J

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abecedario
Aa Bb Cc Dd Ee
Ff Gg Hh Ii Ll
Mm Nn Ññ Oo Pp
Qq Rr Ss Tt Uu
Vv Xx Zz
 Non galego: Çç - Jj - Kk - Ww - Yy 

O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval, e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal.

Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.

Curiosamente, o J é a única letra do alfabeto latino que non aparece na táboa periódica. En física designa o joule.

Historia[editar | editar a fonte]

En orixe no alfabeto latino era só unha letra maiúscula, o escolar humanista Pierre de la Ramée foi o primeiro en distinguir I e J. En latín a pronuncia do I e J era [i], [i:] ou [j], pero as linguas romances desenvolveron novos sons que foron representados como I e J.

Xeroglífico
(Fonograma de i)
Escritura hierática
(Fonograma de i)
Proto-Semítico
Y
Fenicio
Y
Grego
iota
Etrusco
I
Latín
I
Latín
J
Latín moderno
Jj
i

En portugués, o son utilizado para a letra J é o /ʒ/ (jarro, janela, jota), así como no francés e no romanés. En castelán o J pronuncia-se /x ~ h/ (como ajo, allo); este son desenvolveuse a partir do son /dʒ/. En todas as linguas xermánicas, exceptuando o inglés que utiliza /dʒ/ (just), o son utilizado para a letra J é o /j/ (como ja en alemán ou como no ditongo i no verbo aboiar). Este feito tamén se verifica en albanés, e nas linguas urálicas e eslavas que utilizan o alfabeto latino, como por exemplo en húngaro, finés, estoniano, polaco e checo. Tamén o serbio, lingua eslava, adoptou o J no seu alfabeto cirílico, co mesmo propósito. Foi debido a este padrón lingüístico, que a letra minúscula /j/ foi adoptada pola Asociación Fonética Internacional, como representante deste son.

Na lingua italiana moderna, apenas palabras en latín ou palabras estranxeiras teñen a letra J. Até ao século XIX, o J era utilizado en vez do I en ditongos como substituto para o último –ii e en grupos vocais como en Savoja.

Lingüistas da Alemaña e da Europa Central tamén utilizaron o J nalgunhas transliteracións, de linguas eslavas que utilizan o alfabeto cirílico. En particular, o "Е" en ruso é ás veces transliterado para "je", o "Я" é transliterado para "ja" e o carácter "Ю" para "ju".

Representacións alternativas[editar | editar a fonte]

En alfabeto fonético aeronáutico asígnaselle a palabra Juliet. En código Morse é: ·---

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]