Vicente López Carril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vicente López Carril
Información persoal
Nacemento Vicente López Carril
2 de decembro de 1942
A Coruña, provincia da Coruña
Falecemento 29 de marzo de 1980
Xixón, Asturias (37 anos)
Nacionalidade Galicia Galicia
Equipo
Último equipo Kas
Equipo(s) Pro
1970-77
1978-79
Kas
Teka
Principais vitorias

Vicente López Carril, nado na Coruña, provincia da Coruña o 2 de decembro de 1942 e finado en Xixón, Asturias o 29 de marzo de 1980, foi un ciclista profesional galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu dende os vinte e catro anos en Asturias. Tivo un irmán, Xesús López Carril, que tamén foi profesional.

Practicamente toda a súa carreira profesional como ciclista a desenvolveu no equipo vasco Kas, co que conseguiu os mellores éxitos. Nesa época foi gregario de José Manuel Fuente, 'Tarangu', nas grandes voltas por tiradas (Tour de Francia, Giro de Italia e Vuelta a España). Entre os seus títulos individuais destacan unha vitoria na Volta a Asturias, unha Volta aos Vales Mineiros e o campionato de España de ciclismo en estrada, en 1974, pero sobre todo o terceiro posto acadado no Tour de 1974, edición que gañaría Eddy Merckx. Foi o galego que máis veces quedou entre os dez primeiros do Tour, ao facelo en cinco ocasións, e o que máis tiradas gañou, con tres.

Retirouse no ano 1979 no equipo Teka, co que disputou as súas dúas últimas tempadas.

Faleceu mentres xogaba ao fútbol na praia de San Llorienzu, en Xixón, a causa dun derrame cerebral.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Vicente López Carril.
1971
1972
  • 4º posto final no Giro de Italia
1973
  • Volta aos Vales Mineiros
  • Vitoria de tirada no Tour de Francia (final en Nisa)
  • 9º no Tour de Francia
1974
  • Campión de España de ciclismo en estrada
  • 3º no Tour de Francia
  • Vitoria de tirada no Tour de Francia (final en Serre-Chevalier)
1975
1976
  • Vitoria de tirada na Vuelta a España
  • 10º no Tour de Francia
1977

Resultados nas Grandes Voltas[editar | editar a fonte]

Carreira 1967 1968 1969 1970 1971 1972 1973 1974 1975 1976 1977 1978 1979 1980
Giro de Italia 23º - - - 12º - - - 55º - - -
Tour de Francia - 23º - 34º 10º - 10º 23º - Ret -
Vuelta a España 14º 34º 26º 17º - 12º 17º - - 10º 12º - Ret

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]