Tour de Francia 2004

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
2003 << Tour de Francia 2004 >> 2005
Tour de France 2004.png
Clasificacións Prólogo + 20 etapas, 3.397 km
Jersey yellow.svg - Xeral Vacante
Jersey polkadot.svg - Montaña Francia Richard Virenque
Jersey green.svg - Puntos Australia Robbie McEwen

O Tour de Francia 2004 foi a 91ª edición da carreira ciclista mais importante do mundo. O seu percorrido comezou o 3 de xullo na cidade belga de Liège e rematou o 25 de xullo en París.

Os equipos participantes foron 21, o número de ciclistas que comezaron a carreira foi de 189 (9 por equipo), dos cales remataron 147. Óscar Pereiro do equipo Phonak e Marcos Serrano do equipo Liberty Seguros foron os 2 únicos ciclistas galegos que participaron na proba.

A carreira presentaba como gran favorito ó ciclista norteamericano Lance Armstrong, do equipo US Postal, quen xa gañara as 5 edicións anteriores do Tour de Francia, mentres que como principais alternativas presentaba ó italiano Ivan Basso e ós alemáns Jan Ullrich e Andreas Kloden.

Thomas Voeckler vestiu o mailló amarelo durante 10 etapas, ata a chegada dos Alpes, nos que Lance Armstrong colleu o liderato da carreira definitivamente. O podio dos Campos Elisios estivo formado por Lance Armstrong, Andreas Kloden e Ivan Basso.

No ano 2012, Lance Armstrong foi sancionado pola UCI coa retirada de tódolos seus resultados deportivos obtidos a partir de 1998 como condena por formar parte dunha trama de dopaxe.[1] A mesma condena afectou ós seus compañeiros de equipo, entre eles o 9º clasificado, Levi Leipheimer. Deste xeito, o podio da edición 2004 do Tour de Francia quedou sen gañador.

Etapas[editar | editar a fonte]

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
Prólogo 3 de xullo Liège-Liège
6,1 (CRI)
Suíza Fabian Cancellara Suíza Fabian Cancellara
1.ª 4 de xullo Liège-Charleroi
202
Estonia Jaan Kirsipuu Suíza Fabian Cancellara
2.ª 5 de xullo Charleroi-Namur
197
Australia Robbie McEwen Flag of Norway.svg Thor Hushovd
3.ª 6 de xullo Waterloo-Wasquehal
210
Francia Jean-Patrick Nazon Australia Robbie McEwen
4.ª 7 de xullo Cambrai-Arras
64 (CRE)
Flag of the United States.svg US Postal Flag of the United States.svgLance Armstrong
5.ª 8 de xullo Amiens-Chartres
200
Australia Stuart O'Grady Francia Thomas Voeckler
6.ª 9 de xullo Bonneval-Angers
196
Bélxica Tom Boonen Francia Thomas Voeckler
7.ª 10 de xullo Châteaubriant-Saint-Brieuc
204
Italia Filippo Pozzato Francia Thomas Voeckler
8.ª 11 de xullo Lamballe-Quimper
168
Flag of Norway.svg Thor Hushovd Francia Thomas Voeckler
9.ª 13 de xullo St-Léonard-Guéret
160
Australia Robbie McEwen Francia Thomas Voeckler
10.ª 14 de xullo Limoges-Saint-Flour
237
Francia Richard Virenque Francia Thomas Voeckler
11.ª 15 de xullo Saint-Flour-Figeac
164
Francia David Moncoutié Francia Thomas Voeckler
12.ª 16 de xullo Castelsarrasin-La Mongie Etapa de montaña
197
Italia Ivan Basso Francia Thomas Voeckler
13.ª 17 de xullo Lannemezan-Plateau de Beille Etapa de montaña
205
Flag of the United States.svgLance Armstrong Sen gañador Francia Thomas Voeckler
14.ª 18 de xullo Carcassonne-Nîmes
192
España Aitor Gonzalez Francia Thomas Voeckler
15.ª 20 de xullo Valréas-Villard-de-Lans Etapa de montaña
180
Flag of the United States.svgLance Armstrong Sen gañador Flag of the United States.svgLance Armstrong
16.ª 21 de xullo Le Bourg-d'Oisans-Alpe d'Huez Etapa de montaña
15 (CRI)
Flag of the United States.svgLance Armstrong Sen gañador Flag of the United States.svgLance Armstrong
17.ª 22 de xullo Le Bourg-d'Oisans-Le Grand Bornand  Etapa de montaña
204
Flag of the United States.svgLance Armstrong Sen gañador Flag of the United States.svgLance Armstrong
18.ª 23 de xullo Annemasse-Lons-le-Saunier
166
España Juan Miguel Mercado Flag of the United States.svgLance Armstrong
19.ª 24 de xullo Besançon-Besançon
55 (CRI)
Flag of the United States.svgLance Armstrong Sen gañador Flag of the United States.svgLance Armstrong
20.ª 25 de xullo Montereau-París
163
Bélxica Tom Boonen Flag of the United States.svgLance Armstrong
  • CRI - Contrarreloxo individual; CRE - Contrarreloxo por equipos.

Clasificación xeral[editar | editar a fonte]

Así quedaron as primeiras posicións da clasificación xeral do Tour de Francia 2004 trala disputa da proba e tralas eliminacións de Lance Armstrong e Levi Leipheimer en 2012.

Lance Armstrong e Ivan Basso subindo ao Tourmalet na 12ª etapa.
Posición Ciclista Equipo Tempo
Jersey yellow.svg Vacante - -
Desc. Flag of the United States.svg Lance Armstrong US Postal 83h 36' 02"
2 Alemaña Andreas Kloden T-Mobile + 6' 19"
3 Italia Ivan Basso Team CSC + 6' 40"
4 Alemaña Jan Ullrich T-Mobile + 8' 50"
5 Flag of Portugal.svg José Azevedo US Postal + 14' 30"
6 España Francisco Mancebo Illes Balears + 18' 01"
7 Austria Georg Totschnig Gerolsteiner + 18' 27"
8 España Carlos Sastre Team CSC + 19' 51"
Desc. Flag of the United States.svg Levi Leipheimer Rabobank + 20' 12"
10 Galicia Óscar Pereiro Phonak + 22' 54"
54 Galicia Marcos Serrano Liberty Seguros + 1h 42' 53"
  • Desc. - Descalificados.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]