Belén Rueda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Belén Rueda
Belén-Rueda-L'Orphelinat.JPG
Nacemento María Belén Rueda García-Porrero
16 de marzo de 1965 (47 anos)
Madrid, España España
Ficha na IMDb

Belén Rueda, nada en Madrid o 16 de marzo de 1965, é unha actriz e presentadora de televisión española. Logo dunha extensa carreira televisiva en series e programas durante máis de dez anos, Belén Rueda debutou no cine en 2004 con Mar adentro, dirixida por Alejandro Amenábar. Nela compartiu repartición con actores do nivel de Javier Bardem ou Lola Dueñas e gañou ademais o premio como mellor actriz revelación na XIX edición dos Premios Goya.

Índice

[editar] Biografía

Os seus pais eran enxeñeiro de camiños e profesora de ballet. É a mediana de 3 irmás. Ós 7 anos trasladouse coa súa familia a Alacant debido a un problema de asma da súa irmá pequena.

Estudou Arquitectura, aínda que fixo os seus primeiros pasos como modelo.

Estivo casada con Daniel Écija con quen tivo tres fillas, a segunda das cales morreu por un problema cardíaco sendo bebé. A data de 2006 o seu estado civil é divorciada.

Ós 18 anos, logo de terminar COU marcha a Madrid a estudar Arquitectura. Alí traballou como vendedora de pisos e modelo ata acabar de presentadora en Telecinco, onde traballou para varios programas da cadea, xunto a Emilio Aragón en moitas ocasións. Para esta mesma cadea traballou como actriz nas series Periodistas ou Los Serrano. Nos últimos anos decantouse polo cine e recibiu o Premio Goya á mellor actriz revelación en 2004 polo seu papel de Julia en Mar adentro.

En xaneiro de 2007 debutou no Teatro, coa obra Closer, que xa fora interpretada no cine por Julia Roberts.

En outubro de 2007 estreouse a súa segunda película, El orfanato, dirixida por Juan Antonio Bayona e protagonizada, ademais de Belén Rueda, por Fernando Cayo, Geraldine Chaplin e Roger Príncep. El orfanato foi a película elixida pola Academia Española para representar a España nos Oscar 2008.

[editar] Filmografía

[editar] Televisión

[editar] Teatro

  • Closer (2007)

[editar] Premios

[editar] Premios Goya

[editar] Fotogramas de Prata

[editar] Unión de Actores

[editar] Círculo de Escritores Cinematográficos

[editar] Premios ACE

[editar] Premios Protagonistas

[editar] Premios Barcelona

[editar] TP de Ouro

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas