Los Serrano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Los Serrano
Los serrano.jpg
Formato Comedia familiar
Creado por Daniel Écija
Álex Pina
Intérpretes Antonio Resines
Belén Rueda
Jesús Bonilla
Verónica Sánchez
Fran Perea
Natalia Sánchez
Víctor Elías
Jorge Jurado
Antonio Molero
Nuria González
Alejo Sauras
Goizalde Núñez
Alexandra Jiménez
Julia Gutiérrez Caba
Tema de apertura "Uno más uno son siete" (Fran Perea)
País de orixe España España
Episodios 147
Produción
Duración 80 minutos (aprox.)
Emisión orixinal
Canle de orixe Telecinco
Emisión 22 de abril de 2003 – 17 de xullo de 2008
Ligazóns externas
Páxina web

Los Serrano foi unha serie de televisión producida por Globomedia e emitida orixinalmente pola cadea española Telecinco entre o 22 de abril de 2003 e o 17 de xullo de 2008, durante oito tempadas. Relata os enredos da familia Serrano, que vive na Rolda de Santa Justa nº 133, situado no ficticio barrio de Santa Justa, na Ribeira do Manzanares, en Madrid. A familia rexenta a taberna Hermanos Serrano.

Desde a súa estrea, foi un dos espazos con maior audiencia da cadea, sendo o programa máis visto en España en 2004 e mantendo de forma regular o liderado de audiencia na súa franxa horaria.

Ademais do respaldo do público, a serie recibiu tamén múltiples premios, entre os que destacan o Ondas á Mellor serie española, o Micrófono de ouro, o Fotogramas de Prata, o Premio Zapping ou o da Academia da Televisión, entre outros.

Personaxes[editar | editar a fonte]

O elenco da serie estaba formado nun principio pola familia Serrano, propietaria da Taberna Serrano, e a familia Martínez, que posuía un taller e estaba fortemente vinculada ó colexio Garcilaso de la Vega.

Personaxes actuais[editar | editar a fonte]

A familia Serrano[editar | editar a fonte]

  • Diego Serrano Moreno (Antonio Resines): Taberneiro, de cincuenta anos e afeccionado ó fútbol, pai viúvo de tres fillos homes. Obsesionado con manter a paz na familia a toda costa, e en ocasións moi malpensado, vendo cousas onde non as hai, o que el mesmo chama a mirada sucia. Ó morrer Lucía sofre desconcerto, pero logra refacer a súa vida a carón de Celia.
  • Guillermo "Guille" Serrano (Víctor Elías): é o segundo irmán, que empezou a serie con 11 anos. É o máis trasno e burlón e encántalle meterse en leas. No colexio é o líder do grupo de amigos, formado por Boliche, Valdano e DVD. Namorouse profundamente da súa medio irmá Teté, á que inicialmente odiaba a morte e renegaba de ser o seu medio irmán, pero tras uns malentendidos, ela decide abandonar a relación. Trala volta das vacacións de 2007, nas que foi a visitar ó seu irmán a Tolosa, coñeceu a Sandrine e fugouse con ela a Marrocos, onde vivían como hippies. O seu pai tróuxoo de volta a Santa Justa e posteriormente Sandrine abandonouno. Ó final da sétima tempada confesa a Teté o seu amor repasando toda a súa relación mediante post-its, e volven xuntos. Madurou moito desde o inicio da serie, tanto academicamente como no seu bo facer e na súa sensatez. No cuarto episodio da última tempada déitase con Teté e planean írense vivir a Barcelona.
  • Francisco "Curro" Serrano (Jorge Jurado): é o menor da familia. Narra e introduce cada episodio desde a súa visión infantil. É un neno tímido, cariñoso e sensible, que empezou a serie con 8 anos. Ó longo da serie foi namorando de rapazas como Sara ou Cris, pero coa chegada do seu curmán Juan desaparece a súa faceta de neno bo. No penúltimo capítulo atropela ó churreiro do barrio, polo que no último é levado a comisaría.
  • María Teresa "Teté" Capdevila Gómez (Natalia Sánchez), a irmá pequena de Eva, ten 11 anos ó principio da serie. Vai a clase con Guille, e a súa mellor amiga é Yoly. É bastante impetuosa e atractiva, mesmo con rapaces maiores, saíndo un tempo con Richi, un delincuente xuvenil, e namorando a Boliche e DVD. Saíu unha tempada co seu medio irmán Guille, ó que deixou por un malentendido co seu amigo DVD. Foi vivir co seu pai a Barcelona trala morte da súa nai, pero acaba volvendo ó barrio. Volve disposta a recuperar a Guille, pero este mantén unha nova relación con Sandrine, o que pon celosa a Teté. Ó final da sétima tempada volven xuntos, tras confesarlle o seu amor mediante unha carta.
  • Doña Carmen Casado (Julia Gutiérrez Caba), nai de Lucía e avoa de "todos", unha muller viúva que encontrou na súa familia un apoio incondicional, axudando e mediando na casa da familia. Aínda que non comparte as ideas e modais de Diego e Santiago, sente un profundo cariño cara eles. Mantivo unha relación con Francisco Serrano e algún que outro curto namoramento de Santiago Serrano. Durante o seu período de casada, o seu marido mantiña relacións coa criada, á que chamaba Mi Gitana

