Lost in Translation
| Lost in Translation | |
|---|---|
| Título orixinal | Lost in Translation |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Sofia Coppola |
| Produtor | Ross Katz Sofia Coppola Francis Ford Coppola |
| Guión | Sofia Coppola |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Bill Murray Scarlett Johansson Giovanni Ribisi Anna Faris |
| Música | Brian Reitzell Kevin Shields Roger Joseph Manning Jr. Air |
| Fotografía | Lance Acord |
| Montaxe | Sarah Flack |
| Estudio | American Zoetrope Tohokushinsha Film |
| Distribuidor | Focus Features |
| Ano | 2003 |
| Duración | 102 minutos |
| País | |
| Xénero | Drama, Comedia |
| Orzamento | $4.000.000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Lost in Translation é un filme estadounidense dirixido por Sofia Coppola que foi estreado no 2003. É o seu segundo filme dirixido despois de The Virgin Suicides (1999) e está protagonizado por Bill Murray e Scarlett Johansson.
Índice |
Argumento [editar]
Bob Harris, un actor norteamericano en decadencia, acepta unha oferta para facer un anuncio de whisky xaponés en Tokio. Está atravesando unha aguda crise e pasa gran parte do tempo libre no bar do hotel. Precisamente alí, coñece a Charlotte, unha rapaza casada cun fotógrafo que foi a Tokio a facer unha reportaxe; pero mentres el traballa, a súa muller abúrrese mortalmente. Ademais do abraiados que quedan coas imaxes e os sons da inmensa cidade, Bob e Charlotte comparten tamén o baleiro das súas vidas. Pouco a pouco fanse amigos e, a medida que exploran a cidade xuntos, comezan a preguntarse se a súa amizade podería transformarse en algo máis.
Personaxes [editar]
- Bill Murray como Bob Harris
- Scarlett Johansson como Charlotte
- Giovanni Ribisi como John
- Anna Faris como Kelly
- Fumihiro Hayashi como Charlie Brown
- Akiko Takeshita como Ms. Kawasaki
- François Du Bois como o Pianista
- Takashi Fujii como O presentador de televisión, Matthew Minami
- Hiromix como Ela mesma
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 2003: Oscar: Mellor guión orixinal. 4 nomeamentos.
- 2003: Globos de Ouro: Mellor filme comedia ou musical, actor, guión. 5 nomeamentos.
- 2003: 3 premios BAFTA: Mellor montaxe, actor, actriz. 8 nomeamentos.
- 2003: Premio Cesar: Mellor filme estranxeiro.
- 2003: Nomeado ó David de Donatello: Mellor filme estranxeiro.
- 2003: Premio Especial National Board of Review: Sofia Coppola.
- 2003: Círculo de críticos de Nova York: Mellor actor (Bill Murray), director (Sofia Coppola).
- 2003: Asociación de Críticos d'Os Ánxeles: Mellor actor (Bill Murray).
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)