Loveless
| Loveless | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Álbum de My Bloody Valentine | |||||
| Edición: | 4 de novembro de 1991 | ||||
| Datas de gravación: | 1989 - 1991 | ||||
| Estudio(s) de gravación: | |||||
| Duración: | {{{duración}}} | ||||
| Xénero: | shoegazing | ||||
| Selo(s): | Creation Records | ||||
| Producido por: | Kevin Shields, Colm Ó Cíosóig | ||||
| Cronoloxía | |||||
|
|||||
Loveless é o segundo álbum da banda de rock alternativo My Bloody Valentine, editado o 4 de novembro de 1991 a través do selo Creation Records. Loveless foi gravado durante un período de dous anos, entre 1989 e 1991, en 19 estudios de gravación. O vocalista e guitarrista Kevin Shields dominou o proceso de gravación e tratou de lograr un son particular para o disco, facendo uso de varias técnicas. Un gran número de técnicos de son foron contratados e despedidos durante o proceso de gravación, aínda que a banda finalmente acreditou no libreto a todos os que estiveron presente nas gravacións, "incluso se unicamente foron facer té", segundo Shields.
A relación de My Bloody Valentine con Creation Records deteriorouse durante todo ese tempo, e a banda foi retirada da discográfica despois da súa edición debido ao difícil e caro que era traballar con Shields. Loveless non foi un gran éxito comercial, pero foi moi ben recibido pola crítica, sendo considerado na actualidade un hito no shoegazing. O disco foi citado por moitos artistas como unha importante influencia e para moitos críticos trátase dun dos mellores álbums dos anos 90.
En novembro do 2003 a publicación Pitchfork Media elexíuno o segundo mellor álbum da década na súa lista dos 100 mellores discos dos 90[1].
Listaxe de cancións [editar]
Todos os temas compostos por Kevin Shields agás onde se indique.
- "Only Shallow" (Bilinda Butcher, Shields) – 4:17
- "Loomer" (Butcher, Shields) – 2:38
- "Touched" (Colm Ó Cíosóig) – 0:56
- "To Here Knows When" (Butcher, Shields) – 5:31
- "When You Sleep" – 4:11
- "I Only Said" – 5:34
- "Come in Alone" – 3:58
- "Sometimes" – 5:19
- "Blown a Wish" (Butcher, Shields) – 3:36
- "What You Want" – 5:33
- "Soon" – 6:58