Alfredo Landa
| Alfredo Landa | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alfredo Landa no 2013. |
||||||||||||
| Nacemento | Alfredo Landa Areta 3 de marzo de 1933 Pamplona, |
|||||||||||
| Falecemento | 9 de maio de 2013 (80 anos) Madrid, |
|||||||||||
| Profesión | Actor | |||||||||||
| Cónxuxe(s) | Maite Imaz Aramendi | |||||||||||
| Fillo(s) | Ainhoa, Idoia y Alfredo | |||||||||||
| Ficha na IMDb | ||||||||||||
|
||||||||||||
Alfredo Landa Areta, nado en Pamplona, o 3 de marzo de 1933 e finado en Madrid, o 9 de maio de 2013[1], foi un actor navarro.
Índice |
Traxectoria [editar]
Fillo dun capitán da Garda Civil, trasladouse ós doce anos a San Sebastián onde estudou dereito. Foi precisamente na universidade onde tivo a súa primeira experiencia no teatro, ao representar máis de corenta obras na Fundación do Teatro Español Universitario.
Sen rematar a carreira, decide dedicarse á interpretación e trasládase en 1958 a Madrid. A súa primeira relación co cine prodúcese como dobrador, aínda que en 1962 debuta profesionalmente en cine como actor da man de José María Forqué, no filme Atraco a las 3.
En corenta anos de profesión fixo máis de cento vinte películas. A súa traxectoria pode dividirse en tres etapas fundamentais. Na primeira alterna papeis cómicos con traballos teatrais, e abrangue unha produción de máis de corenta películas, entre as que cabe salientar El verdugo de Luis García Berlanga, Nobleza baturra de Juan de Orduña ou Ninette y un señor de Murcia de Fernando Fernán Gómez.
A segunda etapa comprende trinta e cinco películas do que se deu en chamar landismo. Estas inícianse con No desearás al vecino del quinto de Ramón "Tito" Fernández e nelas Alfredo Landa chegou a simbolizar un determinado tipo de español, reprimido, machista, fanfarrón no terreo sexual e reprimido. Estas películas foron dirixidas na súa maior parte por directores como Mariano Ozores, Pedro Lazaga, |Ramón Fernández ou Luis M. Delgado.
A terceira etapa iníciase en 1976 con El puente de Juan Antonio Bardem, na que colaborará cos principais directores españois: Luis García Berlanga (La vaquilla), Mario Camus (Los santos inocentes), Basilio Martín Patino (Los paraísos perdidos), José Luis Garci (Las verdes praderas, El crack), José Luis Borau (Tata mía), José Luis Cuerda (El bosque animado), Antonio Mercero (La próxima estación) ou Manuel Gutiérrez Aragón (El rey del río)
En televisión, participou en varios Estudio 1, ademais de series como Tiempo y hora ou Confidencias nos anos 60. Logo estaría un tempo afastado da pequena pantalla, e é nos anos 90 cando protagoniza as series Por fin solos (adaptación televisiva da longametraxe que xa rodara xunto a María José Alfonso), En plena forma e, a máis destacable, Lleno, por favor, dirixida por Vicente Escrivá. A súa última intervención neste medio foi unha colaboración en varios episodios de Los Serrano, en 2003.
