Col du Tourmalet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Tourmalet

O Col du Tourmalet, Monte Tourmalet ou simplemente Tourmalet é un paso montañoso atopado no centro dos Pireneos franceses 42°55′ N 0°09′ E. Ten unha altitude de 2.114 metros sobre o nivel do mar.

O Tourmalet é un dos portos de montaña mais famosos na proba ciclista do Tour de Francia, tanto é así, que o Tourmalet é o porto de montaña que mais veces foi ascendido na historia da carreira. A primeira vez que se subiu en esta carreira foi no 1910, ano no que os Pireneos foron incluídos nesta carreira.

O porto de montaña permanece pechado durante a temporada invernal, tempo no que forma parte do dominio esquiable da estación de esquí de La Mongie, na parte este do Col du Tourmalet.

Características[editar | editar a fonte]

Altitude: 2115 metros.

Pendente: 17,2 km ao 7,2% despois de Sainte-Marie-de-Campan, e 19 km ao 7,7 % de media despois de Luz-Saint-Saveur.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]