Jaboatão dos Guararapes
| Estado | Pernambuco |
| Superficie | 257,3 km² |
| Poboación Densidade |
651 355 (2006) 2 334/km² |
| Altitude | 5 m |
| Latitude | 08° 06' 46" S |
| Lonxitude | 35° 00' 54" O |
| Distancia de Recife | 12 km |
| Código postal (CEP) | 54400-000 |
| Administración local: | Prefeitura Municipal de Jaboatão dos Guararapes - Rua Brigadeiro Melibeu, 687 - Piedade |
| Internet: | http://www.pjg.com.br |
| Alcalde (Prefeito) | Newton d'Emery Carneiro |
| Mapa, en Pernambuco | |
|---|---|
Jaboatão dos Guararapes é unha cidade brasileira do estado de Pernambuco localizada na Rexión Metropolitana de Recife, a 12 km ó sur do centro desta cidade. Posuía unha poboación de 651 355 habitantes en 2006. A súa superficie total é 257,3 km².
Sendo a súa faixa costeira un prolongamento para o sur da praia de Boa Viagem en Recife e estando a poucos minutos do aeroporto daquela cidade, ten como unha de súas actividades económicas o turismo. Para isto posui diversos hoteis de alto padrón, ademais de algúns monumentos historicos, dentre eles igrexas, como a de Nosa Señora do Livramento, do século XVIII, as praias de Piedade, Candeias e Barra da Jangada, ademais do Parque Histórico Nacional dos Guararapes, que preserva o local da Batalla dos Guararapes que resultou na expulsión dos holandeses do Brasil no século XVII.
No municipio encontranse varias industrias instaladas principalmente xunto ás estradas BR-101, BR-232 e PE-25, ademais de institucións de ensino superior, e de un comercio diversificado, que inclui ata un shopping center para servir á poboación de clase media e media-alta residente na cidade. En parte do municipio hai tamén unha zona rural, con pequenas propiedades.