Celeridade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


A magnitude ou módulo da velocidade coñécese como celeridade ou rapidez. Adóitase expresar como distancia percorrida partido por unidade de tempo. Cando a velocidade é uniforme (constante), a celeridade pódese calcular dividindo a distancia percorrida entre o tempo empregado. Cando un obxecto está acelerado, o seu vector velocidade varía ó longo do tempo. A aceleración pode consistir nun cambio de dirección do vector velocidade, un cambio na magnitude ou ámbalas dúas cousas.