Os Serrano Salgado[editar | editar a fonte]

  • Santiago Serrano Moreno (Jesús Bonilla), é o irmán maior de Diego e socio da taberna, ademais de presidente do Santa Justa F.C. Casado, idolatra ó seu falecido pai e teno como modelo a seguir. É agarrado, malpensado, solitario e rosmón. O seu maior medo é quedar só na vida. Casa con Lourdes, a profesora de relixión do Colexio Garcilaso, e tras moitos problemas, debidos ós malos hábitos alimenticios de Santi, concibiron un neno. Ese mesmo día, Santi, tras unhas malas inversións en bolsa, perdeu o capital da Taberna Serrano, que foi comprada por Emilia, que contratou a Santi e a Diego de camareiros, pero finalmente volven comprar a taberna. No último capítulo nace a súa filla.
  • María Lourdes "Lourditas" Salgado Fernández (Goizalde Núñez), é a beata profesora de relixión do colexio, que posteriormente casa con Santiago. É moi boa cos nenos, que a toman como obxecto constante das súas bromas. Debido á súa fe e á forte educación da súa nai, é moi tímida cos homes, e aínda que desde o principio da serie saíu varias veces con Santiago, non chegaron a conxeniar, e incluso case decide ordenarse monxa e marchar de misións tras un desengano con el. Pero despois casan e teñen primeiro a Santiaguín e no último capítulo nace unha filla.
  • Adela Fernández (María Alfonsa Rosso), é a nai viúva de Lourditas. É moi posesiva coa súa filla, e mantívoa criada nunha ríxida moral, o que creou en Lourditas bastantes problemas á hora de consumar o matrimonio. Odia ó seu xenro Santiago, e é correspondida por este, e sofren encontronazos cada vez que se encontran.
  • Santiago "Santiaguín" Serrano Salgado, é o fillo de Santiago e Lourditas.

Os Martínez[editar | editar a fonte]

  • Fructuoso Guillermo "Fiti" Martínez Carrasco-Lavín (Antonio Molero), é o mellor amigo de Diego e Santi. Ten a mesma idade que Diego. Mecánico de profesión, e bastante arriscado, fantasioso e excéntrico. Estaba profundamente namorado da súa muller, Candela. É de orixe murciana. É un home de costumes, e adoita pasar o día tomando cañas e tapas na Taberna Serrano, pero non sempre as paga. Os xoves acostumaba ir cear ó restaurante chinés con Candela, mantendo o costume co seu fillo Raúl. Os disparates que saen da súa cabeza pásanlle factura, e acostuma liar ós seus amigos nas súas sospeitas conxugais ou nos seus ambiciosos plans e delirios de grandeza, como cando creu ser familiar dun marqués. Estas cavilacións levárono a innumerables pelexas cos seus amigos e a súa muller, da que estivo separado nun par de ocasións, e levárono dúas veces ó borde do suicidio. Tras separarse definitivamente de Candela, abandonou o piso da familia, instalouse en casa dos Serrano e vendeu o taller por 100 millóns de pesetas, que investiu en bolsa duplicando así o capital invertido. Animou a Santi a xogarse a taberna en bolsa, mediante unha empresa financeira pantasma, facéndolles caer a el e a Diego na bancarrota. El mesmo arruinouse ó comprar en México un hotel a piques de ser demolido, téndose que unir ó equipo de camareiros da nova dirección da Taberna Serrano. Logo dun ano compartindo con Raúl o sofá-cama de casa de Diego, marcharon a compartir un piso con Choni e José Luis. Trala recompra da taberna polos irmáns Serrano, encontrou un emprego nun taller mecánico, e posteriormente decidiu abrir un novo taller xunto ó seu filo Raúl: Fiti and Son. Ó final o amor é benévolo co entrañable Fiti e no último capitulo decláraselle Ana, irmá de Candela.
  • Raúl Martínez Blanco (Alejo Sauras), é o mellor amigo de Marcos. Está obsesionado coas mulleres, e é tan excéntrico como o seu pai. É malo nos estudos, e intentou desde xogar no Real Madrid, a ser baixista ou modelo. Primeiro namorouse e mantivo unha fugaz relación con Eva, e máis adiante da mellor amiga desta, África. É máis sensible do que aparenta, aínda que é infiel por natureza. A súa debilidade polas mulleres ocasionoulle grandes problemas con África, coa que cortou e se reconciliou innumerables veces. Tivo varios traballos nos que nunca triunfou, entre eles, no Colexio Garcilaso como bedel, como cobrador de morosos, ou como bolseiro na oficina do taller onde traballaba o seu pai. É pai dun neno chamado Adrián. A nai, logo de sorprendelo coa noticia e deixar ó neno ó seu coidado, levouno con ela a California. Rexentaba xunto ó seu pai o taller mecánico Fiti and Son. No último capítulo retoma a súa relación con África.
  • María Asunción "Choni" Martínez Carrasco (Pepa Aniorte), é a irmá de Fiti, que volve a Santa Justa para coidar de Fiti, tralo abandono de Candela. Dedicou a súa vida a ser cantante de orquestra de vodas e verbenas, e ten un marcado acento murciano. É de fácil palabra, populacheira, namoradiza e afeccionada ó pipermín. Instalouse en casa dos Serrano, ó separárense Diego e Lucía, namorándose de Diego (sen que el o quixese). Posteriormente mantivo unha relación con José Luis, o irmán de Lourditas, co que acaba casando. Traballa de bedel do colexio Garcilaso. Na última tempada élle infiel a José Luís con Nacho, o chacineiro.
  • José Luis Salgado Fernández (Javier Gutiérrez), coñecido tamén como Chiquitín ou Josico (tal como o chama Choni), é o irmán "universitario" de Lourditas. É un timador profesional. Vén de Salamanca fuxindo dos seus acredores, e instálase en Santa Justa despois de Santi saldarlle a débeda, a condición de non facer sufrir máis á súa irmá. Tras unha relación sobresaltada con Choni, acaban casando, e decide sentar cabeza, dicindo que se enrolou nun barco pesqueiro que faena no cabo de Hornos, cando realmente estaba na prisión de Alhaurín, tras ser inculpado por unha mafia dun delito que non cometera, tras ganarlles unha timba de póquer. Participa na recompra da Taberna Serrano, da que é novo socio. Na última tempada marcha a León a cobrar unha herdanza, pero en vez de regresar, marcha a facer negocios xunto a Flavio Briatore. Tras velo nun xornal no iate do italiano, Fiti, Diego e Santi van recuperalo, pensando que marchara do barrio definitivamente, pero finalmente soluciónase todo e volve xunto a Choni.

