grupo /ks/.

Na lingua galega[editar | editar a fonte]

A representación do fonema /ʃ/ exclusivamente mediante o grafema <x> (coma en xente ou xurar), trátase dunha solución innovadora, que racha coa práctica tradicional (cfr. gal. med. gente, iurar), e simplificadora, fundada no criterio fonográfico de relación unívoca fonema-grafema, segundo o cal a cada fonema debe de corresponder un só grafema.

A primeira ocasión en que o fonema /ʃ/ foi representado exclusivamente polo grafema <x> en textos galegos impresos foi cando a edición das Obras en prosa y en verso del Cura de Fruime, de Diego Antonio de Cernadas y Castro, que saíron dos prelos de Joachin Ibarra en Madrid entre 1778 e 1781. Inclúese aí doce pezas ou treitos en galego salferidas entremedias de cinco dos sete tomos das devanditas Obras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]