Hüsker Dü

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hüsker Dü
OrixeMinneapolis-St. Paul, Minnesota, Estados Unidos
Período1979 - 1987
Xénero(s)rock alternativo, hardcore punk
Selo(s) discográfico(s)New Alliance Records, SST Records, Warner Bros. Records
MembrosGrant Hart
Bob Mould
Greg Norton
Artistas relacionadosSugar, Nova Mob
Na rede
http://officialhuskerdumerchandise.bigcartel.com/
Facebook: H%C3%BCsker-D%C3%BC-33896864666 MySpace: huskerdufans Bandcamp: huskerdu Spotify: 16bN8mhtDFdegWbg0z3s10 Last fm: Hüsker+Dü Musicbrainz: 5c4c90a4-539f-4101-83cf-301bc6a94e06 Songkick: 420071 Discogs: 129885 Allmusic: mn0000639053 Deezer: 9526 Genius: Husker-du Editar o valor em Wikidata

Hüsker Dü foi unha influente banda de rock fundada en Minneapolis-St. Paul, Minnesota, estaba formada por Bob Mould (guitarra e voz), Greg Norton (baixo) e Grant Hart (batería e voz).

Hüsker Dü foi unha das máis importantes bandas do underground estadounidense durante os anos 80. Cunha sonoridade innovadora e revolucionaria, a banda é sinónimo de power trio, e é citada como influencia por nomes tan dispares como Pixies, Dinosaur Jr, The Lemonheads, Nirvana, Soul Asylum e Foo Fighters.

Historia[editar | editar a fonte]

Formado en St. Paul, Minnesotta por Bob Mould (guitarra e voz), Greg Norton (baixo) e Grant Hart (batería e voz), Hüsker Dü (nome sacado dun xogo de mesa dinamarqués, que significa en danés "lémbrase vostede?") comezou tocando hardcore inspirado e influenciado pola escena californiana. Coas composicións e voces a cargo de Bob Mould e Grant Hart, o inicio da carreira da banda foi marcado por un son agresivo e rápido, que lembraba a bandas como Black Flag e Dead Kennedys. Co tempo, o son da banda foi facéndose máis elaborado, a clave dese cambio foi o álbum duplo Zen Arcade de 1984, e a partir de aí, Hüsker Dü converteuse en punto de referencia para o chamado rock alternativo durante os anos 80 e 90.

A formación e o inicio hardcore[editar | editar a fonte]

En 1979 o guitarrista/vocalista Bob Mould era estudante de primeiro ano no Macalester College en St. Paul, Minnesotta e frecuentaba Cheapo Records, unha tenda de discos onde traballaba Grant Hart. Greg Norton e Hart coñecéranse solicitando o mesmo posto na tenda. Hart e Mould uníronse por un amor compartido polos Ramones, e pouco despois recrutaron a Norton e ao teclista Charlie Pine para formar unha banda, Buddy and the Returnables. Comezaron a realizar concertos tocando principalmente versións de temas de rock clásico e dos Ramones. Aos demais membros do grupo non lles gustaba o son dos teclados de Pine e comezaron a ensaiar se el, compoñendo algunhas cancións orixinais.[1][2]

O novo nome orixinouse durante o ensaio do tema de Talking Heads "Psycho Killer.” Incapaces de recordar as porcións en francés cantadas na canción orixinal (como Qu'est-ce que c'est?), no seu lugar berraban palabras en outros idiomas estranxeiros que recordaban, incluído o popular título do xogo de memoria dos anos 70 Hūsker Dū? O nome gustoulles e engadíronlle diérese do metal. Mold dixo que lles gustaban as cualidades algo misteriosas do nome, e que os diferenciaba doutros grupos de hardcore punk con nomes como "Social Red Youth Dynasty Brigade Distortion".[3]

A principios dos anos 80, Hüsker Dü conquistou un público local. Tanto Mould como Heart compoñían as cancións e cantaban. En 1981, lanzaron o seu primeiro sinxelo, Statues, coa discográfica local Reflex, seguido polo lanzamento do álbum Land Speed Record, que contiña 17 cancións en só 26 minutos, lanzado pola New Alliance Records. Ao final daquel ano, lanzaron un EP igualmente rápido e pesado, In a Free Land.

En 1982, volveron á Reflex, onde lanzaron Everything Falls Apart, o primeiro disco gravado en estudio. Naquela época, Hüsker Dü comezou a facer interminables xira polo circuíto underground estadounidense. Xunto con Minutemen, R.E.M., Black Flag, Meat Puppets e Replacements, Hüsker Dü formaba un grupo de bandas independentes que construíran unha reputación polas constantes xiras e tendo os seus discos soando nas radios universitarias. Os concertos de Hüsker Dü eran un espectáculo á parte, bastante peculiar. Eles practicamente non falaban co público e enlazaban as cancións unha coa outra, sen interrupción. Á parte dunha axenda chea de concertos, Hüsker Dü tamén pasou a gravar asiduamente, lanzando o EP Metal Circus en 1983.