O grupo de Guille e Teté[editar | editar a fonte]

  • José María Bellido, "Boliche", (Andrés de la Cruz), é un amigo de Guille, con obesidade mórbida. É o fillo do Fritangas, coñecido personaxe do barrio, e estivo namorado de Teté.
  • David Borna, "DVD", (Adrián Rodríguez), é un rapaz afeccionado á informática, ó break dance e ó hip hop. Estivo namorado de Teté, que nunha ocasión utilizouno para dar celos a Guille.
  • Matías Scobich, "Valdano" (Juan Luppi), arxentino e un dos amigos incondicionais de Guille. Namorouse da súa profesora, Lucía. Na 3ª tempada regresou ó seu país, pero volveu na 5ª.
  • Yolanda "Yoli" Bellido (Sara López). É a mellor amiga de Teté e a irmá de Boliche. Ó igual que o seu irmán, recheíña, e ademais usa lentes, motivo polo que está cohibida. É unha rapaza idealista que busca o seu primeiro amor; está namorada de Valdano. Ten moi boas notas e é obxectivo das mofas de Guille e os seus amigos.

Docentes do Colexio Garcilaso[editar | editar a fonte]

  • Fernando González (Ales Furundarena), aínda que é chamado erroneamente por Diego, Santi e Fiti como Fermín. É o psicólogo do colexio e aconsella a Diego en infinidade de ocasións para que poida axudar á súa familia. É homosexual, e Diego e Santi intentan devolverlle o favor axudándoo a saír do armario e intentando que a súa anterior parella, Carlos, volva con el. Animou a Diego a estudar un curso de psicoloxía.
  • Celia Montenegro (Jaydy Michel), é a profesora de inglés. Nacida en México, e de educación europea. É unha moza doce e refinada, e no seu pasado foi modelo e unha gran estrela das telenovelas mexicanas, e está separada dun afamado escritor brasileiro. Trala súa chegada a Madrid e ó Garcilaso, convértese en gran amiga de Choni, e namórase de Diego, co que acaba vivindo.
  • África Sanz (Alexandra Jiménez), filla dun policía, foi a moza formal de Raúl e a mellor amiga de Eva. Traballa no colexio Garcilaso como profesora de danza. Deixouno con Raúl definitivamente despois de que este descubrira a súa relación en secreto con Manu. Ó rematar a serie estaba embarazada de Gael, o irmán pequeno de Celia, e logo de fortes dúbidas, decide quedar con Raúl, sen quen non pode vivir.

