Friedenstag

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Friedenstag
Día de paz
FormaÓpera
Actos e escenas1 acto
Idioma orixinal do libretoAlemán
LibretistaJoseph Gregor
Fontes literariasCalderón de la Barca (El sitio de Breda) e Stefan Zweig
Estrea24 de xullo de 1938
Teatro da estreaNationaltheater
Lugar da estreaMúnic
Música
CompositorRichard Strauss
Personaxes

Véxase Personaxes

Friedenstag (en galego Día de paz) é unha ópera nun acto con música de Richard Strauss, o seu Op. 81 e libreto en alemán de Joseph Gregor. Tivo a súa estrea no Nationaltheater de Múnic o 24 de xullo de 1938.

Historia[editar | editar a fonte]

Strauss confiara en traballar novamente con Stefan Zweig nun novo proxecto logo da súa colaboración en Die schweigsame Frau, mais as autoridades nazis acosaran ao compositor pola súa colaboración Zweig, quen era de ascendencia xudía. Mentres que a idea para a historia procedía de Zweig, el suxeriu daquela a Gregor como colaborador "seguro" para que escribise o libreto.[1] A influencia de Zweig na obra a pesar de todo persistiu na súa "forma e substancia dramática".[2]

A ópera estreouse no Nationaltheater de Múnic o 24 de xullo de 1938[3] e foi adicada a Viorica Ursuleac e ao seu home Clemens Krauss, o personaxe principal e o director respectivamente. Strauss pretendía que Friedenstag fose parte dun programa dobre para que Karl Böhm a dirixise en Dresden, incluída como segunda parte a súa seguinte colaboración con Gregor, Dapnne.[4]

En Alemaña, Friedenstag reviviu en Múnic en 1960 e en Dresden en 1995. Pamela Potter realizou un estudo analítico do subtexto pacifista e antibelicista da ópera.[5] A ópera estreouse nos Estados Unidos baixo a dirección de Walter Ducloux na Universidade do Sur de California en 1967. A primeira produción profesional nos Estados Unidos foi na Santa Fe Opera o 28 de xullo de 1988 cun elenco que incluíu a presenza de Richard Lewis, Alessandra Marc, e Mark Lundberg.

A ópera tematicamente expresa sentimentos antibélicos, que John William describiu como "un determinado contrapeso ás políticas militaristas da Alemaña nazi".[6] Isto fixo que se gardase a obra tralo inicio da segunda guerra mundial.

Esta ópera rara vez represéntase na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con tan só dúas representacións no período 2005-2010.[7]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Elenco na estrena, 24 de xullo de 1938
Director: Clemens Krauss
Comandante da cidade asediada. barítono Hans Hotter
Maria, súa dona. soprano Viorica Ursuleac
Un sarxento. baixo Georg Hann
Un cabo. tenor Julius Patzak
Un soldado raso. tenor Georg Wieter
Un mosqueteiro. baixo Karl Schmidt
Un corneta. baixo Willi Merkert
Un oficial. barítono Emil Graf
Un oficial na liña do fronte. barítono Josef Knapp
Un piamontés. tenor Peter Anders
O Holsteiner, comandante do exército asediador. baixo Ludwig Weber
O burgomestre. tenor Karl Ostertag
O bispo. barítono Theo Reuter
Unha muller da vila. soprano Else Schürhoff
Soldados da gornición e do exército asediador, anciáns da cidade e mulleres da delegación para o comandante, cidadáns.

Argumento[editar | editar a fonte]

Data: 24 de outubro de 1648, o derradeiro día da guerra dos Trinta Anos.
Lugar: A cidadela dunha cidade católica sitiada en Alemaña polas tropas protestantes de Holstein.

O sarxento da garda recibe a nova en privado de que o inimigo prendeulle lume a unha granxa. Un rapaz mensaxeiro italiano de Piedmont chega coa carta do Emperador para o comandante da cidade, e canta á súa patria. O oficial de munición, un mosqueteiro e outros soldados mófanse comentando a xuventude dun que non coñeceu a guerra, do mesmo xeito que eles nunca coñeceron a paz. Entón os soldados escoitan sons afastados, pensando ao principio que se trata do inimigo, mais logo se decatan de que é a xente da cidade que se aproxima á fortaleza, o comandante aparece para dirixir a multitude. O alcalde e un prelado rogan render a cidade, alegando que tanto o seu bando como o inimigo están sufrindo innecesariamente. O comandante, porén, só quere unha vitoria total. Un oficial da fronte aparece e informa o comandante de que a cidade caerá a menos que se empregue a munición da fortaleza. O comandante négase a empregar a munición durante o combate.

