Velocidade de fase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A velocidade de fase dunha onda é a taxa á cal a fase da mesma se propaga no espazo. Esta é a velocidade á cal a fase de calquera compoñente en frecuencia dunha onda se propaga (que pode ser diferente para cada frecuencia). Se tomamos unha fase en particular da onda (por exemplo un máximo), esta parecerá estar viaxando a dita velocidade. A velocidade de fase está dada en termos da velocidade angular da onda ω e do vector de onda k pola relación:

v_\mathrm{p} = \frac{\omega}{k}

Hai que ter en conta que a velocidade de fase non é necesariamente igual á velocidade de grupo dunha onda, que é a taxa á cal viaxa a enerxía almacenada na onda.

A velocidade de fase da radiación electromagnética pode en certas circunstancias ser superior á velocidade da luz no baleiro, pero isto non implica que haxa transmisión de enerxía por encima de dita velocidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]