My Bloody Valentine
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| My Bloody Valentine | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Dublín, Irlanda |
| Período | 1983 - 1997 2007 - actualidade |
| Xénero(s) | rock alternativo, shoegazing, post-punk, noise pop, dream pop |
| Selo(s) discográfico(s) | Tycoon, Lazy, Creation, Sony, Sire |
| Membros | Kevin Shields Bilinda Butcher Debbie Googe Colm Ó Cíosóig |
| Antigos membros | Dave Conway Tina Durkin Joe Byfield |
| Web oficial | mybloodyvalentine.co.uk |
My Bloody Valentine é unha banda de rock alternativo formada en Dublin en 1984. Os seus fundadores foron o guitarrista e vocalista Kevin Shields e o batería Colm Ó Cíosóig. O seu nome provén dunha película de terror de 1981 chamada igual.
A medida que a súa música progresaba, o seu uso da distorsión, o pitch bending e a reverb dixital convertéronse nun son que deu a coñecerse como shoegazing. O seu aclamado álbum de 1991 Loveless tardou dous anos en saír adiante debido a problemas de financiamento. Despois da súa edición, My Bloody Valentine estivo inactiva e separaríase en 1997. No ano 2007 Kevin Shields anunciou unha reunión do grupo.
Índice |
Discografía[editar]
Álbums[editar]
- Isn't Anything - 1988 (Creation)
- Loveless - 1991 (Creation)
- MBV - 2013 (Pickpocket)
EPs[editar]
- This Is Your Bloody Valentine - 1985
- Geek! - 1985
- The New Record by My Bloody Valentine - 1986
- Sunny Sundae Smile - 1987
- Strawberry Wine - 1987
- Ecstasy - 1987
- You Made Me Realise - 1988
- Feed Me with Your Kiss - 1988
- Glider - 1990
- Tremolo - 1991