Saltar ao contido

Cimbros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os cimbros (en latín, Cimbri) foron un pobo xermánico-céltico da Idade Antiga que xunto cos teutóns e os ambróns, emprenderon unha emigración a finais do século II a. C. dende a súa rexión de orixe na península de Xutlandia[1][2] cara a Galia e Hispania, entrando en conflito coa República Romana. [3]

Representación da derrota dos cimbros por Caio Mario na batalla de Vercellae. Obra de Alexandre-Gabriel Decamps, museo do Louvre.

No ano 113 a. C. invadiron Nórico. Enfrontáronse frecuentemente cos romanos, causándolles varias derrotas. Na batalla de Arausio, os cimbros exterminaron dous exércitos consulares romanos completos. No 104 a.C. entraron en Hispania, pero tiveron que volver de novo polos Pireneos cara a Aquitania tras ser derrotados por unha coalición de celtiberos. No ano 102 a. C., despois de ter intentado instalarse en territorio romano, pactaron cos teutóns a invasión de península de Italia. Mais, finalmente, no ano 101 a. C. foron vencidos e exterminados por Caio Mario na batalla de Vercellae, na Galia Cisalpina.[1]

  1. 1,0 1,1 "Cimbrer". Enciclopedia Nacional Sueca (en sueco). Consultado o 15 de maio de 2014. 
  2. David K Faux. "The Cimbri of Denmark, the Norse and Danish Vikings, and Y-DNA Haplogroup R-S28/U152 - (Hypothesis A)" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 15 de maio de 2014. 
  3. JANSON, Tore (2013). "Historien". En Norstedts. Germanerna: Myten – Historien - Språken (en sueco). Estocolmo. p. 89-90. ISBN 9789113032863. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]