Tour de Francia 2009

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
2008 << Tour de Francia 2009 >> 2010
Clasificacións 21 etapas, 3.457 km
- Xeral España Alberto Contador
- Montaña Italia Franco Pellizotti
- Puntos Thor Hushovd

A 96.ª edición do Tour de Francia, disputada dende o 4 ó 26 de xullo de 2009, estivo composta por 21 etapas nas que se percorreron un total de 3.459 km, incluíndo 93 km de contra o reloxo. A saída da carreira tivo lugar en Mónaco, e a chegada foi como sempre en París.

A chamada Grande Boucle visitou nesta edición un total de seis países: Mónaco, Francia, España, Andorra, Suíza e Italia (por orde cronolóxico).[1]

As novidades no Tour do 2009 foron a subida ó Mont Ventoux na penúltima etapa (substituíndo á tradicional contra o reloxo por unha xornada de alta montaña), a prohibición de empregar sistemas electrónicos de comunicación entre os ciclistas e os coches dos directores (o cal provocou a protesta dos equipos), e a recuperación da contra o reloxo por equipos.

O gañador final do Tour de Francia foi Alberto Contador. Nas outras clasificacións secundarias impuxéronse Franco Pellizotti (montaña e combatividade), Andy Schleck (mozos), Thor Hushovd (puntos) e Astana (equipos). O corredor que acadou un maior número de vitorias de etapa foi Mark Cavendish con 6 vitorias, todas elas ó sprint.

Etapas[editar | editar a fonte]

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
4 de xullo MónacoMónaco Etapa de media montaña 15,5 (CRI) Suíza Fabian Cancellara Suíza Fabian Cancellara
5 de xullo MónacoBrignoles 187 Mark Cavendish Suíza Fabian Cancellara
6 de xullo MarsellaLa Grande-Motte 196,5 Mark Cavendish Suíza Fabian Cancellara
7 de xullo MontpellierMontpellier 39,5 (CRE) Astana Suíza Fabian Cancellara
8 de xullo Cap d'AgdePerpiñán 196,5 Francia Thomas Voeckler Suíza Fabian Cancellara
9 de xullo XironaBarcelona 181,5 Thor Hushovd Suíza Fabian Cancellara
10 de xullo BarcelonaOrdino-Arcalís Etapa de montaña 224 Francia Brice Feillu Italia Rinaldo Nocentini
11 de xullo Andorra la VellaSaint-Girons Etapa de montaña 176 España Luis León Sánchez Italia Rinaldo Nocentini
12 de xullo Saint-GaudensTarbes Etapa de media montaña 160,5 Francia Pierrick Fédrigo Italia Rinaldo Nocentini
10ª 14 de xullo LimogesIssoudun 194,5 Mark Cavendish Italia Rinaldo Nocentini
11ª 15 de xullo VatanSaint-Fargeau 192 Mark Cavendish Italia Rinaldo Nocentini
12ª 16 de xullo TonnerreVittel 211,5 Dinamarca Nicki Sørensen Italia Rinaldo Nocentini
13ª 17 de xullo Vittel-Colmar Etapa de media montaña 200 Alemaña Heinrich Haussler Italia Rinaldo Nocentini
14ª 18 de xullo ColmarBesanzón 199 Serguei Ivanov Italia Rinaldo Nocentini
15ª 19 de xullo PontarlierVerbier Etapa de montaña 207,5 España Alberto Contador España Alberto Contador
16ª 21 de xullo MartignyBourg-Saint-Maurice Etapa de montaña 159 Francia Sandy Casar España Alberto Contador
17ª 22 de xullo Bourg-Saint-MauriceLe Grand-Bornand Etapa de montaña 169 Luxemburgo Frank Schleck España Alberto Contador
18ª 23 de xullo AnnecyAnnecy 40,5 (CRI) España Alberto Contador España Alberto Contador
19ª 24 de xullo Bourgoin-JallieuAubenas 178 Mark Cavendish España Alberto Contador
20ª 25 de xullo MontélimarMont Ventoux Etapa de montaña 167 España Juan Manuel Gárate España Alberto Contador
21ª 26 de xullo Montereau-Fault-YonneParís 164 Mark Cavendish España Alberto Contador

Clasificación Xeral[editar | editar a fonte]

Alberto Contador, co maillot amarelo chegando a París na derradeira etapa do Tour 2009.

A clasificación xeral rematou do seguinte xeito:[2]

Posición Ciclista Equipo Tempo
España Alberto Contador Astana 85h 48' 30″
2 Luxemburgo Andy Schleck Team Saxo Bank + 4' 11"
3 Lance Armstrong Astana + 5' 24"
4 Bradley Wiggins Garmin-Slipstream + 6' 01"
5 Luxemburgo Frank Schleck Team Saxo Bank + 6' 04"
6 Alemaña Andreas Klöden Astana + 6' 42"
7 Italia Vincenzo Nibali Liquigas + 7' 35″
8 Christian Vande Velde Garmin-Slipstream + 12' 04″
9 Checoslovaquia Roman Kreuziger Liquigas + 14' 16″
10 Francia Christophe Le Mével Française des Jeux + 14' 25″

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]