Guntram

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guntram
Forma Ópera
Actos e escenas 3 actos
Idioma orixinal do libreto Alemán
Libretista Richard Strauss
Estrea 10 de maio de 1894
Teatro da estrea Teatro Grossherzogliches
Lugar da estrea Weimar
Duración 2 horas
Música
Compositor Richard Strauss
Personaxes

Der alte Herzog (baixo)
Freihild (soprano)
Herzog Robert (barítono)
Guntram (tenor)
Friedhold (baixo)
Des Herzogs Narr (tenor)

Guntram (Op. 25) é unha ópera en tres actos con música de Richard Strauss e libreto en alemán do propio compositor. A súa estrea tivo lugar no Teatro Grossherzogliches de Weimar o 10 de maio de 1894 baixo a dirección do propio compositor. Foi a primeira ópera de Strauss e muestra unha forte influencia wagneriana. A música de Guntram é citada no poema tonal de Strauss Ein Heldenleben. O compositor revisou a partitura en 1940.

Historia[editar | editar a fonte]

A ópera non tivo moito éxito, e foi representada só unhas poucas veces en vida de Strauss. A primeira representación tivo lugar no Teatro Grossherzogliches de Weimar o 10 de maio de 1894. O papel de soprano de Freihild foi cantado por Pauline de Ahna, a futura esposa de Strauss. Interpretacións posteriores de Strauss incluíron a Múnic o 16 de novembro de 1895 e Praga o 9 de outubro de 1901. Unha interpretación en Frankfurt tivo lugar o 9 de marzo de 1910 baixo a batuta de Ludwig Rottenberg.

A versión revisada representouse por primeira vez en Weimar o 29 de outubro de 1940, dirixida por Paul Sixt, e máis tarde en 1942 en Berlín dirixida por Robert Heger.

En Hamburg, o 4 de febreiro de 1895, Gustav Mahler incluíu o Preludio ao Acto 1 no seu sexto concerto filharmónico. Incluíu os Preludios aos actos I e II nun concerto en Viena o 19 de febreiro de 1899, e en Nova York o 30 de marzo de 1910 coa New York Philharmonic Orchestra.

Esta ópera case non se representa na actualidade, non aparecendo nungunha representación da mesma nas estatísticas de Operabase durante o período 2005-2010.[1]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Reparto na estrea, 10 de maio de 1894
Director: Richard Strauss
Der alte Herzog, o vello duque baixo Karl Bucha
Freihild, súa filla soprano Pauline de Ahna, entonces prometida de Strauss
Herzog Robert, seu home barítono Franz Schwarz
Guntram, cantante tenor Heinrich Zeller
Friedhold, cantante baixo Ferdinand Wiedey
Des Herzogs Narr, o bufón do duque tenor Hans Gießen
Eine alte Frau, unha anciá contralto Louise Tibelti
Ein alter Mann, un ancián tenor Hr. Lutz
Dous xoves baixos Hr. Barth
Hermann Buche
Tres vasalos baixos Hr. Fischer, Hr. Schustherr, Hr. Henning
Un mensajero barítono Hermann Buche
Catro minnesingers 2 tenores e 2 baixos Hr. v. Szpinger, Hr. Knöfler, Hr. Glitsch, Hr. Weyrauch
Vasalos, minnesingers, monxes, servintes e vagabundos

Argumento[editar | editar a fonte]

Ambientada na Alemaña medieval, a historia triangular de estilo wagneriano de amor e redención trata sobre o trobador Guntram, o malvado duque Robert e a súa santa esposa Freihild. (A historia non ten relación co rei merovinxio Gontrán I)

Freihild, a infeliz esposa do despótico duque Robert, é disuadida do suicidio polo cantor e poeta Guntram, que canta á paz e seguídamente urxe á revolta contra o Duque, a quen mata. Gruntram é apresado e reflexiona sobre a súa acción, contra os principios da irmandade cristiá á que pertence e influído polo seu amor por Freihild, polo que decide renunciar á irmandade e a Freihild para procurar o perdón de Deus.

Gravacións[editar | editar a fonte]

Ano Reparto
(Guntram
Freihild
El viejo duque
Duque Robert
Friedhold
Director,
Teatro de ópera e orquestra
Selo[2]
1981 William Lewis,
Carole Farley,
Patrick Wheatley,
Terence Sharpe,
John Tomlinson
John Pritchard
BBC Symphony Orchestra e BBC Singers
Audio CD: Gala
Cat: GL 100787
2005 Gian Luca Zampieri,
Elena Comotti,
Andrea Martin,
Raphael Sigling,
Thomas Gazheli
Gustav Kuhn
Festival de Tirol, Erl Orquestra e coro masculino
(Grabación en vivo)
DVD: Col Legno
80004

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]