Tour de Francia 2012

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
2011 << Tour de Francia 2012 >> 2013
Carte du tracé du tour de France 2012.jpg
Clasificacións 20 etapas, 3496 km
Jersey yellow.svg - Xeral Flag of the United Kingdom.svg Bradley Wiggins
Jersey polkadot.svg - Montaña Francia Thomas Voeckler
Jersey green.svg - Puntos Eslovaquia Peter Sagan

O Tour de Francia 2012 foi a 99ª edición da carreira ciclista mais importante do mundo. O seu percorrido comezou o 30 de xuño na cidade belga de Liexa e rematou o 22 de xullo en París.

Os equipos participantes foron 22, 18 deles de categoría UCI ProTour (primeira división do ciclismo) e os outros 4 de categoría UCI Profesional Continental, convidados pola organización da carreira. O número de ciclistas participantes foi polo tanto de 198 (9 por equipo).

A carreira presentou as ausencias salientables de Alberto Contador (sancionado pola UCI por dopaxe) e Andy Schleck (cunha fractura no óso sacro). Ningún ciclista galego participou nesta edición.

O autraliano Cadel Evans presentábase na carreira coa misión de defender a vitoria acadada na edición 2011, pero non foi quen de conseguilo. O británico Bradley Wiggins acadou o seu primeiro triunfo nun Tour de Francia e nunha das grandes voltas, dominando con autoridade as dúas contrarreloxos longas, e axudado por un potente equipo, o Sky, no que tamén salientou Chris Froome, que rematou a carreira no segundo posto da clasificación xeral. Terceiro foi o italiano Vincenzo Nibali.

Equipos participantes[editar | editar a fonte]

Equipo Cód.UCI Categoría Xefe de filas
Flag of the United States.svg BMC BMC UCI ProTour Flag of Australia.svg Cadel Evans
Flag of Luxembourg.svg RadioShack-Nissan RSN UCI ProTour Flag of Luxembourg.svg Frank Schleck
Francia Europcar EUC Prof.Continental Francia Thomas Voeckler
España Euskaltel-Euskadi EUS UCI ProTour España Samuel Sánchez
Italia Lampre-ISD LAM UCI ProTour Italia Michele Scarponi
Italia Liquigas-Cannondale LIQ UCI ProTour Italia Vincenzo Nibali e Italia Ivan Basso
Flag of the United States.svg Garmin-Sharp GRM UCI ProTour Flag of Canada.svg Ryder Hesjedal
Francia Ag2r La Mondiale ALM UCI ProTour Francia Jean-Christophe Péraud e Flag of Ireland.svg Nicolas Roche
Francia Cofidis COF Prof.Continental Estonia Rein Taaramäe e Francia David Moncoutié
Francia Saur-Sojasun SAU Prof.Continental Francia Jérôme Coppel
Flag of the United Kingdom.svg Sky SKY UCI ProTour Flag of the United Kingdom.svg Bradley Wiggins
Bélxica Lotto-Belisol LOT UCI ProTour Bélxica Jurgen Van den Broeck
Flag of the Netherlands.svg Vacansoleil-DCM LEO UCI ProTour Flag of the Netherlands.svg Lieuwe Westra
Flag of Russia.svg Katusha KAT UCI ProTour Flag of Russia.svg Denis Menchov
Francia FDJ FDJ UCI ProTour Francia Sandy Casar
Flag of the Netherlands.svg Rabobank RAB UCI ProTour Flag of the Netherlands.svg Robert Gesink
España Movistar MOV UCI ProTour España Alejandro Valverde
Dinamarca Saxo Bank]] SAX UCI ProTour Flag of Australia.svg Jonathan Cantwell e Dinamarca Chris Anker Sørensen
Flag of Kazakhstan.svg Astana AST UCI ProTour Flag of Slovenia.svg Janez Brajkovič e Flag of Kazakhstan.svg Alexander Vinocurov
Bélxica Omega Pharma-QuickStep OQS UCI ProTour Flag of the United States.svg Levi Leipheimer
Flag of Australia.svg Orica-GreenEDGE OGE UCI ProTour Flag of Australia.svg Simon Gerrans
Flag of the Netherlands.svg Argos-Shimano VCD Prof.Continental Alemaña Marcel Kittel

Etapas[editar | editar a fonte]