Personaxes pasados recorrentes[editar | editar a fonte]

  • Amancio "Padre" Serrano (Representado tamén por Jesús Bonilla). É o pai de Diego e Santi, e fundador da Taberna Serrano. Orixinario da Alcarria, onde tiña unha taberna, trasladouse a Madrid para fundar a Taberna Serrano cos seus fillos. Ten un gran parecido físico con Santiago, ó que lle transmitiu o carácter rosmón e intransixente. O seu retrato preside a Taberna Serrano.
  • Francisca "Madre" Moreno (Goizalde Nuñez). É a nai dos irmáns Serrano. Tiña preferencia por Diego. Segundo relata no seu diario, tivo unha relación extramarital co Aceituno, Pablo Prieto, un aceituneiro da Alcarria, antes de que Diego nacera, polo que Diego temía que fose o seu auténtico pai biolóxico. Ten un gran parecido físico con Lourditas.
  • Fausto. O porco co que estaba encariñado Santiago de neno, ó máis puro estilo de rosebud en Citizen Kane. Padre fixo un trato co Aceituno cambiándolle o porco por unha bici para Diego, facéndolle crer ós rapaces que o soltara e que vivía felizmente na Dehesa. Criouse como un irmán máis e acostuma aparecer nas fotos familiares.

Personaxes anteriores[editar | editar a fonte]

Los Serrano[editar | editar a fonte]

  • Lucía Gómez Casado (Belén Rueda), profesora de lingua castelá, primeiro amor de Diego. Posteriormente trasladouse a Barcelona e casou con Sergi Capdevila, un empresario barcelonés co que tivo dúas fillas. Dezasete anos despois divorciáronse, e accidentalmente picóuselle unha roda mentres conducía camiño da casa da súa nai, en Santa Justa, e Diego axudoulle a reparala. Os dous decidiron recuperar o tempo perdido, casando no 2003 e mudándose ela e as súas fillas á casa de Los Serrano sen sequera coñecerse os rapaces. É a máis conciliadora da casa, e moi paciente ante os problemas e as paranoias de Diego. Faleceu inesperadamente tras un accidente de trafico na porta do hospital cando viña de visitar ó fillo acabado de nacer de Santi e Lourditas.
  • Marcos Serrano (Fran Perea): É o fillo maior de Diego. Comezou a serie con 17 anos, sendo o dianteiro estrela do equipo Santa Justa FC, onde xoga con Raúl. É un romántico empedernido, encántalle compor cancións coa súa guitarra, que herdou da súa nai, e chegou a intentar ser fichado polo mercado discográfico. Namorado da súa medio irmá Eva, tras moitos problemas familiares e ser acusado polo seu pai de incestuoso, logran formalizar unha relación que tras unha infinidade de altibaixos, incluída a convivencia en Barcelona, case culmina en voda, sendo abandonada polos dous no momento do "Si, quero". Finalmente foron vivir a Tolosa, onde Eva estuda psicoloxía, e teñen unha filla, Chloé. Volve de vez en cando a visitar á familia.
  • Eva Capdevila Gómez (Verónica Sánchez). É a filla maior de Lucía, e ten 17 anos ó empezar a serie. Amante da poesía e a literatura, non encaixa desde un principio na casa dos Serrano, nin en Madrid. Saía con Joan Manuel, un músico hippie. Despois tivo unha curta relación con Raúl, e máis adiante unha profunda e conflitiva relación co seu medio irmán Marcos, chea de altibaixos e problemas familiares, que os leva ó borde do altar. Posteriormente trasládase a Barcelona primeiro, e despois a Tolosa con Marcos, onde estuda psicoloxía logo de teren unha filla, Chloé.
  • Sergi Capdevila. É o ex marido de Lucía e pai das rapazas. É un exitoso empresario barcelonés moi adiñeirado, que se opuxo a que as súas fillas marcharan vivir a Madrid, e de cando en cando ofrecíalles bolsas e mellores posibilidades para volveren con el. Sufriu un cancro que foi tratar a Houston con Lucía como acompañante.
  • Francisco Serrano Moreno (Alfredo Landa), o primoxénito dos fillos de Padre, irmán moito maior que Santi e Diego. Emigrou a México hai máis de trinta anos, e non volveu a ter contacto coa familia. Tralo seu regreso a España intentou enganar á familia, contándolles incribles historias sobre a súa etapa como matador de touros e como home de negocios, encandilando a todos menos a Santiago, que sabe que todo é mentira. Tivo un fillo, Dieguito, cunha vedete cubana. Namora a Carmen, coa que mantén unha relación con ánimo de lucro. Tras ser reprendido por Santi e posteriormente perdoado, decide volver a México.
  • Ruth Castell Capdevila (Leticia Dolera). É filla de Carma, irmá de Sergi. Viviu en casa dos Serrano unha tempada. É a curmá liberal de Eva e mantivo unha relación con Álex.
  • Chloé Serrano Capdevila, Filla de Marcos e Eva.
  • Pepe Can da familia Serrano, que se encarga de coidar Currito.
  • Manuel "Manu" (Pablo Galán), fillo de Nuria, irmá de Sergi, e curmán das Capdevila. Barcelonés que vai a Madrid buscando un "cambio de aires". Estuda INEF, é deportista e ten gran éxito entre as rapazas. O seu tío Diego alcúmao Espartaco, e repróchalle constantemente que se pasee sen camisola pola casa, debido a que hay muchas hormonas revoloteando por la casa en alusión a Teté. Encontra traballo como profesor de actividades extraescolares no Colexio Garcilaso, e no seu tempo libre practica ciclismo. Aínda que primeiro namorou á súa curmá Teté, mantivo unha relación con África durante máis de seis meses. É bastante fachendoso, o que causa amargura a Teté.
Outros[editar | editar a fonte]
  • Benito, pai de Marta, defunta esposa de Diego, tras ser infiel á súa esposa na propia cama matrimonial con La pollera, e ser descuberto, foi vivir uns días á casa de Los Serrano.
  • Sagrario, nai de Marta e esposa de Benito, tralos seus cornos foi vivir á casa de Los Serrano, pero despois reconciliouse con Benito, mercede á intervención de Carmen.
  • Tía Enriqueta Moreno, tía de Santi e Diego que vive na aldea, é irmá de Francisa "Madre", e coñecía a súa relación co "Aceituno". Noutro capítulo nomea a tódolos seus irmáns: Eulalia, Avelino e Antonio.
  • Diego "Dieguito" Serrano é o fillo cubano de Francisco, froito dunha relación espontánea. É un mozo duns vinte anos, negro e de dous metros de altura. Criouse nunha granxa coa súa nai, e coñeceu ó seu pai no funeral desta, contándolle que foi un matador de touros de renome en España. Créndolle, viaxou a España para coñecer á súa familia e converterse en toureiro. Tras unha capea ilegal, sofre una cornada, na que intervén a Garda Civil. Ante a ameaza da deportación, Diego ofrécese a casar con el para que obteña a nacionalidade, baixo o risco da acusación de incesto. Visto o asunto, Dieguito decide volver a Cuba, deixando unha nota.

