Portal:País Vasco/Artigo destacado/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todos os artigos destacados no portal do País Vasco:

1[editar a fonte]

O Museo Guggenheim de Bilbao é unha das obras máis coñecidas do arquitecto canadense Frank Gehry,que foi o gañador do Premio Pritzker no ano 1989. É un museo de arte contemporánea localizado en Bilbao. Trátase dun dos varios museos da Fundación Solomon R. Guggenheim.

O museo foi aberto en 1997 é supón, canda a ponte deseñada por Santiago Calatrava, un dos grandes impulsores da economía vasca que supuxo un esforzo de revitalización da cidade de Bilbao, levada a cabo polas administracións publicas do País Vasco. Foi, no seu momento, un gran creador de emprego, debido a que as láminas de titanio utilizadas no seu recubrimento foron traballadas polos estaleiros da zona.

Case desde a súa apertura o museo converteuse nunha importante atracción turística atraendo visitantes de numerosos países e constituíndo o símbolo máis importante da cidade de Bilbao. Este museo non é soamente un espazo expositivo, senón que se ergue como un dos fitos da cidade, lugar de reunión e zona de lecer.


2[editar a fonte]

O Saski Baskonia S.A.D. é un club de baloncesto profesional vasco da cidade de Vitoria-Gasteiz. Foi fundado en 1959 baixo o nome de Club Deportivo Vasconia, denominación que mantivo ata 1976. Ese ano, José Luis Sánchez Erauskin, quen daquela era presidente, trocou o "V" polo "B", pasando o club a denominarse C.D. Basconia. Entre 1984 e 1986 foi patrocinado por "Caja de Álava", dende 1987 ata 2009 estivo patrocinado pola empresa de cerámicas Taulell, dende 2009 a 2013 pola caixa vasca "Caja Laboral", e dende 2013 ata 2016, pola caixa vasca "Laboral Kutxa".

O Baskonia compite na Liga ACB española, e nos últimos anos converteuse un dos clubs máis potentes do baloncesto español e europeo. A súa cancha de xogo é o Fernando Buesa Arena, un pavillón que conta cunha capacidade para 15.504 espectadores. O presidente do club é dende setembro de 1988 o ex-xogador Josean Querejeta.

Ao longo da súa historia, o club vitoriano conseguiu 3 campionatos da Liga ACB, 6 Copas do Rei, 4 Supercopas de España, e unha Recopa de Europa.


3[editar a fonte]

O idioma éuscaro ou vasco (euskara en lingua vasca) é a lingua tradicional dos vascos, falada hoxe no País Vasco e norte de Navarra en España, e no Departamento de Pireneos Atlánticos en Francia, constitúe unha lingua illada arrodeada por linguas de orixe indoeuropea.

O éuscaro é unha lingua aglutinante. Algúns lingüistas considérano unha lingua illada e moi antiga, probablemente oriúnda da lingua dos primeiros pobos que migraron para a Europa. Outros, a través de comparacións, veno emparentado a linguas ata hoxe faladas no Cáucaso. De calquera forma, é unha lingua falada ou comprendida por polo menos 800.000 persoas, e que xa era falada moito antes de que os romanos introducisen o latín na Península Ibérica.

Por non ter linguas parentes coñecidas, o vasco é claramente diferente das outras linguas europeas, particularmente daquelas que teñen relacións de parentesco entre si no interior da familia indoeuropea. A súa estrutura sentencial é practicamente idéntica á do turco ou do xaponés. A súa morfoloxía é, esa si, bastante pouco común en Europa, mais fóra de Europa poden atoparse sistemas morfolóxicos semellantes ao do vasco en centenas doutras linguas.

Hoxe, o vasco está presente en nomes de empresas, institucións, actores políticos e sociais, así como etiquetas e sinais, na zona delimitada polo País Vasco e Navarra e Iparralde.


4[editar a fonte]

Portal:País Vasco/Artigo destacado/4

5[editar a fonte]

Portal:País Vasco/Artigo destacado/5

6[editar a fonte]

Portal:País Vasco/Artigo destacado/6

7[editar a fonte]

Portal:País Vasco/Artigo destacado/7

8[editar a fonte]

Portal:País Vasco/Artigo destacado/8

9[editar a fonte]

Portal:País Vasco/Artigo destacado/9

10[editar a fonte]

Portal:País Vasco/Artigo destacado/10