O comandante le a carta do Emperador á xente da cidade. O Emperador declarou que a cidade debe resistir e non renderse. A xente protesta enerxicamente e os 30 anos de guerra continúan. O comandante vese sacudido pola reacción e ordena a multitude que se disperse e agarde un novo sinal seu. Logo el ordena aos seus soldados que recollan a pólvora que hai na fortaleza e lle dean un fusil. O comandante lembra como o sarxento lle salvou a vida na batalla de Magdeburgo, e agora lle ofrece a posibilidade de saír da fortaleza, aínda que o sarxento non acepta. Após dar as grazas ao mensaxeiro italiano, o comandante ordénalle ás súas tropas que se poñan a traballar.

Maria, a muller do comandante, entra na cidadela, e escoita os comentarios da multitude sobre o seu home. Entra o seu home, dicindo que ela desobedeceu a súa orde de non entrar na cidadela. As súas voces contrastan no seu dúo, ela triste pola guerra, el exultante nela e dicindo como vai voar a fortaleza cos seus ocupantes dentro. Aínda así, o comandante ofrécelle a posibilidade de fuxir, pola súa seguridade. Maria comprométese a seguir ao carón do seu home.

Soa o ruído dun canón, un sinal aparente do ataque do inimigo. O sarxento entrégalle ao comandante o fusil, mais el non o empregará, preferindo combater. O seguinte son, no entanto, é de campás afastadas, e outros sons das campás da cidade súmanselles. O sarxento logo informa de que as tropas de Holstein se aproximan, pero non para atacaren, senón adornadas con serpentinas, flores e bandeiras brancas. O comandante pensa que é unha artimaña. O alcalde e o prelado, con todo, están encantados de ver esta procesión, confundíndoa co sinal que lles prometera o comandante.

O comandante Holstein entra entón para buscar o comandante, e cóntalle a nova de que a Guerra dos Trinta Anos rematou ese mesmo día coa sinatura dun armisticio. O comandante é duro no seu recoñecemento ao comandante Holstein, e insúltao ata o punto de que emprega a súa espada. O comandante Holstein acada a súa propia espada, mais non a usa. Maria entón lánzase entre os dous comandantes pedindo paz entre eles. De repente, os dous abrázanse. A ópera conclúe cun coro de reconcliación.

Orquestración[editar | editar a fonte]

A partitura de Strauss require da utilización de:

En escena:

Gravacións[editar | editar a fonte]

Ano Elenco
(Kommandant,
Maria,
Wachtmeister,
Konstabel)
Director,
Teatro de ópera e orquestra
Selo[8]
1939 Hans Hotter,
Viorica Ursuleac,
Herbert Alsen,
Hermann Wiedemann
Clemens Krauss,
Orquestra e coro da Wiener Staatsoper
(Gravado nunha representación na Wiener Staatsoper, 10 de xuño)
CD de son: Koch-Schwann
Cat: 3-1465-2
1988 Bernd Weikl,
Sabine Hass,
Jaako Ryhänen,
Jan-Hendrik Rootering
Wolfgang Sawallisch,
Symphonieorchester des Bayerischen Rundfunks, coro da Bayerische Staatsoper e Coro da Radio de Baviera
CD de son: EMI
Cat: CDC 5 56850-2
1989 Roger Roloff,
Alessandra Marc,
William Wilderman,
Max Wittges
Robert Bass,
Collegiate Chorale e Orchestra; New York City Gay Men's Chorus
(Gravado nunha versión de concerto no Carnegie Hall,19 de novembro)
CD de son: Koch International Classics
Cat: 37111-2
1999 Albert Dohmen,
Deborah Voigt,
Alfred Reiter,
Tom Martinsen
Giuseppe Sinopoli,
Orquestra e coro da Dresden Staatskapelle
CD de son: DG
Cat: 463 494-2[9]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • «Giorno della pace, Il (Friedenstag)». En: Harold Rosenthal e John Warrack (eds), Dizionario dell'opera lirica, Firenze: Vallecchi, 1974, Vol. I, p. 310
  • Friedenstag (Giorno di pace). En: Piero Gelli e Filippo Poletti (a cura di), Dizionario dell'opera 2008, Milano: DBaldini & Castoldi, 2007. pp. 530–532, 88-8089-177-4, ISBN 978-88-8089-177-2
  • Pamela M. Potter, «Strauss's Friedenstag: A Pacifist Attempt at Political Resistance», The Musical Quarterly, LXIX(3), 408-424, 1983 (pdf)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]