Tour de Francia 2008

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
2007 << Tour de Francia 2008 >> 2009
Tour-de-France-2008.png
Clasificacións 21 etapas, 3559 km
Jersey yellow.svg - Xeral España Carlos Sastre
Jersey polkadot.svg - Montaña Vacante
Jersey green.svg - Puntos España Óscar Freire

O Tour de Francia 2008 foi a 95ª edición da carreira ciclista mais importante do mundo. O percorrido de 3559 quilómetros comezou o 5 de xullo na cidade bretoa de Brest, e rematou o 27 de xullo nos Campos Elisios de París.

Percorrido[editar | editar a fonte]

A ronda gala saíu da cidade bretoa de Brest e chegou como de cote á cidade de París, onde tivo a meta nos seus Campos Elisios. A proba decorreu case totalmente por territorio francés, se ben pasou tamén por Italia. Na vila de Prato Nevoso tivo lugar a chegada da 15ª tirada, mentres que a 16ª saiu de Cuneo, tamén na zona alpina italiana.

O percorrido, de 3.554 quilómetros, tivo 21 tiradas sen prólogo, algo novidoso no conxunto das últimas edicións.

Houbo dúas xornadas de descanso intercaladas, cinco chegadas en alto, once tiradas chás, catro de media montaña e dúas contrarreloxos individuais.

Participantes[editar | editar a fonte]

20 equipos tomaron a saída, con 9 corredores por equipo, facendo un total de 180 participantes, dos que remataron a carreira 144.

Equipo Líder
Agritubel Cristophe Moreau Francia
Ag2r La Mondiale Cyril Dessel Francia
Garmin Chipotle Christian Vande Velde Flag of the United States.svg
Barloworld Mauricio Soler Flag of Colombia.svg
Bouygues Télécom Pierrick Fedrigo Francia
Caisse d´Epargne Alejandro Valverde España
Cofidis Sylvain Chavanel Francia
Crédit Agricole Thor Hushovd Flag of Norway.svg
Euskaltel-Euskadi Haimar Zubeldia Flag of the Basque Country.svg
Française des Jeux Sandy Casar Francia
Equipo Líder
Gerolsteiner Stefan Schumacher Alemaña
Lampre Damiano Cunego Italia
Liquigas Filippo Pozzato Italia
Silence-Lotto Cadel Evans Flag of Australia.svg
Quick Step-Innergetic Stijn Devolder Bélxica
Rabobank Denis Menchov Flag of Russia.svg
Saunier Duval-Prodir Riccardo Riccò Italia
CSC Saxo Bank Carlos Sastre España
Milram Erik Zabel Alemaña
Team Columbia Kim Kirchen Flag of Luxembourg.svg

Galegos no Tour[editar | editar a fonte]

O único corredor galego no Tour foi Óscar Pereiro, do equipo Caisse d'Epargne, partindo co dorsal 37. Pereiro tivo que retirarse logo de sufrir unha perigosa caída[1] na decimoquinta tirada.

Etapas[editar | editar a fonte]