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
Prólogo
30 de xuño
Bélxica Liexa History.gif
6,1 (CRI)
Suíza Fabian Cancellara Suíza Fabian Cancellara
1.ª
1 de xullo
Bélxica Liexa-Bélxica Seraing Etapa de media montaña
180
Eslovaquia Peter Sagan Suíza Fabian Cancellara
2.ª
2 de xullo
Bélxica Visé-Bélxica Tournai
188
Flag of the United Kingdom.svg Mark Cavendish Suíza Fabian Cancellara
3.ª
3 de xullo
Orchies-Boulogne-sur-Mer Etapa de media montaña
197
Eslovaquia Peter Sagan Suíza Fabian Cancellara
4.ª
4 de xullo
Abbeville-Ruán
214
Alemaña André Greipel Suíza Fabian Cancellara
5.ª
5 de xullo
Ruán-Saint-Quentin
197
Alemaña André Greipel Suíza Fabian Cancellara
6.ª
6 de xullo
Épernay-Metz
210
Eslovaquia Peter Sagan Suíza Fabian Cancellara
7.ª
7 de xullo
Tomblaine-La Planche des Belles Filles Etapa de montaña
199
Flag of the United Kingdom.svg Chris Froome Flag of the United Kingdom.svg Bradley Wiggins
8.ª
8 de xullo
Belfort-Suíza Porrentruy Etapa de montaña
154
Francia Thibaut Pinot Flag of the United Kingdom.svg Bradley Wiggins
9.ª
9 de xullo
Arc-et-Senans-Besançon History.gif
38 (CRI)
Flag of the United Kingdom.svg Bradley Wiggins Flag of the United Kingdom.svg Bradley Wiggins
10.ª
11 de xullo
Mâcon-Bellegarde-sur-Valserine Etapa de montaña
194
Francia Thomas Voeckler Flag of the United Kingdom.svg Bradley Wiggins
11.ª
12 de xullo
Albertville-La Toussuire-Les Sybelles Etapa de montaña
140
Francia Pierre Rolland Flag of the United Kingdom.svg Bradley Wiggins
12.ª
13 de xullo
Saint-Jean-de-Maurienne-Annonay Etapa de media montaña
220
Flag of the United Kingdom.svg David Millar Flag of the United Kingdom.svg Bradley Wiggins
13.ª
14 de xullo
Saint-Paul-Trois-Chateaux-Le Cap d´Agde
215
Alemaña André Greipel Flag of the United Kingdom.svg Bradley Wiggins
14.ª
15 de xullo
Limoux-Foix
192
España Luis León Sánchez Flag of the United Kingdom.svg Bradley Wiggins
15.ª
16 de xullo
Samatan-Pau
160
Francia Pierrick Fédrigo Flag of the United Kingdom.svg Bradley Wiggins
16.ª
18 de xullo
Pau-Bagnères-de-Luchon Etapa de montaña
197
Francia Thomas Voeckler Flag of the United Kingdom.svg Bradley Wiggins
17.ª
19 de xullo
Bagnères-de-Luchon-Peyragudes Etapa de montaña
144
España Alejandro Valverde Flag of the United Kingdom.svg Bradley Wiggins
18.ª
20 de xullo
Blagnac-Brive-la-Gaillarde
215
Flag of the United Kingdom.svg Mark Cavendish Flag of the United Kingdom.svg Bradley Wiggins
19.ª
21 de xullo
Bonneval-Chartres History.gif
52 (CRI)
Flag of the United Kingdom.svg Bradley Wiggins Flag of the United Kingdom.svg Bradley Wiggins
20.ª
22 de xullo
Rambouillet-París
130
Flag of the United Kingdom.svg Mark Cavendish Flag of the United Kingdom.svg Bradley Wiggins
Total 3.496 Flag of the United Kingdom.svg Bradley Wiggins

Clasificación xeral[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clásificación xeral tralo remate do Tour 2012:

Posición Ciclista Equipo Tempo
Jersey yellow.svg Flag of the United Kingdom.svg Bradley Wiggins Sky Procycling 87h 34' 47"
2 Flag of the United Kingdom.svg Chris Froome Sky Procycling + 3' 21"
3 Italia Vincenzo Nibali Liquigas-Cannondale + 6' 19"
4 Bélxica Jurgen Van den Broeck Lotto-Belisol + 10' 15"
5 Flag of the United States.svg Tejay van Garderen BMC Racing Team + 11' 04"
6 España Haimar Zubeldia RadioShack-Nissan + 15' 41"
7 Flag of Australia.svg Cadel Evans BMC Racing Team + 15' 49"
8 Francia Pierre Rolland Team Europcar + 16' 26"
9 Flag of Slovenia.svg Janez Brajkovic Pro Team Astana + 16' 33"
10 Francia Thibaut Pinot FDJ + 17' 17"

37 corredores non puideron rematar a carreira, a maioría deles por mor das caídas. Entre os malpocados mais salientables estiveron o canadiano Ryder Hesjedal, quen viña de vencer no Giro de Italia 2012; o asturiano Samuel Sánchez, candidato ó podio de París; e o triplo campión do mundo Óscar Freire, con 3 costelas rotas e un pulmón perforado. Por outra banda, o luxemburgués Frank Schleck retirouse da carreira despois de coñecerse que dera positivo nun dos controis antidopaxe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]