Guerra dos Mascates

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Guerra dos Mascates que ocorreu de 1710 a 1711 na entón Capitanía de Pernambuco, é considerada como un movimento nativista polos historiadores da Historia do Brasil.

Nela enfrentaronse os señores de terras e de enxeños pernambucanos, concentrados na cidade de Olinda, e os comerciantes portugueses da cidade do Recife, chamados pexorativamente de mascates.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Despois da expulsión dos neerlandeses do Nordeste do Brasil, a economía da rexión, que era dependente da manufatura do azucre, estava sen diñeiro para investimento em plantacións, equipamentos e man de obra escrava. Co declinio dos prezos do produto no mercado internacional, debido á concorrencia do azucre producido nas Antillas, entrou en profunda crise. Necesitando de diñeiro, pedian ós comerciantes do Recife, que cobravan altos xuros, aumentando as súas dividas.

Endebedados e dependentes economicamente dos comerciantes portugueses, os latifundistas pernambucanos non aceptaron a emancipación politico-administrativa da cidade do Recife, ata entón subordinada a Olinda. A emancipación de Recife foi percebida como unha agravante da situación dos latifundistas endebedados, diante dos seus acredores, a burguesía comercial portuguesa, que, por ese mecanismo (a emancipación da vila onde vivían) ficaron en situación de igualdade política.

O movemento[editar | editar a fonte]

En febreiro de 1710, pouco despois de receber a Carta Rexia que elevou o poboado á condición de vila, os comerciantes inauguraron o Pelouriño e o predio da Cámara Municipal, separando formalmente o Recife de Olinda, a sede da capitanía. A aristocracia rural pernambucana reaxiu e atacou o Recife, baixo a lideranza de Bernardo Vieira de Melo e de Leonardo Bezerra Cavalcanti. O gobernador da capitanía, Sebastião de Castro Caldas Barbosa, ligado ós mascates, fuxiu para a Bahia, deixando o goberno nas máns do bispo Manuel Álvares da Costa Claumann. Os mascates contra-atacaron en 1711, invadindo Olinda e provocando incendios e destrución nas vilas e fazendas próximas.

A nomeación de un novo gobernador, Felix José de Mendonça, e o reforzo de tropas portuguesas mandadas da Bahia puseron fín á guerra. A burguesía mercantil recebeu o apoio da metropole, e o Recife mantuve a súa autonomía. Sen embargo, o sentimento autonomista e antilusitano dos pernambucanos, que viña dende a loita contra os holandeses, intensificouse aínda mais no pobo, resurxindo anos despois na Revolución Pernambucana de 1817 e na Confederación do Ecuador de 1824.