Natalia Verbeke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Natalia Verbeke Leiva (n. 23 de febreiro de 1975), é unha actriz arxentina, residente en España.

Biografía[editar | editar a fonte]

Pasou a súa infancia en Arxentina ata os once anos, idade en que se mudou a Madrid xunto á súa familia, decisión tomada polo seu pai debido á crise política e social que daquela (1986) vivía Arxentina. En Madrid estudou na Real Escola Superior de Arte Dramática e na Escola Guindalera con Juan Pastor. Tamén cursou "Interpretación para profesionais" de man de John Strasberg. Ten estudos de danza contemporánea con Josefina Tomás, de flamenco con Miguel Sandoval e Carmen Romera e con Víctor Ullate.

En 1998 debutou no cine coa película "Un buen novio", que protagonizou xunto con Fernando Guillén Cuervo, pola que recibiu o Premio Max Factor ó rostro máis bonito de cine español. Pero foron outras películas como "Nadie conoce a nadie", "El hijo de la novia" e, especialmente, "El otro lado de la cama" as que a catapultaron á fama. Recibiu dous premios Ondas por estas dúas últimas películas. Foi nominada a mellor actriz pola Unión de Actores pola súa interpretación en "El otro lado de la cama". En "A golpes" interpretou a María, unha boxeadora que se gañaba a vida como taxista.

En teatro interpretou "El sueño de una noche de verano" de William Shakespeare en Inglaterra.

En televisión participou nas series "El pantano", "Al filo de la ley", "Los Serrano" e, na actualidade Doctor Mateo.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Ano Filme Director
2006 GAL Miguel Courtais
2006 Arritmia Vicente Peñarrocha
2005 El método Marcelo Piñeyro
2005 A golpes Juan Vicente Córdoba
2005 Tempesta Tim Disney
2004 The three ages of the crime Elena C. Lario
2004 El juego de la verdad Álvaro Fernández Armero
2003 Dot the I Matthew Parkhill
2003 O Cid, a lenda José Pozo
2003 Hermanas Julia Solomonoff
2003 El punto sobre la i Matthew Parkhill
2003 Días de fútbol David Serrano
2002 Apasionados Juan José Jusid
2002 El otro lado de la cama Emilio Martínez Lázaro
2001 El hijo de la novia Juan José Campanella
2001 Jump tomorrow Joel Hopkins
2000 Kasbah Mariano Barroso
2000 Carretera y manta Alfonso Arandia
1999 Nadie conoce a nadie Mateo Gil
1998 Un buen novio Jesús R. Delgado

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Película Director
2007 Los Serrano
2005 Al filo de la ley José María Caro e Javier Olivera
2003 El pantano Daniela Fejerman e Inés París

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]