Errenteria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Errenteria

Errenteria, tamén chamada Orereta, é un municipio situado no cuadrante nororiental de Guipúscoa, País Vasco, España a 7 km de Donostia, a 476 de Madrid e a 10 da fronteira con Francia. O termo municipal ten unha superficie de 31 km², limita ao norte con Lezo, ao oeste con Hernani, Astigarraga e o barrio donostiarra de Alza, ao sur e sueste coas localidades navarras de Arano e Goizueta respectivamente, ao leste con Oiartzun e ao nor-noroeste coa baía de Pasaia. Pertence á comarca de Donostialdea.

A súa poboación rolda os 40.000 habitantes e é a terceira localidade máis poboada de Guipúscoa, tras Donostia e Irún.