Músculo flexor ulnar do carpo
(Redirección desde «Músculo cubital anterior»)
O flexor ulnar do carpo, flexor cubital do carpo ou músculo cubital anterior é un músculo do membro superior humano, situado no compartimento anterior do antebrazo.
Orixe e insercións[editar | editar a fonte]
A orixe do músculo localízase no epicóndilo medial do úmero, e no olécranon e bordo posterior do cúbito. A inserción caudal áchase no óso pisiforme do carpo. Dende este óso, ancórase ao carpo a través dos ligamentos pisiganchudo e pisimetacarpiano, que se insiren no óso ganchudo e na base do V metacarpiano.
Función[editar | editar a fonte]
Flexiona e aduce a articulación do pulso.
Innervación[editar | editar a fonte]
É innervado polo nervio cubital, que recibe achegas de C7, C8 e T1.
Vascularización[editar | editar a fonte]
É vascularizado pola arteria cubital.