Tour de Francia 2007

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
2006 << Tour de Francia 2007 >> 2008
Clasificacións 20 tiradas + prólogo 3.550 km.
- Xeral España Alberto Contador
- Montaña Mauricio Soler
- Puntos Bélxica Tom Boonen

O Tour de Francia 2007 foi a 94ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O percorrido de 3550 quilómetros comezou o 7 de xullo na capital británica, Londres, e rematou o 29 de xullo nos Campos Elisios de París.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O percorrido do Tour de France foi anunciado o 26 de outubro de 2006. O Tour saíu por primeira vez na súa historia do Reino Unido, e fíxoo para conmemorar o centenario da Entente cordiale, un acordo de paz e cooperación asinado polos dous países en 1907. A solicitude de Londres fíxose en 2004.

A ronda gala tamén tivo chegada e saída en Bélxica (Gante e Waregem, respectivamente), e percorreu algúns quilómetros do norte da provincia de Huesca, en España, na 16ª tirada.

O percorrido, de 3.550 quilómetros, 20 tiradas e mais o prólogo, e dúas xornadas de descanso intercaladas, tivo tres chegadas en alto, once tiradas chás e seis de montaña e tres contra o reloxo individuais.

Participantes[editar | editar a fonte]

21 equipos tomaron a saída con 9 corredores por equipo, é dicir, houbo un total de 189 participantes.

Equipo Líder
Agritubel Juan Miguel Mercado España
Ag2r Prévoyance Christophe Moreau Francia
Astaná Alexander Vinocurov
Barloworld Robert Hunter
Bouygues Télécom Thomas Voeckler Francia
Caisse d´Epargne Alejandro Valverde España
Cofidis Sylvain Chavanel Francia
Crédit Agricole Thor Hushovd
Discovery Channel Alberto Contador España
Euskaltel-Euskadi Haimar Zubeldia
Française des Jeux Sandy Casar Francia
Equipo Líder
Gerolsteiner Markus Fothen Alemaña
Lampre-Fondital Tadej Valjavec Eslovenia
Liquigas Filippo Pozzato Italia
Predictor-Lotto Cadel Evans Australia
Quick Step-Innergetic Tom Boonen Bélxica
Rabobank Denis Menchov
Saunier Duval-Prodir Iban Mayo
Team CSC Carlos Sastre España
Milram Alessandro Petacchi Italia
T-Mobile Michael Rogers Australia
   

Galegos no Tour[editar | editar a fonte]

O último corredor en tomar a saída na tirada prólogo foi Óscar Pereiro, que luciu o número 11. O habitual é que o vencedor da última edición sexa o que leve o número 1, pero neste caso a organización do Tour, dirixido por Christian Prudhomme, entendeu que aínda non se resolvera correctamente a edición pasada, e aínda estaba en litixio se o vencedor era o descualificado Floyd Landis ou o galego.

Ademais, Pereiro tampouco foi o líder do seu equipo, o Caisse d'Epargne, co que tivo que facer labores de apoio ao seu líder, o español Alejandro Valverde. Finalmente rematou na décima posición, co que conseguiu estar entre os dez primeiros nas tres últimas edicións do Tour.

Non houbo máis galegos neste Tour.

Etapas[editar | editar a fonte]

