Sistema CGS
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O sistema CGS foi un sistema de unidades, un dos antecesores do Sistema Internacional de Unidades, baseado nas tres unidades da Mecánica, o centímetro (cm), o gramo (g) e mais o segundo (s). Na actualidade seguen a usarse as súas unidades básicas baixo o epígrafe de unidades ou submúltiplos das correspondentes do Sistema Internacional.