A virada[editar | editar a fonte]

Despois de Metal Circus, Hüsker Dü pasou a desenvolverse musicalmente dunha forma bastante rápida, con Mould e Hart encontrando os seus camiños como compositores no álbum Zen Arcade de 1984, o primeiro que lanzaron coa discográfica SST Records. Zen Arcade tamén foi o primeiro en recibir o recoñecemento da crítica, sendo un dos discos máis eloxiados daquel ano. Zen Arcade era tamén un álbum duplo, algo completamente inédito no underground, e mostraba á banda ampliando os seus horizontes, fuxindo dalgunhas limitacións do hardcore e compoñendo melodías máis concisas e ben definidas, así como instrumentais máis extensos e densos, aínda que mantendo a enerxía do punk rock. A audiencia da banda pasou a medrar máis. A finais de 1984, lanzaron "Eight Miles High", unha cover de The Byrds, só dispoñible como sinxelo.

Hüsker Dü continuou gravando e facendo concertos a un ritmo frenético entre 1984 e 1985. Tudo corría ben para a banda, con éxito entre os críticos e cun público que medraba. Pero nesa época comezou a xurdir unha rivalidade entre os compositores e vocalistas da banda, Bob Mould e Grant Hart, así como unha dependencia do alcohol e as anfetaminas.

New Day Rising, de 1985, reflectía as influencias de The Byrds e doutros nomes dos anos 60 como The Zombies e ata os Beatles, todo iso baixo a forma do rock alternativo e do punk rock. Co lanzamento do seguinte álbum, Flip Your Wig, tamén de 1985, Hüsker Dü converteuse na primeira das bandas independentes de post-punk da metade dos anos 80 en asinar cunha grande discográfica, fichando coa Warner Brothers. Flip Your Wig está entre os mellores traballos da banda, onde a súa fórmula parece encontrar un perfecto equilibrio.

Candy Apple Grey, o primeiro lanzamento pola nova discográfica, xurdiu en 1986. Un bo disco, favorecido principalmente polas facilidades de produción ofrecidas por unha grande discográfica. Aínda que o son seguía a liña máis accesible dos últimos 3 discos, non habían hits obvios e a banda non acadou o éxito comercial, pero mantivo a súa integridade e o seu público (aínda que reducido) intactos. Durante esa época, as tensións internas entre Mould e Hart medraron. Mould estaba recuperado mentres Hart parecía afondar na dependencia de drogas e alcohol. Aínda así, estaban listos para a gravación dun novo álbum duplo, Warehouse: Songs and Stories. A pesar de que a Warner non quería que a banda lanzase outro álbum duplo, Warehouse foi lanzado en maio de 1987, sendo ben recibido pola crítica. Os fans máis radicais recoñecían que ese non era o mellor disco da banda, e que Mould e Heart como compositores estaban distanciandose.

O fin do camiño[editar | editar a fonte]

A banda estaba preparando unha serie de concertos para promover o lanzamento de Warehouse cando o representante da banda, David Savoy, suicidouse unha noite antes do inicio da xira. Hüsker Dü acabou facendo os concertos de todas formas (eles tocaban o novo álbum enteiro, na orde do disco e sen interrupcións todas as noites). Pero o suicídio de Savoy aumentou as turbulencias na banda e Hart non amosaba sinais de recuperación. Así que foi cancelada a xira de Warehouse e a banda non tocou ata o fin de 1987, o que xerou especulacións de que o grupo estaría separándose. Eses rumores foron confirmados en xaneiro de 1988, cando Hart foi despedido e a banda disolveuse.

Hart lanzou un EP en solitario, 2541, pola SST a finais de 1988, seguido polo álbum Intolerance un ano despois. Unha vaz lanzado o disco, Hart recuperouse do abuso de drogas e formou unha nova banda, Nova Mob. Nova Mob lanzou o seu álbum de estrea en 1991, The Last Days of Pompeii e o segundo disco, autotitulado en 1994. Despois do segundo disco, Nova Mob disolveuse e Grant Hart volveu á súa carreira en solitario. Greg Norton converteuse en chef de restaurantes de Minneapolis.

Inmediatamente despois do final de Hüsker Dü, Bob Mould comezou unha carreira en solitario, explorando sonoridades máis intimistas e acústicas. Despois de lanzar dous álbums, Workbook (1989) e Black Sheets of Rain (1990), formou o trío Sugar en 1992. Entre 1992 e 1994 Sugar lanzou dous álbums, Copper Blue (1992) e File Under: Easy Listening (1994). En 1995, Sugar acabou e Mould retornou á súa carreira só.

En 1994, foi lanzado o álbum en directo The Living End, gravado en 1987, durante a última xira de Hüsker Dü. O disco contén 24 temas, algúns deles inéditos, incluíndo unha versión de The Ramones.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Everything Falls Apart 1982 Reflex Records
Zen Arcade 1984 SST Records
New Day Rising 1985 SST Records
Flip Your Wig 1985 SST Records
Candy Apple Grey 1986 Warner Bros. Records
Warehouse: Songs and Stories 1987 Warner Bros. Records

EPs[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Metal Circus 1983 Reflex
Sorry Somehow 1986 Warner

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Azerrad, Michael (2001). Little Brown and Company, ed. Our Band Could Be Your Life. p. 161. ISBN 0-316-78753-1. 
  2. Mould, Bob & Azerrad, Michael (2011). Little Brown and Company, ed. See a Little Light: The Trail of Rage and Melody. pp. 30. ISBN 0-316-04508-X. 
  3. Azerrad, 2001. p. 161