Os Martínez-Blanco[editar | editar a fonte]

  • Candela Blanco Fernández (Nuria González), a ex-muller de Fiti, profesora de historia, e logo directora do colexio. É a mellor amiga de Lucía e muller de Fiti. É coñecida como La Urraca polos seus alumnos. Separouse de Fiti tras coñecer a un profesor canario de Leganés, Julián, nunha convención de profesores, e marchou con el ás Canarias, deixando sós a Fiti e a Raúl.
  • Fructuoso Martínez Lavín (José Luis López Vázquez), é o viúvo pai de Fiti e de Choni, coa que non fala. Tivo unha moza alemá chamada Uta. Viviu en Benidorm, aínda que tras estafar ós seus socios tivo que fuxir a América. Pedíralle matrimonio á súa defunta esposa cantando una jota murciana. Nun erro de guión, nun capítulo anterior Fiti refírese a el como Victoriano Martínez Lavín, xa falecido.
  • Andrés Blanco Fernández (Jorge Fernández). É o sofisticado irmán de Candela e Ana Blanco. Durante a primeira tempada foi director do Garcilaso, e presidente do Santa Justa FC. Non se leva ben co seu cuñado Fiti, que é totalmente oposto a el, aínda que comparten a afección polas motos.
  • Adrián Martínez. É o fillo de Raúl. Ten 5 anos, e é froito dunha relación efémera cunha amiga, María. Aparece na súa porta cunha carta da súa nai, dicindo que non se podía facer cargo del. Tras un tempo coidándoo e un intento de quedar coa custodia, María regresou en busca del e marchan a Los Angeles.
Outros[editar | editar a fonte]
  • Tilín Martínez, o primeiro Martínez con estudos. É un sobriño de Fiti, estudante de veterinaria que sedou a Santi nun episodio.
  • Ángeles Muñoz, a cantante de Camela, é unha filla non recoñecida de Don Fructuoso. Choni descubriuno ó colarse no camerino dun concerto dela, e descubrir unha foto na que saen as dúas co seu pai.
  • Mariví Fernández de la Era (María Luisa Merlo). Nai de Candela, Andrés e Ana. Viu a Santa Justa para que a súa filla lle pedise cartos ó seu tío Eusebio, irmán do marido de Mariví, que se chama Andrés Blanco.

Estudantes do Garcilaso[editar | editar a fonte]

