Portal:País Vasco/Cidade destacada/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todas as cidades destacadas no portal do País Vasco:

1[editar a fonte]

Donostia (en éuscaroDonostia; en castelánSan Sebastián; as dúas denominacións cooficiais) é unha cidade e concello do norte do País Vasco, na costa do golfo de Biscaia e na proximidade da fronteira con Francia. É a capital da provincia de Guipúscoa desde 1854. A súa poboación é de 186.122 habitantes (2011), e a súa área metropolitana alcanza os 436.500 (2010).

As súas principais actividades económicas son o comercio e o turismo, constituíndo no pasado un dos máis famosos destinos turísticos de España. A súa paisaxe, dominada pola baía da Concha, así como o seu desenvolvemento arquitectónico moderno iniciado na segunda metade do século XIX, que configurou unha cidade de corte francés e aburguesado, propiciaron o desenvolvemento da actividade turística a escala europea. Todo iso, unido a eventos internacionais como o Festival Internacional de Cine de Donostia, deu proxección exterior á cidade, malia as súas pequenas dimensións.

Donostia foi a Capital Europea da Cultura en 2016 xunto con Wrocław.


2[editar a fonte]

Bilbao (en éuscaroBilbo, en castelán e oficialmente: Bilbao) é unha cidade do norte de España, capital da provincia e territorio histórico de Biscaia, no País Vasco.

Situada na comarca do Gran Bilbao e atravesada polo río Nervión que a esas alturas do seu percorrido xa toma forma de ría, ten unha poboación de 354.145 habitantes e unha extensión de 41,26 km² cunha densidade poboacional de 8.583 hab./km². É o centro dunha área de influencia que se coñece como Gran Bilbao e que chega a albergar a preto de 1 000 000 de habitantes.

Desde a súa fundación, a comezos do século XIV, foi un enclave comercial que gozou de particular importancia na cornixa cantábrica grazas á súa actividade portuaria que se baseaba principalmente na exportación da procedente de Castela e en menor medida do ferro extraído das canteiras biscaíñas. Ao longo do século XIX e principios do XX experimentou unha forte industrialización que a converteu no epicentro da segunda rexión industrializada de España, por detrás de Barcelona. Esta estivo acompañada dunha extraordinaria explosión demográfica e urbanística que orixinou a anexión de varios municipios lindeiros. Na actualidade é unha puxante cidade de servizos, que se atopa nun proceso de revitalización estética, social e económica liderado polo simbólico Museo Guggenheim Bilbao.


3[editar a fonte]

Vitoria ou Gasteiz (en castelán: Vitoria; en éuscaro: Gasteiz; oficialmente Vitoria-Gasteiz) é unha cidade e concello do norte de España, capital da provincia e territorio histórico de Áraba, en Euskadi. É ademais a sede do Parlamento e Goberno autonómicos.

Enclavada nun cruzamento de camiños, foi un importante punto estratéxico tanto no plano militar como no comercial e cultural ó longo da historia. Xa desde tempos romanos, nos que a calzada que unía Astorga e Bordeos pasaba por Áraba, estas terras foron un eixo de comunicacións entre a Meseta Central e Europa.

A actual Vitoria busca un modelo de desenvolvemento urbano de calidade, primando criterios de cohesión social, habitabilidade, respecto ó contorno, accesibilidade, conservación, recuperación do patrimonio e programas de integración e participación social. É unha cidade cunha intensa historia que se manifesta nun valioso patrimonio monumental.

Durante 2012 Vitoria foi Capital Verde Europea.


4[editar a fonte]

Irún (oficialmente e en éuscaro: Irun) é un concello e cidade do norte de España, en Guipúscoa, fronteirizo con Francia, país do que se atopa separado polo río Bidasoa. Forma xunto co veciño concello de Hondarribia a comarca de Bidasoa Beherea.

Trátase da segunda cidade máis importante de Guipúscoa tras a súa capital, Donostia, contando cunha poboación de 60.951 habitantes (INE 2009), aínda que a aglomeración urbana de Irún (a chamada comarca de Bidasoa-Txingudi, que sumaría as cidades de Hendaia e Hondarribia) supera os 95.000 habitantes.

A economía da cidade vira ao redor da súa importancia como paso fronteirizo entre Francia e España; proba diso é o distrito de Behobia, coa súa impoñente torre de oficinas chamada "torre ZAISA". É o principal paso fronteirizo entre estes dous países xunto coa localidade catalá de La Jonquera. É un importante nó ferroviario, loxístico e de transportes. Conta tamén cun importante comercio e certa industria.


5[editar a fonte]

Portal:País Vasco/Cidade destacada/5

6[editar a fonte]

Portal:País Vasco/Cidade destacada/6

7[editar a fonte]

Portal:País Vasco/Cidade destacada/7

8[editar a fonte]

Portal:País Vasco/Cidade destacada/8

9[editar a fonte]

Portal:País Vasco/Cidade destacada/9

10[editar a fonte]

Portal:País Vasco/Cidade destacada/10