Tour de Francia 1974
| 1973 << Tour de Francia 1974 >> 1975 | |
| Clasificacións | Prólogo + 22 etapas, 4098 km |
O Tour de Francia 1974 foi a 61ª edición da carreira ciclista mais importante do mundo. O percorrido de 4098 quilómetros comezou o 27 de xuño na cidade bretoa de Brest, e rematou o 21 de xullo no Velódromo de Vincennes de París, pasando por un total de catro estados diferentes: Francia, Bélxica, Reino Unido e España.
Na carreira participaron 13 equipos, con 10 corredores por equipo, para un total de 130 corredores, dos cales remataron 105. As ausencias mais salientables eran o vixente gañador Luis Ocaña, o recente gañador da Vuelta a España José Manuel Fuente, o italiano Felice Gimondi e o neerlandés Joop Zoetemelk. Entre as presencias mais importantes estaban Bernard Thévenet, Raymond Poulidor, Lucien Van Impe, Roger Pingeon, e sobre todo o recente gañador do Giro de Italia, o belga Eddy Merckx, que xa tiña 4 Tours no seu palmarés.
Vicente López Carril, do equipo KAS, presentouse como o único representante galego na carreira, cunha moi salientable participación, pois foi quen de acadar o 3º posto final na clasificación xeral, perdendo o 2º posto tan só na penúltima etapa contrarreloxo. Tamén acadou unha vitoria na 11ª tirada,[1] unha etapa alpina que remataba en Serre Chevalier, sacándolle 54 segundos a Eddy Merckx.[2]
Eddy Merckx levou posto o mailló amarelo en 17 das 22 etapas, facéndose con 8 vitorias parciais e co seu 5º Tour de Francia. Domingo Perurena acadou a vitoria na clasificación da montaña, e Patrick Sercu na clasificación por puntos. En ámbalas dúas clasificacións, Eddy Merckx ocupou o segundo posto.
Índice |
Etapas [editar]
- CRI - Contrarreloxo individual. CRE - Contrarreloxo por equipos.
Clasificación final [editar]
Eddy Merckx acadou o seu 5º Tour de Francia, igualando a cifra récord de 5 Tours acadada 10 anos antes polo francés Jacques Anquetil. Os 10 primeiros postos da clasificación xeral do Tour de Francia 1974 quedou do seguinte xeito:
| Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
|---|---|---|---|
| Molteni | 116h 16' 58" | ||
| 2 | Gan-Mercier | + 8' 04" | |
| 3 | KAS | + 8' 09" | |
| 4 | Brooklyn | + 10' 59" | |
| 5 | KAS | + 11' 24" | |
| 6 | Bic | + 14' 24″ | |
| 7 | Carpentier | + 16' 34″ | |
| 8 | Sonolor | + 18' 33″ | |
| 9 | Gan-Mercier | + 19' 55″ | |
| 10 | Mic | + 24' 11″ |
O resultado final do Tour de Francia 1974 supuxo o primeiro podio dun ciclista galego na historia da carreira mais importante do mundo.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
Outros artigos [editar]
|
|||||