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
Prólogo 7 de xullo Londres 8 (CRI) Suíza Fabian Cancellara Suíza Fabian Cancellara
1.ª 8 de xullo Londres- Canterbury 203 Australia Robbie McEwen Suíza Fabian Cancellara
2.ª 9 de xullo Dunkerque-Bélxica Gante 167 Bélxica Gert Steegmans Suíza Fabian Cancellara
3.ª 10 de xullo Bélxica Waregem-Compiègne 236 Suíza Fabian Cancellara Suíza Fabian Cancellara
4.ª 11 de xullo Villers Cotterets-Joigny 190 Thor Hushovd Suíza Fabian Cancellara
5.ª 12 de xullo Chablis-Autun Etapa de media montaña 184 Italia Filippo Pozzato Suíza Fabian Cancellara
6.ª 13 de xullo Semur en Auxois-Bourg en Bresse 200 Bélxica Tom Boonen Suíza Fabian Cancellara
7.ª 14 de xullo Bourg en Bresse-Le Grand Bornand Etapa de montaña 197 Alemaña Linus Gerdemann Alemaña Linus Gerdemann
8.ª 15 de xullo Le Grand Bornand-Tignes Etapa de montaña 165 Dinamarca Michael Rasmussen Dinamarca Michael Rasmussen
9.ª 17 de xullo Val d'Isere-Briançon Etapa de montaña 161 Mauricio Soler Dinamarca Michael Rasmussen
10.ª 18 de xullo Tallard-Marsella 229 Francia Cédric Vasseur Dinamarca Michael Rasmussen
11.ª 19 de xullo Marsella-Montpellier 180 Robert Hunter Dinamarca Michael Rasmussen
12.ª 20 de xullo Montpellier-Castres 179 Bélxica Tom Boonen Dinamarca Michael Rasmussen
13.ª 21 de xullo Albi-Albi Etapa de media montaña 54 (CRI) A.Vinocurov Australia Cadel Evans Dinamarca Michael Rasmussen
14.ª 22 de xullo Mazamet-Plateau de Beille Etapa de montaña 197 España Alberto Contador Dinamarca Michael Rasmussen
15.ª 23 de xullo Foix-Loudenvielle Etapa de montaña 196 A.Vinocurov Luxemburgo Kim Kirchen Dinamarca Michael Rasmussen
16.ª 25 de xullo Orthez-Gourette (Aubisque) Etapa de montaña 218 Dinamarca Michael Rasmussen Dinamarca Michael Rasmussen
17.ª 26 de xullo Pau-Castelsarrasin 188 Italia Daniele Bennati España Alberto Contador
18.ª 27 de xullo Cahors-Angoulême 212 Francia Sandy Casar España Alberto Contador
19.ª 28 de xullo Cognac-Angoulême 55 (CRI) Levi Leipheimer España Alberto Contador
20.ª 29 de xullo Marcoussis-París 130 Italia Daniele Bennati España Alberto Contador
  • CRI - Contra o reloxo individual.

O día 24 de xullo, e como consecuencia dun positivo de dopaxe detectado a Alexander Vinocurov, o seu equipo, o Astaná, foi convidado a abandonar o Tour de Francia. A dirección do equipo aceptouno. O positivo produciuse por unha transfusión de sangue homóloga, realizada o día en que Vinocurov vencía na tirada contra o reloxo de Albi, se ben o ciclista nega os feitos. Ao día seguinte, un positivo por testosterona do ciclista italiano Cristian Moreni fai que o Cofidis abandone tamén o Tour.

En 2012 tamén foi sancionado Levi Leipheimer por ter participado no sistema de dopaxe relacionado con Lance Armstrong ata 2006, séndolle retirados tamén os resultados que colleitou neste Tour 2007.

Clasificación xeral[editar | editar a fonte]

Alberto Contador na 19ª etapa.
Posición Corredor Equipo Tempo
España Alberto Contador Discovery Channel 91h 00' 26"
2 Australia Cadel Evans Predictor-Lotto + 23"
Desc. Levi Leipheimer Discovery Channel + 31"
4 EspañaCarlos Sastre CSC + 7' 08"
5 España Haimar Zubeldia Euskaltel-Euskadi + 8' 17"
6 España Alejandro Valverde Caisse d'Epargne' + 11' 37"
7 Luxemburgo Kim Kirchen T-Mobile + 12' 18"
8 Ucraína Yaroslav Popovych Discovery Channel + 12' 25"
9 España Mikel Astarloza Euskaltel-Euskadi + 14' 14"
10 Galicia Óscar Pereiro Caisse d'Epargne + 14' 25"
  • Desc. - descalificado da carreira.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]