Bagnères-de-Bigorre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torre dos Xacobinos

Bagnères-de-Bigorre (Banhèras en occitano) é unha comuna do departamento dos Altos Pireneos, Francia, localizada nas beiras do río Adour. É coñecida polas súas augas termais e pola súa proximidade á estación de deportes de inverno de La Mongie.

Nos seus 125,86 km² viven 8.016 habitantes. A altitude media do concello é de 500 m e a máxima chega a 2.872 m.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bagnères-de-Bigorre