Tour de Francia 2003
| 2002 << Tour de Francia 2003 >> 2004 | |
| Clasificacións | Prólogo + 20 etapas, 3.426 km |
| Vacante | |
O Tour de Francia 2003 foi a 90ª edición da carreira ciclista mais importante do mundo. O seu percorrido comezou o 5 de xullo e rematou o 27 de xullo na mesma cidade de París.
Nesta edición tomaron a saída 22 equipos, formados por 9 corredores cada un, de xeito que o número de participantes total foi de 198, do cales remataron a carreira 147. Non obstante, algúns dos ciclistas que conseguiron completar o percorrido completo da proba, foron posteriormente descalificados por motivos de dopaxe, como foi o caso do gañador, Lance Armstrong. Entre o pelotón houbo tan só un representante galego, o redondelán Marcos Serrano, do equipo ONCE-Eroski, que correu co dorsal 18 e rematou a proba na 68ª posición
O Tour 2003 presentábase como un man a man entre os 3 corredores que dominaran o podio nas últimas edicións, é dicir, Lance Armstrong, Jan Ullrich e Joseba Beloki, coa presenza doutros candidatos a ocupar un posto no podio, como Alexander Vinocurov, Roberto Heras, Iban Mayo ou Gilberto Simoni, algún dos cales non estivo á altura do que se agardaba del.
A primeira semana de carreira foi intrascendente, cunha prólogo individual, varias etapas chas nas que se chegou ó sprint, e unha contrarreloxo por equipos. Co comezo da segunda semana chegaron os Alpes. Na primeira etapa de montaña gañou o escalador francés Richard Virenque, que colleu o liderato da carreira. Non obstante ese liderato só lle durou un día, pois na segunda etapa, con meta en Alpe d'Huez, o americano Lance Armstrong púxose o mailló amarelo. A terceira etapa alpina sería a que marcaría ese Tour. Nela Joseba Beloki sufriu unha grave caída cando atacaba ó líder da carreira, quedando moi ferido, e sendo levado a un hospital. O resto daquel Tour foi un man a man entre Lance Armstrong e Jan Ullrich (o alemán gañou a contrarreloxo de 47 quilómetros da 12ª etapa mentres que o americano gañou a etapa pirenaica de Luz Ardiden na 15ª etapa), chegando a París con tan só un minuto e un segundo de diferencia dun sobre o outro. Con aquela vitoria, o americano acadaba o seu quinto Tour de Francia, e igualaba no mais alto do palmarés a Jacques Anquetil, Eddy Merckx, Bernard Hinault e Miguel Indurain. Pasarían 9 anos ata que a UCI tomase a decisión de sancionar ó ciclista texano retirándolle tódalas súas vitorias, e polo tanto tamén ésta, incluidas as vitorias de etapa.
Índice |
Etapas[editar]
- CRI - Contrarreloxo individual. CRE - Contrarreloxo por equipos.
Clasificación xeral[editar]
Así quedaron as primeiras posicións da clasificación xeral do Tour de Francia 2003 trala disputa da proba e trala descalificación de Lance Armstrong por parte da UCI en 2012.
| Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
|---|---|---|---|
| Vacante | - | - | |
| Desc. | |||
| 2 | Bianchi | + 1' 01" | |
| 3 | Deutsche Telekom | + 4' 14" | |
| 4 | CSC | + 6' 17" | |
| 5 | Euskaltel-Euskadi | + 6' 51" | |
| 6 | Euskaltel-Euskadi | + 7' 06" | |
| 7 | Fassa Bortolo | + 10' 12" | |
| 8 | Credit Agricole | + 12' 28" | |
| 9 | CSC | + 18' 49" | |
| 10 | iBanesto.com | + 19' 15" | |
| 68 | ONCE-Eroski | + 2h 07' 26" |
- Desc. - Descalificados.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Páxina do Tour de Francia 2003 (en francés)
- Información sobre o Tour 2003 en cyclingnews (en inglés)
Outros artigos[editar]
|
|||||