Chipilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Festa de Befana (Epifanía ou Reis) en Chipilo

Chipilo é unha cidade localizada a 12 km ao sur da cidade de Puebla, en México. Está localizada a 2.150 metros sobre o nivel do mar. O seu nome oficial é Chipilo de Francisco Javier Mina. O xentilicio dos seus habitantes é chipileños.

Orixe histórica[editar | editar a fonte]

Chipilo foi fundado o 2 de outubro de 1882 por inmigrantes italianos provenientes da rexión setentrional do Véneto, aínda que tamén houbo algúns piamonteses e lombardos entre os fundadores. A maioría deles viñeron de Segusino e dos pobos contiguos nas provincias de Treviso e Belluno, como Quero, Valdobbiadene, Feltre e Maser. Neste sentido, a inmigración italiana a Chipilo difire da doutros lugares de Latinoamérica, pero asemellase ó das rexións agrarias de Arxentina, zonas onde a maioría dos inmigrantes proveñen das rexións do Centro-Norte de Italia. Os inmigrantes viñeron a México en busca de terras fértiles e fuxindo da pobreza que azoutaba a rexión do Véneto nesa época. Moitos deles dedicáronse á gandería. Os produtos lácteos volvéronse famosos en moitos lugares de México. Durante os primeiros 20 anos da súa fundación, Chipilo foi unha colonia de estranxeiros chamada Colonia Fernández Leal.[1]

Lingua e cultura[editar | editar a fonte]

Os chipileños conservan as súas tradicións de orixe e especialmete a súa lingua, o Véneto. Aínda se fala hoxe en Chipilo a lingua véneta dos seus bisavós. A variante véneta que se fala é o feltrin-belumat. Resulta sorprendente que a lingua non sufriu grandes influencias do español, como, por contra, ocorreu na Arxentina, ou acontece en Italia co influxo da lingua oficial.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]