Fran Perea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFran Perea

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Francisco Manuel Perea Bilbao Editar o valor em Wikidata
20 de novembro de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Málaga, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , actor , actor de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Páxina webfranperea.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1344126 Allocine: 165284 Allmovie: p453282
Facebook: FranPereaNews Twitter: frnperea Instagram: frnperea Youtube: UCjCv_wLAv0On9v_tBiHa-Fg Spotify: 5ZmqtSfV4bMseeYE96i7Nt Musicbrainz: b1cda34c-1269-431e-8c6e-1a377d1c6d45 Discogs: 1447670 Deezer: 264095 Genius: Fran-perea Editar o valor em Wikidata

Francisco Manuel Perea Bilbao, nado en Málaga o 20 de novembro de 1978, máis coñecido como Fran Perea, é un actor e cantante español.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fran Perea no photocall de Alicia no país das marabillas en 2010.

Fillo de José Joaquín Perea Rodríguez e Amparo Bilbao Guerrero. Formou parte dun grupo de música e dos scout no Grupo 39 de Málaga, durante a súa mocidade, antes de licenciarse en Arte Dramática na Escola Superior de Arte Dramática de Málaga.

Televisión[editar | editar a fonte]

Estreouse como actor nun capítulo de El comisario (Telecinco), aínda que se fixo coñecido en Al salir de clase un ano máis tarde. En 2003 recibiu a oferta de interpretar un papel en Los Serrano (Telecinco), serie á que puxo banda sonora grazas a unha canción de Mikel Erentxun. A principios de 2006 deixou o seu personaxe para dedicarse ao cine.

Tras este traballo, Fran diminuía a súa presenza en televisión, aínda que tivo un papel en varios capítulos de Hospital Central (Telecinco), e quixo participar no regreso do mítico programa Estudio 1 en La 2 de Televisión Española, neste caso como protagonista masculino da obra La viuda valenciana, adaptación da obra de Lope de Vega, xunto a Aitana Sánchez Gijón en 2010. Este programa foi a primeira produción en alta definición en España. Tamén en 2010 participou no programa Tu vista favorita (Cuatro), onde nos presentou o Valle de Abdalajís, o pobo natal da súa nai, na provincia de Málaga.

En abril de 2012, Antena 3 estrea Luna, el misterio de Calenda onde Fran Perea interpreta a Nacho, un garda civil da sección xudicial que axuda ao seu tenente (Daniel Grao) e á xuíz interpretada por Belén Rueda a desvelar os estraños acontecementos que ocorren en Calenda.

Música[editar | editar a fonte]

En canto á súa carreira musical, en 2003 converteuse no número 1 das listas musicais españolas con "1+1 son 7". La chica de la habitación de al lado saíu en outubro dese mesmo ano, con temas compostos por Pau Donés, Coti e Xabi San Martín. Foi nomeado aos Premios Amigo 2003 como Artista Revelación e ten 4 discos de platino e 1 disco de ouro. En xuño de 2005 saíu o seu segundo disco ao mercado: Punto y aparte, do que seis temas foron compostos por el mesmo e a súa banda.

O 26 de abril de 2010 lanzou o seu terceiro disco: Viejos conocidos, esta vez baixo o seu propio selo musical, Sinfonía en Nobemol, en España. É o primeiro traballo musical elaborado integramente por el, quen tamén se apoiou na súa banda á hora de compor a música das cancións que o integrarán.

A súa xira Viejos conocidos xa percorreu en 2012 cidades como Zaragoza, Ávila, Madrid e Málaga.

Cine[editar | editar a fonte]

Xunto con Paco León protagonizou a primeira película como director de Fernando Guillén Cuervo: Los Mánagers (2006). Tamén participou en El camino de los ingleses (2006), a segunda película como director de Antonio Banderas na súa Málaga natal. Tamén formou parte do elenco da película Las trece rosas (2007) e de Balada triste de trompeta, do director Álex de la Iglesia (2010).

En xuño de 2010 participou na gravación da película De tu ventana a la mía, xunto a Maribel Verdú e Roberto Álamo. Trátase da primeira película da directora aragonesa Paula Ortiz. Tamén é o protagonista da curtametraxe El opositor, dos directores María Giráldez e Miguel Provencio, que está cultivando premios en case todos os festivais nacionais. Con eles repetiu no curto Life vest under your seat (Voamos cara a Miami), gravado en 2011.

Teatro[editar | editar a fonte]

No verán de 2007, aparcou a súa carreira musical para participar na montaxe de Fedra, do director José Carlos Plaza con texto de Juan Mayorga. Nesta obra, deu vida a Hipólito e Ana Belén a Fedra. Desde mediados de 2008 ata mediados de 2009 estivo de xira coa obra Don Juan, el burlador de Sevilla ao redor de numerosas cidades españolas, así como en Niza e Nápoles. En 2010 representou a obra Todos eran mis hijos, de Arthur Miller, dirixida por Claudio Tolcachir no papel de Chris, un dos protagonistas. Dous anos máis tarde, no Festival de Mérida, de novo ás ordes de Plaza, formou parte do elenco de Electra, de Eurípides, no papel de Orestes.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Personaxes fixos[editar | editar a fonte]

Personaxes episódicos[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Curtametraxe[editar | editar a fonte]

  • Life vest under your seat (Voamos cara a Miami) (2011)
  • El Opositor (2009)
  • Paco (2009)
  • La aventura de Rosa de Ángela Armero (2008)
  • Final feliz para un crimen de Aure Roces (2001).
  • Cañí (2000)
  • Tu mismo (2000)

Teatro[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbums en directo[editar | editar a fonte]

Recompilatorio - Greatest Hits[editar | editar a fonte]

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

2007

2010

  • Premio ao mellor actor no Festival Internacional de Curtametraxes de Móstoles por "El opositor".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]