Marina Baixa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marina Baixa
Puig Campana
O Puig Campana dende a AP-7
Situación
Mapa da Marina Baixa Localización da Marina Baixa respecto ao País Valenciano
Xeografía
Provincia: Alacant
Capital da comarca: La Vila Joiosa
Cidade máis poboada: Benidorm
Poboación: 187.711 hab. (2007)
Área: 578,80 km²
Densidade: 274,67 hab./km²
Número de concellos: 18
Lingua propia: Valenciano
Sitio web
Marina Baixa

A Marina Baixa é unha comarca costeira valenciano-parlante do sur da Comunidade Valenciana. A súa capital tradicional é La Vila Joiosa pero o maior núcleo urbano e a súa capital económica é Benidorm.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A Marina Baixa é unha comarca costeira, pero á vez moi montañosa. Pódese dividir en dúas claras zonas, a liña costeira e os vales interiores. Ten grandes serras e montañas coma o Puig Campana, a Serra d'Aitana, a Serra Bèrnia ou a Serra da Xortà e ríos autóctonos coma o Amadòrio, o Algar ou o Guadalest.

Limita ao norte co Comtat e a Marina Alta, a leste e ao sur co Mar Mediterránea, ao sueste co Alacantí e ao oeste co Alcoià.

Economía[editar | editar a fonte]

Aínda que se poden destacar algunhas industrias tradicionais da zona, como son a industria do chocolate na La Vila Joiosa ou o cultivo da néspera en Callosa d'en Sarrià, a actividade máis propia desta comarca é o turismo. Tódolos municipios costeiros notaron un gran medre de poboación debido ao gran fluxo de turistas, así como os municipios do interior viron freada a perda de poboación debido á chegada de novos residentes procedentes do norte de Europa. Dentro desta comarca sitúase o encravamento turístico máis importante de toda a península, a vila de Benidorm.

Tamén se poden atopar numerosos parques temáticos e de lecer, coma Terra Mítica, Terra Natura ou Aqualandia.

Demografía[editar | editar a fonte]

Os concellos pertencentes á comarca da Marina Baixa son os seguintes:

Municipio Poboación Extensión Densidade
L'Alfàs del Pi 19.913 19,26 1.033,9
Altea 22.648 35,3 641,58
Beniardà 220 15,74 13,97
Benidorm 69.058 38,51 1.793,24
Benifato 188 11,9 15,79
Benimantell 466 37'90 12'29
Bolulla 399 13,6 29,33
Callosa d'en Sarrià 8.008 34,66 231,04
El Castell de Guadalest 215 16
Confrides 303 40 7,57
Finestrat 4.945 42,25 117,04
La Nucia 15.519 21,36 726,54
Orxeta 758 24,06 31,50
Polop 3.869 22,58 171,34
Relleu 1.090 76,87 14,17
Sella 639 38,72 16,5
Tàrbena 758 31,67 23,93
La Vila Joiosa 30.550 59,25 515,61
Totais: 187.711 578,8 310,2