Darius Bazley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Darius Bazley
Delaware Blue Coats – No. 13
Posición Ala
Información persoal
Nacemento 12 de xuño de 2000 (23 anos)
Massachusetts Brockton, Massachusetts
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 98 kg (216 lb)
Información da carreira
Instituto Finneytown
(Springfield Township, Ohio)
Princeton
(Sharonville, Ohio)
NBA Draft 2019 / Rolda: 1 / Elección: 23
Por Utah Jazz
Carreira desde 2019
Historial de equipos
Oklahoma City Thunder (2019–2023)
Phoenix Suns (2023)
Delaware Blue Coats (2023–presente)

Darius Denayr Bazley, nado o 12 de xuño de 2000 en Brockton, Massachusetts, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Delaware Blue Coats da NBA G League.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Bazley foi escollido na 23ª posición do Draft da NBA de 2019 polos Utah Jazz, e poucos días máis tarde foi traspasado xunto a Grayson Allen, Jae Crowder, Kyle Korver e unha futura primeira elección do Draft ós Memphis Grizzlies, a cambio de Mike Conley Jr..[1] Ese mesmo día foi traspasado de novo xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2024 ós Oklahoma City Thunder, a cambio de Brandon Clarke.[2]

O 9 de febreiro, os Thunder traspasaron a Bazley ós Phoenix Suns, a cambio de Dario Šarić e unha elección da segunda rolda do Draft de 2029.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]