Baixo Vinalopó
| Baixo Vinalopó | |
|---|---|
| Río Vinalopó ao seu paso por Elx | |
| Situación | |
| Xeografía | |
| Provincia: | Alacant |
| Capital da comarca: | Elx |
| Cidade máis poboada: | Elx |
| Poboación: | 287.761 hab. (2008) |
| Área: | 488,90 km² |
| Densidade: | 572,3 hab./km² |
| Número de concellos: | 3 |
| Lingua propia: | Valenciano |
| Sitio web | |
| Baix Vinalopó | |
O Baixo Vinalopó (Baix Vinalopó en valenciano, Bajo Vinalopó en castelán) é unha comarca da Comunidade Valenciana, situada na costa sur da provincia de Alacant. A súa capital tradicional e a súa localidade máis importante é a cidade de Elx.
Índice |
Xeografía [editar]
O Baix Vinalopó comprende as terras, como o seu nome indica, do curso baixo do río Vinalopó. A maior parte da comarca está formada por unha gran chaira, que só se ve accidentada pola Sierra de Crevillent e polo Cabo de Santa Pola. A pesar de ser unha ampla comarca, o seu territorio está só dividido en tres concellos:
| Municipio | Poboación | Extensión | Densidade |
|---|---|---|---|
| Crevillent | 28.432 | 103,30 | 275,24 |
| Elx | 228.348 | 327,07 | 700,30 |
| Santa Pola | 30.981 | 58,60 | 528,69 |
| Totais: | 287.761 | 488,90 | 588,59 |
O interior está formado por unha gran chaira formada polo val do Vinalopó, que está rodeada polas serras ao norte e noroeste. Ao leste, a liña de costa é baixa e arenosa, con praias de areas finas, e formacións de dunas. Hai excepcións, como é o caso do Cabo de Santa Pola, onde hai un abrupto promontorio onde se sitúa un faro. A franxa costeira ten uns 30 km de lonxitude, comprendidos entre Aigua Amarga e a desembocadura do Segura. Nesta comarca tamén se atopan unhas marismas, declaradas Parques Naturais, como as Salines de Santa Pola, ou El Fondo de Elx - Crevillent, así coma o Clot de Galvany.
A temperatura media anual é 17 ºC e a precipitación media anual é 330 mm.
Historia [editar]
A comarca do Baix Vinalopó é creación moderna, no ano 1989, e antes formaba parte da histórica Horta d'Alacant, xunto con Guardamar del Segura (Baix Segura). Esta comarca antiga aparece no mapa de comarcas de Emili Beüt i Belenguer: Comarques naturals del Regne de València, publicado no ano 1934.
O Baix Vinalopó é unha comarca dinámica, a cal se adica a diferentes ámbitos económicos. No sector primario, a agricultura sempre tivo unha grande importancia, xa que o campo de Elx - Crevillent foi amplamente traballado en hortas e cultivos. Polo seu lado, Santa Pola segue sendo a día de hoxe un dos máis importantes portos peninsulares. A industria é tamén moi importante, en Crevillent desenvolveuse moito a industria da alfombra, chegando a outorgárselle unha denominación de orixe. Elx pola súa banda, comparte con outras cidades do Vinalopó importantes industrias do calzado.
O turismo vén ocupando un amplo sector económico desde hai décadas. O desenvolvemento desta actividade principalmente a Santa Pola foi atraendo numerosos visitantes e residentes á zona. Así como foron experimentando crecemento os núcleos costeiros ilicitanos de Arenals del Sol e La Marina. Elx como tal, debido ao seu carácter comercial e cultural (Dama de Elx, Palmeiral, Misterio, etc.) converteuse tamén nun crecente destino turístico á parte da costa.
O aeroport del Altet, no termo municipal de Elx, atópase ademais nesta comarca, sendo o quinto aeroporto español en volume de pasaxeiros por ano.
Lingua [editar]
A comarca atópase dentro da zona de predominio lingüístico oficial valenciano. Aínda que por mor da inmigración e da presión dos medios de comunicación tamén se fala castelán.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Datos e cifras da comarca do Baix Vinalopó. Unidade de Documentación da Deputación de Alacant
- Concello de Elx
- Concello de Crevillent
- Concello de Santa Pola
|
|||||||