Mike Muscala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mike Muscala
Mike Muscala.jpg
Atlanta Hawks – No. 31
Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 1 de xullo de 1991 (23 anos)
Flag of Minnesota.svg St. Louis Park, Minnesota
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso 108 kg (239 lb)
Instituto Roseville
(Roseville, Minnesota)
Información da carreira
Universidade Bucknell (2009–2013)
NBA Draft 2013 / Rolda: 2 / Elección: 44

Escollido por Dallas Mavericks

Carreira dende 2013
Historial de equipos
Obradoiro CAB (2013–2014)
Atlanta Hawks (2014–presente)
Información en nba.com

Michael Peter "Mike" Muscala, nado o 1 de xullo de 1991 en St. Louis Park, Minnesota, é un xogador profesional de baloncesto americano que xoga nos Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 2,11 metros pode xogar nas posicións de ala-pivote ou de pivote.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Muscala foi elixido na 44ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Dallas Mavericks. Despois foi traspasado xunto a Lucas Nogueira e Jared Cunningham ós Atlanta Hawks a cambio da 18ª elección do Draft, Shane Larkin.[1] O 31 de xullo de 2013, Muscala asinou un contrato dun ano co Obradoiro CAB. Durante a súa estancia en Santiago de Compostela, Muscala acadou 14.6 puntos e 7.8 rebotes por encontro, cunha valoración media de 16.9.

O 25 de febreiro de 2014 deixou o Obradoiro para xogar na NBA.[2][3] O 27 de febreiro de 2014, asinou un contrato de varios anos cos Atlanta Hawks.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]