Media aritmética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A media aritmética ou promedio dunha cantidade finita de números é igual á suma de todos eles dividida entre o número de sumandos.

Así, dados os números a1,a2, ... , an, a media aritmética será igual a:

\bar{x} = {1 \over n} \sum_{i=1}^n{a_i} = (a_1+\cdots+a_n)/n

Por exemplo, a media aritmética de 8, 5 e -1 é igual a (8 + 5 + (-1)) / 3 = 4.

O símbolo µ (mu) é usado para a media aritmética dunha poboación. Usamos X cunha barra horizontal sobre o símbolo para medias dunha mostra: \overline{X}.

Outras medias estatísticas son: a media xeométrica, a media harmónica, a media cadrática, a media ponderada, a media aritmética, a media aritmética xeométrica e a media xeralizada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]