  • Helena (María Bonet), coñeceu a Raúl nunha festa, e mantivo con el unha fugaz relación. Raúl levouse unha gran sorpresa ó ver que Helena chega á súa clase como estudante e se fai íntima amiga de África, a súa moza. O pai de Helena é un representante de futbolistas.
  • Alex Chacón (Alex Barahona). É un ligue de Eva, que tras moitos rifirrafes uniuse ó grupo e matriculouse no colexio para estar máis cerca de Eva, a pesar de vivir no outro extremo da cidade. Alcúmano el bombero debido á súa vocación, que exerce na seguinte tempada. Abandonou a serie xunto a Helena, ó tomarse un ano sabático arredor do mundo.
  • Octavio "Chucky" Salas (Jimmy Barnatán). É amigo de Marcos e Raúl. É o máis chanchulleiro dos tres, e acostumaba colaborar nos plans de Raúl.
  • Susana "Su" (María Hervás). É a filla de Emilia, a propietaria temporal da Taberna Serrano. Criada en Milán, ten fama de problemática, repetiu dúas veces o mesmo curso, e está na clase de Guille. Sufriu grandes problemas de adaptación, ós que Raúl animou a superar, convertíndose na súa nova mellor amiga.
  • Mustafá Rasit (Daniel Esparza). Amigo de Guille, é fillo de pais marroquís que rexentan un local de kebab e que non falan castelán. Só está presente na 1ª e 2ª tempadas.
  • Humberto (Christian Criado): Antigo mozo de Teté, que mantiña á vez unha relación con Lorena, polo que acabou deixando a Teté.
  • Richy (Carlos Rodríguez). Un delincuente xuvenil, rival de Guille, saíu con Teté un tempo. Marchou á súa vila e non volveu máis.
  • Díez. É un rapaz tímido con lentes, obxecto das bromas de Guille.
  • Lorena (Anne Marie Favreu). Foi moza de Guille e de Humberto. Ten fama de rapaza fácil.
  • Bruno. Amigo de Guille, intentou varias veces saír con Teté.
  • Sara. Foi parella de Curro.
  • Rober Jr.. O fillo de El Rober, compañeiro de clase de Curro.

Docentes do Colexio Garcilaso[editar | editar a fonte]

  • Raquel (Elsa Pataky). Substituta de Lucía, é moi guapa, está separada e ten un fillo. Mantivo durante unha tempada unha relación prohibida con Marcos, que case lle custa o puesto.
  • Ana Blanco Fernández (Natalia Verbeke). É a irmá pequena de Candela e Andrés. Marchou ós Estados Unidos con 18 anos, pero regresou a Santa Justa para sacar adiante o colexio ante os baixos resultados económicos rexistrados, e para introducir unha nova metodoloxía de traballo entre o profesorado. Dentro do colexio ten o mesmo mal carácter que Candela, aínda que fóra é bastante amigable.

Personaxes da Taberna Serrano[editar | editar a fonte]

  • Paquillo (Manolo Caro). Tamén coñecido como Quillo, foi o camareiro inicial da serie. É de orixe andaluza e moi descarado, especialmente coas mulleres. Deixou a taberna tras ofrecerlle el Rober un posto na súa empresa.
  • Grogui. Trala partida de Paquillo entrou como camareiro. É un ex-boxeador, bastante lento mentalmente, aínda que ás veces deixa entrever que non é tan tonto. É manipulado constantemente polos irmáns Serrano, especialmente por Santiago. Tralo peche temporal da taberna deixou de saír na serie.
  • El Rober (Mariano Peña). É outro amigo de Fiti e Santi. Caracterízase por falar confundindo os /c/ e os /s/ e engade plurais onde non os hai. As poucas veces que apareceu trouxo problemas ós Serrano. Arruinou a Santi tras uns negocios cunhas terras, e contratou a Paquillo para a súa empresa.
  • Emilia (Pilar Castro). Regresou ó barrio de Santa Justa desde Milán tras separarse do seu marido. Comprou a Taberna Serrano logo da súa quiebra, empregando ós seus antigos propietarios. Trala morte de Lucía, revendeu a taberna ós irmáns Serrano. Mantivo unha relación en tensión con Fiti.
  • El Fritangas. É o pai de Boliche e Yoly. Ten unha gran rivalidade cos irmáns Serrano.

Trama[editar | editar a fonte]

Os toscos Serranos deben afrontar a convivencia coas mulleres, xurdindo grandes conflictos tanto na casa como no colexio e a taberna. Aparte de seguir a trama xeral en cada capítulo, o toque de humor é aportado fundamentalmente por Diego, Santi e Fiti. Polo xeral, en cada capítulo dos deles intentan axudar ó terceiro nalgún problema, provocando o efecto contrario.

Audiencias[editar | editar a fonte]

A media das audiencias por cada temporada foi a seguinte:

  • 1ª tempada (4.834.000 espectadores e 31,2% de share)
  • 2ª tempada (6.928.000 espectadores e 38,8% de share)
  • 3ª tempada (6.742.000 espectadores e 37,8% de share)
  • 4ª tempada (5.686.000 espectadores e 30,8% de share)
  • 5ª tempada (4.572.000 espectadores e 26,1% de share)
  • 6ª tempada (4.267.000 espectadores e 23,8% de share)
  • 7ª tempada (3.400.000 espectadores e 19,5% de share)

Episodios[editar | editar a fonte]