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
1.ª 5 de xullo BrestPlumelec Etapa de media montaña 195 España Alejandro Valverde España Alejandro Valverde
2.ª 6 de xullo AuraySaint-Brieuc 165 Flag of Norway.svg Thor Hushovd España Alejandro Valverde
3.ª 7 de xullo Saint-MaloNantes 195 Francia Samuel Dumoulin Francia Romain Feillu
4.ª 8 de xullo CholetCholet History.gif 29 (CRI) Alemaña S.Schumacher Flag of Luxembourg.svg Kim Kirchen Alemaña S.Schumacher Flag of Luxembourg.svg Kim Kirchen
5.ª 9 de xullo CholetChâteauroux 230 Flag of the United Kingdom.svg Mark Cavendish Alemaña S.Schumacher Flag of Luxembourg.svg Kim Kirchen
6.ª 10 de xullo AigurandeSuper-Besse Etapa de media montaña 195 Italia R.Ricco España Alejandro Valverde Flag of Luxembourg.svg Kim Kirchen
7.ª 11 de xullo BrioudeAurillac 158 España Luis León Sánchez Flag of Luxembourg.svg Kim Kirchen
8.ª 12 de xullo FigeacTolosa 174 Flag of the United Kingdom.svg Mark Cavendish Flag of Luxembourg.svg Kim Kirchen
9.ª 13 de xullo TolosaBagnères de Bigorre Etapa de montaña 222 Italia R.Ricco Flag of Russia.svg Vladimir Efimkin Flag of Luxembourg.svg Kim Kirchen
10.ª 14 de xullo PauHautacam Etapa de montaña 156 Italia L.Piepoli España Juan José Cobo Flag of Australia.svg Cadel Evans
11.ª 16 de xullo LannemezanFoix 166 Flag of Norway.svg Kurt Asle Arvesen Flag of Australia.svg Cadel Evans
12.ª 17 de xullo LavelanetNarbona 168 Flag of the United Kingdom.svg Mark Cavendish Flag of Australia.svg Cadel Evans
13.ª 18 de xullo NarbonaNimes 182 Flag of the United Kingdom.svg Mark Cavendish Flag of Australia.svg Cadel Evans
14.ª 19 de xullo NimesDigne-les-Bains 182 España Óscar Freire Flag of Australia.svg Cadel Evans
15.ª 20 de xullo EmbrunItalia Prato Nevoso Etapa de montaña 216 Flag of Australia.svg Simon Gerrans Flag of Luxembourg.svg Frank Schleck
16.ª 22 de xullo Italia CuneoJausiers Etapa de montaña 157 Francia Cyril Dessel Flag of Luxembourg.svg Frank Schleck
17.ª 23 de xullo EmbrunAlpe d'Huez Etapa de montaña 210 España Carlos Sastre España Carlos Sastre
18.ª 24 de xullo Bourg-d'OisansSaint-Étienne 197 Alemaña Marcus Burghardt España Carlos Sastre
19.ª 25 de xullo RoanneMontluçon 163 Francia Sylvain Chavanel España Carlos Sastre
20.ª 26 de xullo CérillySaint Amand Montrond History.gif 53 (CRI) Alemaña S.Schumacher Suíza Fabian Cancellara España Carlos Sastre
21.ª 27 de xullo ÉtampesParís 143 Bélxica Gert Steegmans España Carlos Sastre
  • CRI - Contrarreloxo individual.

Dopaxe[editar | editar a fonte]

Tres ciclistas foron acusados de empregaren substancias ou prácticas dopantes durante a celebración desta edición do Tour de Francia. O primeiro caso detectado foi o do ciclista español Manuel Beltrán, do Liquigas, ao que se lle atoparon[2], niveis anómalos de EPO no sangue nun control pasado na primeira tirada da proba. Foi expulsado do Tour. O segundo foi o tamén español Moisés Dueñas, tamén do Liquigas, e tamén por EPO. No rexistro policial subseguinte atopáronlle materiais dopantes, e foi detido[3] e expulsado do Tour. O terceiro foi o italiano Riccardo Riccò, do Saunier Duval, así mesmo por consumo de EPO. Riccò obtivera a vitoria en dúas tiradas da rolda gala, e figuraba á cabeza da clasificación da montaña. Riccò era o líder do seu equipo, foi detido e expulsado do Tour, ao mesmo tempo que o conxunto do equipo deixaba a proba[4].

Clasificación xeral[editar | editar a fonte]

O terceiro clasificado da xeral, o austríaco Bernhard Kohl, foi eliminado da carreira tralo seu remate, por mor dun positivo nun control antidopaxe. A clasificación da montaña, liderada polo mesmo corredor, quedou sen gañador.

Posición Ciclista Equipo Tempo
Jersey yellow.svg España Carlos Sastre CSC-Saxo Bank 87h 52' 52"
2 Flag of Australia.svg Cadel Evans Silence-Lotto + 58"
Desc. Austria Bernhard Kohl Gerolsteiner + 1' 13"
3 Flag of Russia.svg Denis Menchov Rabobank + 2' 10"
4 Flag of the United States.svg Christian Vande Velde Garmin Chipotle + 3' 05"
5 Flag of Luxembourg.svg Frank Schleck CSC-Saxo Bank + 4' 28″
6 España Samuel Sánchez Euskaltel-Euskadi + 6' 25″
7 Flag of Luxembourg.svg Kim Kirchen Columbia + 6' 55″
8 España Alejandro Valverde Caisse d'Épargne + 7' 12″
9 Flag of Slovenia.svg Tadej Valjavec AG2R La Mondiale + 9' 05″
10 Flag of Russia.svg Vladimir Efimkin AG2R La Mondiale + 9' 55″

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tour de Francia 2008

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]