Feuersnot
| Feuersnot Ansia de lume |
|
|---|---|
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 1 acto |
| Alemán | |
| Libretista | Ernst von Wolzogen |
| Fontes literarias | Artigo de J. Ketel "Das erloschene Feuer zu Audenaerde" (1843) |
| Estrea | 21 de novembro de 1901 |
| Teatro da estrea | Hofoper |
| Lugar da estrea | Dresden |
| Música | |
| Compositor | Richard Strauss |
| Personaxes | |
|
Schweiker von Gundelfingen (tenor) |
|
Feuersnot (en galego, Ansia de lume) Op. 50, é un Singgedicht (poema cantado) ou ópera nun acto con música de Richard Strauss e libreto en alemán de Ernst von Wolzogen, baseado no artigo de J. Ketel "Das erloschene Feuer zu Audenaerde" na Oudenaarde Gazette, Leipzig, 1843. Foi estreada na Hofoper de Dresden o 21 de novembro de 1901. Foi a segunda ópera composta por Strauss
Temáticamente, a ópera tense interpretado como unha parodia da idea de Richard Wagner de "redención a través do amor", coa personaxe de Kunrad representando ao propio Strauss.[1]
Índice |
Historia [editar]
A ópera foi estreada na Hofoper de Dresden o 21 de novembro de 1901. Gustav Mahler dirixiu a estrea en Viena, que tivo lugar o 29 de xaneiro de 1902 na Hofoper, en presencia do compositor, mais non foi un éxito comercial, a pesar da coidadosa preparación musical de Mahler. En tempos da estrea, os subtextos eróticos e sexuais e a psicoloxía eran perturbadoras para o público, así como o que se percibía como natureza "avanzada" da propia música aos músicos de ideas máis conservadoras.[2]
Dende a época de Strauss a ópera case non se puxo en escena ou se interpretou, na actualidade case non se representa e non aparece entre as óperas representadas no período 2005-10 nas estatísticas de Operabase.[3]
Personaxes [editar]
| Personaxe | Tesitura | Reparto na estrea, 21 de novembro de 1901 (Director: Ernst von Schuch) |
|---|---|---|
| Schweiker von Gundelfingen, o alguacil | tenor baixo | Franz Petter |
| Ortolf Sentlinger, o alcalde | baixo | Franz Nebuschka |
| Diemut, súa filla | soprano alta | Annie Krull |
| Elsbeth, súa amiga | mezzosoprano | Frl. Lautenbacher |
| Wigelis, súa amiga | contralto grave | Irene von Chavanne |
| Margret, súa amiga | soprano alta | Minnie Nast |
| Kunrad, el alquimista | barítono alto | Karl Scheidemantel |
| Jörg Pöschel, o Leitgeb | baixo profundo | Ernst Wachter |
| Hämmerlein, o merceiro | barítono | Josef Höpfl |
| Kofel, o ferreiro | baixo | Friedrich Plaschke |
| Kunz Gilgenstock, o panadeiro e cervexeiro | baixo | Hans Geißler |
| Ortlieb Tulbeck, o toneleiro | tenor alto | Anton Erl |
| Ursula, súa dona | contralto | Franziska Schäfer |
| Ruger Asbeck, o alfareiro | tenor | Theodor Kruis |
| Walpurg, súa dona | soprano alta | Gisela Staudigl |
| Cidadáns, mulleres, nenos, criados | ||
Argumento [editar]
- Place: Medieval Munich
- Time: Midsummer Night
A ópera ten lugar durante unha noite de verán no München medieval. Durante o Midsummer festival, os amantes xuran fidelidade ao saltar as lapas dunha cachela (coñecida tradicionalmente en Alemaña como Johannisfeuer). Un bruxo, Kunrad, aparece na cidade, e a súa presenca perturba á xente. Kunrad síntese atraído por Diemut, a filla do alcalde e a bica en público. Ela o rexeita coa promesa de levalo á súa habitación nun cesto, mais logo o deixa pendurando a media altura. En represalia, el apaga tódalas cachelas da festa e denuncia á xente como os filisteos. O único xeito de restaurar os lumes é a traves do "corpo dunha virxe na calor", o que sorprende á poboación. A xente persuade a Diemut para que ceda ante Kunrad, ela o fai e logo ten a súa primeira experiencia sexual (representada na orquestra), cunha luz brilando na súa habitación, o lume volve.
Gravacións [editar]
| Ano | Reparto (Diemut, Kunrad) |
Director, Teatro de ópera e orquestra |
Selo[4] |
|---|---|---|---|
| 1958 | Maud Cunitz, Marcel Cordes |
Rudolf Kempe Bavarian State Opera Orquestra e Coro (Gravación en directo) |
Orfeo D'Or Cat: 423962 [5] |
| 1984 | Bernd Weikl, Julia Varady |
Heinz Fricke Orquestra da Radio de München co Coro de Nenos de Tölzer e o Coro da Radio de Baviera |
Audio CD: Arts Music Cat: |
Notas [editar]
- ↑ Morten Kristiansen, "Richard Strauss, Die Moderne, and the Concept of Stilkunst." The Musical Quarterly, 86, 689-749 (2002).
- ↑ Julie Dorn Morrison, "Mahler, Strauss, and Feuersnot: Emblems of Modernity at the Vienna Court Opera". The Opera Quarterly, 15, 377-389 (1999).
- ↑ Estatísticas de Operabase
- ↑ Gravacións de Feuerenot en operadis-opera-discography.org.uk
- ↑ George Jellinek,9 "Feuersnot (1901)" The Opera Quarterly, 15, 464-465, 1999 (Revisión da gravación)
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Holden, Amanda (Ed.), The New Penguin Opera Guide, Nueva York: Penguin Putnam, 2001. ISBN 0-140-29312-4
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||