Capítulo Nome Data de emisión Audiencia Share
PRIMEIRA TEMPADA
1     Ya s'han casado 4.286.000 26,1%
2     Un padre perfecto 4.519.000 27,2%
3     Siempre nos quedará París 4.640.000 26,0%
4     El Atlético de Santa Justa F.C. 4.368.000 26,4%
5     Me gusta cuando callas 5.089.000 31,2%
6     Cien maneras de cocinar la trucha 5.154.000 31,7%
7     No me llames iluso 5.364.000 32,8%
8     La noche del loro 4.937.000 31,0%
9     Superdotado 5.475.000 35,5%
10     El Rey y yo 4.872.000 34,9%
11     Una noche en Mogambo 4.797.000 33,6%
12     Benny, Tonny y Marky 4.459.000 34,0%
13     La guerra de los Martínez 4.889.000 36,0%
SEGUNDA TEMPADA
14     Bienvenido, tío Francisco 6.370.000 36,0%
15     Enhorabuena por el programa 6.270.000 35,4%
16     El quinto sentido 6.139.000 36,8%
17     Trigo limpio 6.901.000 40,5%
18     Santiago vuelve a la escuela 6.809.000 39,5%
19     Donde hay jamón hay ilusión 6.341.000 35,5%
20     Sodoma y Gomera 7.243.000 39,3%
21     La mirada del tigre 7.634.000 41,9%
22     Eva al desnudo 7.237.000 39,1%
23     El rey de espadas 7.345.000 39,7%
24     Casado y monógamo 6.992.000 38,9%
25     Solo puede quedar uno 7.145.000 40,0%
26     Natalie 7.649.000 42,1%
TERCEIRA TEMPADA
27     El carnaval veneciano 7.603.000 42,1%
28     Los toros de Santa Justa 7.630.000 41,9%
29     Ser o no ser... taladrador 6.637.000 36,4%
30     Yo confieso 7.291.000 42,7%
31     El otro lado de la acera 8.175.000 44,5%
32     Los puentes de Burundi 8.191.000 43,3%
33     La Jamoneta 5.824.000 31,8%
34     El uso del matrimonio 6.955.000 37,1%
35     Corazón partío 7.522.000 38,2%
36     Recuerdo de Segovia 6.251.000 32,1%
37     El ciruelo 6.365.000 32,7%
38     La vuelta al cole 6.443.000 35,4%
39     Nunca subestimes el poder de un ñu 6.619.000 36,1%
40     Un año selvático 6.268.000 36,1%
41     La bicha 6.350.000 36,6%
42     Spanish mazapan 6.364.000 36,6%
43     Descubriendo a Marta 4.940.000 35,1%
44     Don Quijote de Santa Justa 5.965.000 38,0%
45     El fluido básico 6.713.000 42,6%
CUARTA TEMPADA
46     Santiago Gigoló 6.416.000 32,8%
47     Ni media ni guarra 5.594.000 29,1%
48     El Conde du Mamarrach 5.772.000 29,0%
49     Desde Londres con amor 5.738.000 28,8%
50     Ante la duda... 5.498.000 27,0%
51     La donante de órganos 5.903.000 29,7%
52     El lecho mancillado 5.910.000 29,9%
53     La culpa es yo 5.893.000 30,8%
54     Apechugueision 4.979.000 25,6%
55     En ocasiones veo Fitis 5.758.000 30,7%
56     Lobestoris 6.098.000 38,2%
57     Hay una rosquilla para ti 7.306.000 40,9%
58     No apto para cardíacos 6.029.000 31,6%
59     Yo azuzo 5.457.000 28,7%
60     Antes muerta que chinchilla 5.683.000 29,6%
61     El hombre que susurraba a las frutitas 6.152.000 34,0%
62     Yo reconozco 6.823.000 37,4%
63     ¿Quién me pone la pierna encima? 5.725.000 30,7%
64     Million Dollar Grogui 5.931.000 32,2%
65     Una proposición indecente 4.888.000 25,6%
66     Usufructus 5.629.000 30,8%
67     El reverso tenebroso 4.742.000 25,8%
68     De Santa Justa a Bilbao 5.334.000 30,3%
69     Yo de Santa Justa y tú de California 4.742.000 27,9%
70     Mainfroilain 4.578.000 28,2%
71     Gato negro, casorio blanco 5.270.000 36,7%
QUINTA TEMPADA
72     ¿Quién puede matar a un cerdo? 5.692.000 30,6%
73     La maldición de las Capdevila 5.351.000 29,3%
74     El blues del matrimonio 5.570.000 30,5%
75     La pertinaz sequía 4.909.000 25,6%
76     Gibraltar español 4.913.000 26,3%
77     Cuando padre sonríe 4.903.000 25,2%
78     El reparto de Africa 4.380.000 22,6%
79     El armario empotrado 4.610.000 25,2%
80     La alegría de la huerta 4.638.000 24,7%
81     Como una ola 4.127.000 22,0%
82     Las de Caín 5.011.000 27,2%
83     Ay, Candela 5.056.000 28,0%
84     El toro por los cuernos 5.235.000 30,6%
85     Soy nenuco 5.477.000 31,5%
86     Qué mal está Occidente 5.252.000 30,5%
87     ¿Tú te crees que la policía es tonta? 4.821.000 27,7%
88     Un pez llamado Fructu 3.937.000 24,0%
