Shoegazing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shoegazing
Orixes do estilo: rock alternativo, dream pop, neo-psychedelia, noise pop, post-punk, drone music, space rock
Orixes culturais: mediados dos 80 no Reino Unido
Instrumentos típicos: guitarra, voces, baixo, batería
Popularidade: de finais dos 80 a principios dos 90
Derivados: nu gaze
Xéneros de fusións
post-metalpost-rock

Shoegazing (tamén coñecido como shoegaze) é un subxénero do rock alternativo aparecido no Reino Unido a finais dos anos 80. Durou ata mediados dos anos 90, chegando ao seu cénit nos anos 1990 e 1991. A prensa musical británica, especialmente NME e Melody Maker, chamou a este estilo shoegazing debido a que os músicos destas bandas estaban relativamente tranquilos durante as actuacións, e nun estado introspectivo, non-confrontational state, de aí a idea de que estaban mirando aos seus zapatos. O excesivo uso de pedais de efectos tamén contribuiu á imaxe dos músicos mirando cara os seus zapatos (shoegazing significa mirando aos zapatos) durante os concertos.

O son shoegazing caracterízase polo significativo uso de efectos de guitarra, e polas indistinguibles melodías de voz que se mesturan e confunden co ruído creativo das guitarras. Nos anos 90, os grupos de shoegazing foron deixados de lado polo movemento grunge estadounidense, forzando a bandas relativamente descoñecidas a separarse ou a reinventar o seu estilo. En tempos máis recentes houbo un renovado interese polo xénero entre as bandas de "nu-gaze", como The Joy Formidable, DIIV, The Depreciation Guild, The Radio Dept, Grey Zine, Whirr e Snow in Mexico.

Os precursores máis citados do xénero son Cocteau Twins, The Jesus and Mary Chain, My Bloody Valentine, Spacemen 3 e Loop.