Tour de Francia 2005

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
2004 << Tour de Francia 2005 >> 2006
Tour de France 2005.png
Clasificacións 21 etapas, 3.607 km
Jersey yellow.svg - Xeral Vacante
Jersey polkadot.svg - Montaña Dinamarca Michael Rasmussen
Jersey green.svg - Puntos Flag of Norway.svg Thor Hushovd

O Tour de Francia 2005 foi a 92ª edición da carreira ciclista mais importante do mundo. O seu percorrido comezou o 2 de xullo na localidade de Fromentine (departamento de Vendée) e rematou o 23 de xullo en París.

Os equipos participantes foron 21, o número de ciclistas que comezaron a carreira foi de 189 (9 por equipo), dos cales remataron 155. Óscar Pereiro do equipo Phonak e Marcos Serrano do equipo Liberty Seguros foron os 2 únicos ciclistas galegos que participaron na proba, cunha salientable actuación, xa que ámbolos dous foron quen de gañar unha etapa.[1][2]

A carreira presentaba como gran favorito ó ciclista norteamericano Lance Armstrong, do equipo Discovery Channel, quen xa gañara as 6 edicións anteriores do Tour de Francia, mentres que como principais alternativas presentaba ó italiano Ivan Basso, ós alemáns Jan Ullrich e Andreas Kloden, e ó casaco Alexander Vinocurov.

Lance Armstrong colleu o mailló amarelo na cuarta etapa, unha contrarreloxo por equipos de 67'5 quilómetros, e xa non o deixou ate a meta de París salvo por un día que o colleu o alemán Jens Voigt. O podio dos Campos Elisios estivo formado por Lance Armstrong, Ivan Basso e Jan Ullrich.

No ano 2012, como consecuencia das investigacións realizadas na Operación Puerto, a Jan Ullrich fóronlle retirados tódolos resultados deportivos obtidos a partir de maio do ano 2005, acusado de realizar prácticas prohibidas para mellorar a súa condición física, como transfusións de sangue.[3] Tamén no ano 2012, Lance Armstrong foi sancionado pola UCI coa retirada de tódolos seus resultados deportivos obtidos a partir de 1998 como condena por formar parte dunha trama de dopaxe.[4] A mesma condena afectou ós seus compañeiros de equipo David Zabriskie, George Hincapie e Levi Leipheimer. Deste xeito, o podio da edición 2005 do Tour de Francia quedou sen gañador, e o 3º posto pasou a estar ocupado polo español Francisco Mancebo, que rematara 4º na clasificación xeral.

Etapas[editar | editar a fonte]

Lance Armstrong levou o mailló amarelo en 16 das 21 etapas.
Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
2 de xullo Fromentine-Noirmoutier-en-l'Île 19 (CRI) Flag of the United States.svg David Zabriskie Flag of the United States.svg David Zabriskie
3 de xullo Challans-Les Essarts 182 Bélxica Tom Boonen Flag of the United States.svg David Zabriskie
4 de xullo La Châtaigneraie-Tours 208 Bélxica Tom Boonen Flag of the United States.svg David Zabriskie
5 de xullo Tours-Blois 67,5 (CRE) Flag of the United States.svg Discovery Channel Flag of the United States.svg Lance Armstrong
6 de xullo Chambord-Montargis 179 Australia Robbie McEwen Flag of the United States.svg Lance Armstrong
7 de xullo Troyes-Nancy 187 Italia Lorenzo Bernucci Flag of the United States.svg Lance Armstrong
8 de xullo Lunéville-Alemaña Karlsruhe 225 Australia Robbie McEwen Flag of the United States.svg Lance Armstrong
9 de xullo Alemaña Pforzheim-Gérardmer 235 Flag of the Netherlands.svg Pieter Weening Flag of the United States.svg Lance Armstrong
10 de xullo Gérardmer-Mulhouse 170 Dinamarca Michael Rasmussen Alemaña Jens Voigt
10ª 12 de xullo Grenoble-Courchevel 192 España Alejandro Valverde Flag of the United States.svg Lance Armstrong
11ª 13 de xullo Courchevel-Briançon 173 Flag of Kazakhstan.svg Alexander Vinokourov Flag of the United States.svg Lance Armstrong
12ª 14 de xullo Briançon-Digne-les-Bains 187 Francia David Moncoutié Flag of the United States.svg Lance Armstrong
13ª 15 de xullo Miramas-Montpellier 162 Australia Robbie McEwen Flag of the United States.svg Lance Armstrong
14ª 16 de xullo Agde-Ax-3 Domaines 220 Austria Georg Totschnig Flag of the United States.svg Lance Armstrong
15ª 17 de xullo Lézat-sur-Lèze-Saint-Lary-Soulan 205 Flag of the United States.svg George Hincapie Flag of the United States.svg Lance Armstrong
16ª 19 de xullo Mourenx-Pau 177 Galicia Óscar Pereiro Flag of the United States.svg Lance Armstrong
17ª 20 de xullo Pau-Revel 239 Italia Paolo Savoldelli Flag of the United States.svg Lance Armstrong
18ª 21 de xullo Albi-Mende 189 Galicia Marcos Serrano Flag of the United States.svg Lance Armstrong
19ª 22 de xullo Issoire-Le Puy-en-Velay 154 Italia Giuseppe Guerini Flag of the United States.svg Lance Armstrong
20ª 23 de xullo Saint-Étienne-Saint-Étienne 55 (CRI) Flag of the United States.svg Lance Armstrong Flag of the United States.svg Lance Armstrong
21ª 24 de xullo Corbeil-Essonnes-París 160 Flag of Kazakhstan.svg Alexander Vinokourov Flag of the United States.svg Lance Armstrong
  • CRI - Contrarreloxo individual. CRE - Contrarreloxo por equipos.

Clasificación xeral[editar | editar a fonte]

Así quedaron as primeiras posicións da clasificación xeral do Tour de Francia 2005 trala disputa da proba e tralas eliminacións de Lance Armstrong, Jan Ullrich e Levi Leipheimer.

Óscar Pereiro (dereita), gañador da 16ª etapa en Pau, rematou 9º na xeral.
Marcos Serrano (esquerda), gañador da 18ª etapa en Mende, rematou 39º.
Posición Ciclista Equipo Tempo
Jersey yellow.svg Vacante - -
Desc. Flag of the United States.svg Lance Armstrong Discobery Channel 86h 15' 02"
2 Italia Ivan Basso Team CSC + 4' 40"
Desc. Alemaña Jan Ullrich T-Mobile + 6' 21"
3 España Francisco Mancebo Illes Balears + 9' 59"
4 Flag of Kazakhstan.svg Alexander Vinocurov T-Mobile + 11' 01"
Desc. Flag of the United States.svg Levi Leipheimer Gerolsteiner + 11' 21"
6 Dinamarca Michael Rasmussen Rabobank + 11' 33"
7 Australia Cadel Evans Davitamon-Lotto + 11' 55"
8 Flag of the United States.svg Floyd Landis Phonak + 12' 44"
9 Galicia Óscar Pereiro Phonak + 16' 04"
10 Francia Christophe Moureau Crédit Agricole + 16' 26"
39 Galicia Marcos Serrano Liberty Seguros + 1h 21' 31"
  • Desc. - Descalificados da carreira sancionados por dopaxe.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]