Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Tour de Francia de 1903 foi a primeira edición da proba ciclista por etapas máis importante do mundo. A carreira foi organizada polo xornal francés L'Auto-Vélo e constou de 6 etapas que se disputaron entre o 1 de xullo e o 19 de xullo.
Participantes [editar]
A carreira contou con 60 participantes, todos profesionales ou semiprofesionais. 49 eran franceses, 4 belgas, 4 suízos, 2 alemáns e 1 italiano. 21 deles levaban publicidade de fabricantes de bicicletas, e os restantes 39 non levaban ningunha publicidade. Houbo outros 24 corredores que participaron ocasionalmente nalgunha das etapas sen disputar a clasificación xeral da carreira.
Os corredores que non eran quen de rematar unha etapa, tiñan a posibilidade de seguir disputando as demais etapas, pero xa non podían competir pola clasificación xeral. Así por exemplo, o suízo Charles Laeser non foi quen de completar a 3ª etapa, pero gañou a 4ª.
Clasificación xeral [editar]
A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clásificación xeral tralo remate do Tour 1903:
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]