Filmografía [editar]
Cine [editar]
- 1957 : El puente de la paz de Rafael J. Salvia
- 1962 : Atraco a las tres de José María Forqué
- 1963
- La verbena de la paloma de José Luis Sáenz de Heredia
- El verdugo de Luis García Berlanga
- Se vive una sola vez de Arturo González
- 1964
- 1965
- 1966
- El arte de no casarse de Jorge Feliú y J. M. Font Espina
- El arte de casarse de Jorge Feliú y J. M. Font Espina
- Las viudas (episodio) de José María Forqué
- Amor a la española de Fernando Merino
- Los guardiamarinas de Pedro Lazaga
- ¿Qué hacemos con los hijos? de Pedro Lazaga
- Las cicatrices de Pedro Lazaga
- Despedida de casada de Juan de Orduña
- 1967
- Crónica de nueve meses de Mariano Ozores
- Pero ¿en qué país vivimos? de José Luis Sáenz de Heredia
- Las que tienen que servir de José María Forqué
- Novios 68 de Pedro Lazaga
- Cuarenta grados a la sombra
- Un diablo bajo la almohada de José María Forqué
- Los subdesarrollados de Fernando Merino
- Los que tocan el piano de Javier Aguirre
- No somos de piedra de Manuel Summers
- 1968
- 1969
- 1970
- 1971
- Aunque la hormona se vista de seda de Vicente Escrivá
- No desearás la mujer del vecino de Fernando Merino
- Los días de Cabirio de Fernando Merino
- Vente a ligar al Oeste de Pedro Lazaga
- Simón, contamos contigo de Ramón Fernández
- No firmes más letras, cielo de Pedro Lazaga
- Los novios de mi mujer de Ramón Fernández
- 1972
- 1973
- 1974
- 1975
- 1976
- 1977
- 1978
- 1979
- Las verdes praderas de José Luis Garci
- Paco el seguro de Didier Haudepin
- El alcalde y la política de Luis M. Delgado
- Polvos mágicos de José Ramón Larraz
- 1980
- 1981
- 1982
- Piernas cruzadas de Rafael Villaseñor
- Un Rolls para Hipólito de Julio Busch
- 1983
- El crack II de José Luis Garci
- Las autonosuyas de Rafael Gil
- Una rosa al viento de Miguel Iglesias
- 1984
- 1985
- 1986
- 1987
- 1988 : Sinatra de Francesc Betriu
- 1989
- 1991 : Marcelino, pan y vino de Luigi Comencini
- 1992
- 1994
- 1995 : El rey del río de Manuel Gutiérrez Aragón
- 1996 : Los Porretas de Carlos Suárez
- 2000 : El árbol del penitente de José María Borrell
- 2002
- 2003
- La luz prodigiosa de Miguel Hermoso
- El oro de Moscú de Jesús Bonilla
- 2004 : Tíovivo c. 1950 de José Luis Garci
Televisión [editar]
- El hombre, ese desconocido (1963)
- Escuela de maridos (1963)
- Confidencias (1963)
- Primera fila (1964)
- El tercer rombo (1966)
- Estudio 1 (1965)
- Tiempo y hora (1965)
- Ninette y un señor de Murcia (1984)
- Tristeza de amor (1986)
- El Quijote de Miguel de Cervantes (1991)
- Lleno, por favor (1993)
- Por fin solos (1995)
- En plena forma (1997)
- Los Serrano (2003)
Premios [editar]
- Premios Goya: Premio ó mellor actor principal por El bosque animado (1987), de José Luis Cuerda e La marrana (1992) de José Luis Cuerda. Nominado na mesma categoría por Canción de cuna (1994) de José Luis Garci, La luz prodigiosa (2003) de Miguel Hermoso e El río que nos lleva (1989), de Antonio del Real.
- Premio de interpretación masculina no Festival de Cine de Cannes por Los santos inocentes en 1984. e douspremios Goya, en 1988 e 1993. En 2003 recibiu unha
- Homenaxe na Mostra de Valencia en 2003.
- Premio ADIRCAE ó mellor actor por La Marrana (1992), de José Luis Cuerda.
- Premio ó mellor actor no Festival de Cannes en 1984 por Los santos inocentes, de Mario Camus (compartido con Paco Rabal).
- Premios do Círculo de Escritores Cinematográficos: gañador do premio ó mellor actor por nominado por El Crack (1981) e Canción de cuna (1994), ambas de José Luis Garci e nominado na mesma categoría por La luz prodigiosa (2003), de Miguel Hermoso e Historia de un beso (2002), de José Luis Garci.
- Nominado ó Premio da Academia do Cine Europeo ó mellor actor por El bosque animado (1987), de José Luis Cuerda.
- Fotogramas de Prata: nominado a mellor actor de televisión por El Quijote de Miguel de Cervantes (1991) e Lleno, por favor (1993) e a mellor actor de cine por Sinatra (1988), de Francisco Betriú, ¡Biba la banda! (1987), de Ricardo Palacios e Los santos inocentes, de Mario Camus.
- Premio ACE ó mellor actor por Los santos inocentes (1984), de Mario Camus e El rey del río (1995), de Manuel Gutiérrez Aragón.
- Nominado ó Premio da Unión de actores nas categorías de mellor actor de televisión (Lleno, por favor), e mellor actor de cine (La Marrana)
- Premios TP de ouro: gañador na categoría de mellor actor de televisión por Tristeza de amor (1986), Ninette y un señor de Murcia (1984) e Lleno, por favor (1993).
Notas [editar]
- ↑ Fallece el actor Alfredo Landa, Público, 9/5/2013.