Provincia de Álava - Araba
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Capital | Vitoria-Gasteiz |
| Área | 2.963 km² |
| Poboación | 317.352 hab. (2010) |
| Densidade | 107,1 hab./km² |
| Concellos | 51 |
| Xentilicio | Alavés, -a |
Álava (Araba en éuscaro, Álava en castelán, oficialmente Álava/Araba) é unha das tres provincias que conforman a Comunidade Autónoma Vasca (Euskadi en éuscaro), ademais de ser unha das sete provincias do histórico País Vasco (Euskal Herria). A súa capital é Vitoria-Gasteiz, que é tamén capital da comunidade autónoma.
A provincia ocupa unha área de 2.963 km², nos que vivían en 2007 un total de 305.459 habitantes, o que lle confería unha densidade populacional de 103,09 hab/km².
Entre as poboacións máis importantes de Álava, á parte da capital, compre destacar Amurrio, Laudio, Agurain e Ayala.
Índice |
[editar] Xeografía
[editar] Límites
A provincia de Álava é a única do País Vasco que carece de costa. Ao norte limita con Biscaia e Guipúscoa, ao oeste e suroeste con Burgos e tamén con o enclave de Orduña (administrativamente de Biscaia), ao sur con A Rioxa, e ao leste con Navarra. No seu interior limita tamén con a provincia de Burgos, xa que esta posúe nela un enclave, o Condado de Treviño.
[editar] Relevo
O norte de Álava é unha franxa montañosa con varias serras que se elevan por encima dos 1.000 m de altura, que marcan en boa medida os límites con Biscaia. Están poboadas de bosques, de tipo atlántico. Destacan as serras de Urkilla (con o Aizkorri, 1544 m), Artabán, Gorbea (1.475 no pico homónimo). Estas serras prolónganse parcialmente cara occidente, nos límites con a provincia de Burgos: (serra Salvada, serra Garobe). O centro do territorio, chairo, constitúe unha prolongación da Meseta Central, cunha altitude media duns 600 m. No sur sitúase a Rioxa alavesa, na conca do río Ebro, que se abre paso entre os primeiros cordais do Sistema Ibérico (serra de Toloño, serra de Codés), nas lindes coas comunidades da Rioxa e Navarra.
[editar] Hidrografía
A maior parte do territorio alavés está incluído na conca do río Ebro, que polo sur serve, en parte, de límita con a provincia de Burgos, durante uns 100 km. Os ríos Omecillo, Bayas, Zadorra e Ayuda, son os seus principais afluentes, e únense a el pola dereita.
O noroeste da provincia, está drenado polo río Nervión e afluentes, que pertencen á vertente cantábrica.
[editar] Clima
Boa parte da provincia recibe a influencia do clima oceánico (800 mm de precipitacións, 12° C de temperatura media), o que permite que plantas como a faia penetren até o sur. No val do Ebro, porén séntese a infliencia mediterránea.
[editar] División administrativa
- Artigo principal: Cuadrillas de Álava.
Álava está dividida administrativamente en sete cuadrillas (vasco kuadrilak, pl. de kuadrila) :
- Aiara-Ayala.
- Cuadrilla de Añana.
- Cuadrilla de Campezo-Montaña Alavesa.
- Cuadrilla de Laguardia-Rioxa Alavesa.
- Cuadrilla de Salvatierra.
- Cuadrilla de Vitoria-Gasteiz (coincide co concello de Vitoria).
- Cuadrilla de Zuia.
|
|||||||
|
|||||||||