89     La culpa fue del centollo 4.027.000 23,9%
90     El primer Serrano universitario 3.846.000 22,6%
91     Tracatrá, suspensos y cintas de vídeo 4.176.000 24,1%
92     ¿Tú te afeitas, Guille? 3.866.000 22,6%
93     Pero, ¿quién mató a padre? 4.205.000 25,9%
94     La llamada de la selva 3.902.000 24,7%
95     El síntoma de Estocolmo 3.821.000 24,5%
96     ¡Será por dinero! 3.424.000 24,2%
97     La jauría del hortelano 3.729.000 25,1%
SEXTA TEMPADA
98     La pasión según Fructuoso 5.149.000 27,2%
99     Aquí huele a perro 4.739.000 24,4%
100     Los puentes de la Alcarria 4.695.000 24,9%
101     El talonario de Aquiles 4.452.000 22,5%
102     Il bambino della strada 4.704.000 24,3%
103     Amar es transigir 4.178.000 21,3%
104     Los tres cerditos 4.035.000 21,2%
105     Paseando a Miss Emilia 3.926.000 21,9%
106     El declive del Imperio Serrano 4.155.000 24,1%
107     Las fases del amor 5.183.000 28,6%
108     El rastrillo zen 5.103.000 28,6%
109     El jamon maltés 4.422.000 24,7%
110     El padrivo IV 3.990.000 21,8%
111     Donde dijo digo, digo Diego 3.946.000 23,3%
112     Soy Koala 4.172.000 23,2%
113     Ese olor tan característico 4.638.000 26,0%
114     Charol de leopardo 3.985.000 24,7%
115     Breve historia de la filosofía 3.264.000 18,9%
116     Algo pasa con Celia 4.065.000 22,4%
117     Un año de soledad 4.110.000 23,7%
118     La sombra de Candelaria es alargada 4.143.000 23,8%
119     La penitencia va por detrás 4.210.000 24,0%
120     La mano amiga 3.982.000 22,8%
121     Siempre positivo, nunca negativo 3.781.000 22,1%
122     La parábola del hijo prófugo 4.163.000 24,4%
123     Dos mujeres y un Serrano 3.917.000 23,5%
124     Última llamada para Diego Serrano 4.116.000 26,3%
SÉTIMA TEMPADA
125     No sin mi hijo 4.027.000 23,0%
126     La intimidad es una puerta cerrada 4.580.000 26,9%
127     Sorpresa, sorpresa 3.687.000 20,4%
128     Mientras hay resquemor hay esperanza 3.200.000 16,3%
129     Cuando el amor llega así de esta manera 3.389.000 18,7%
130     Intima fémina 3.142.000 17,5%
131     Mayormente, lo que sube, baja 3.381.000 18,6%
132     Encontronazos y desencuentros 3.108.000 17,8%
133     El camino recto de Santa Justa 3.443.000 19,7%
134     ¡Pero por qué no te callas! 3.231.000 17,7%
135     Matar a un ruiseñor 3.713.000 20,0%
136     Papá cumple 50 años 3.145.000 21,7%
137     La procesión va por dentro 3.096.000 18,0%
138     El síndrome Sarkozy 2.895.000 18,3%
139     Al evitamiento por el alejamiento 3.069.000 18,5%
140     Los padres de ella 3.308.000 18,9%
OITAVA TEMPADA
141     Bienvenido al mundo Serrano 3.774.000 21,4%
142     La parienta, la cuñada, la suegra y Diego 3.630.000 21,0%
143     Tigurón V 3.383.000 21,6%
144     La carta de Pandora 3.191.000 19,0%
145     Vente pa' mi casa Fiti 2.955.000 19,9%
146     Divorcio a la Serrana 3.276.000 23,8%
147     Desmontando a Diego 3.580.000 25,6%

Subproductos da serie[editar | editar a fonte]

O fenómeno mediático da serie fixo lanzar ó mundo da música a Fran Perea, que canta a sintonía da serie, convertíndose nun ídolo do público femenino xuvenil.

O grupo xuvenil SJK (Santa Justa Klan), formado por Boliche, DVD, Guille e Teté, naceu no 2005 con certa repercusión mediática.

El Sueño de Morfeo tamén foi promocionado na serie, sendo a súa cantante, Raquel del Rosario, no papel de Rachel, moza de Marcos durante algún tempo.

No estranxeiro[editar | editar a fonte]

O orixinal foi emitido en Uruguai, Francia, Chile, Eslovenia, Croacia, Bosnia-Hercegovina, Montenegro, Serbia (Серанови/Seranovi), República de Macedonia, Romanía, Rusia, México e Finlandia (Serranon Perhe), onde alcanzou gran popularidade [1].

Foi adaptada en Italia (I Cesaroni), Grecia (Ευτυχισμένοι Μαζί/Eutixismenoi Mazi), Portugal (Os Serranos), Serbia (Серанови/Seranovi), Turquía e na República Checa (Horákovi). A cadena americana NBC comprou os dereitos para adaptar a serie.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]