Laura Pausini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laura Pausini.

Laura Pausini, nada en Faenza o 16 de maio de 1974, é unha cantante italiana. Adquire notoriedade a partir de 1993 coa súa participación no Festival de San Remo.

É unha das estrelas italianas máis coñecidas a nivel internacional. O 8 de febreiro de 2006 asignóuselle o Premio Grammy, recoñecemento musical internacional considerado equivalente ó Premio Oscar cinematográficos, polo mellor álbum de pop latino do ano. O 8 de novembro de 2007 gañou o Grammy Latino ó mellor álbum feminino por Io canto. [1].

Laura Pausini vendeu, en 20 anos de carreira, preto de 70 millóns de discos no mundo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Fabrizio e Gianna, creceu en Solarolo. No aspecto musical, comezou a cantar en locais de pianobar co seu pai á idade de 8 anos. Ós 13, en 1987, grava o seu primeiro álbum, "I sogni di Laura" (Os soños de Laura). O devandito traballo constituíu unicamente un modo de publicitar o seu traballo nos pianobar desenvolto pola propia Laura Pausini e do seu pai Fabrizio, e estaba dispoñible unicamente para os espectadores que asistían ós espectáculos do dúo, de xeito que non se pode incluír na discografía oficial da cantante. "I sogni di Laura" contén trece temas dos cales dous están escritos por ela, aínda que os asina o pai por ser demasiado nova, e os restantes versións de cancións famosas.

Participa en varios concursos en Emilia-Romagna, pero a súa grande ocasión chega en 1991, cando pasa con éxito a selección para participar no Festival di Castrocaro, non conseguindo acadar a final, pero esta experiencia permítelle participar no Festival di Sanremo, onde comeza a despegar a súa carreira.

Do festival ó primeiro disco[editar | editar a fonte]

Faise famosa en 1993 logo de gañar o Festival di Sanremo na categoría Nuove Proposte cunha das súas cancións máis notorias e aprezadas aínda na actualidade, "La solitudine" (A soidade). Publica o seu primeiro álbum oficial, "Laura Pausini" e os seus primeiros singles son "La Solitudine", "Non c'è" e "Perché non torna più". O traballo acada un importante éxito vendendo 2.500.000 de copias en 37 países e chegando ós primeiros postos osn Países Baixos e Bélxica.

Laura, o segundo álbum[editar | editar a fonte]

En 1994 chega a a Sanremo con "Strani amori" e acada o terceiro posto: a clasificación confirma o resultado, lanzando ó "top" de éxitos o single. Coma os máis grandes nomes do panorama musical italiano, Eros Ramazzotti, Gino Paoli, Ivana Spagna e Zucchero, tamén Pausini conquista o mercado internacional, algo que a afasta da súa Italia natal por preto de dous anos. A súa música dá a volta ó mundo e grava en español, portugués, inglés e francés e pasa a converterse nunha das cantantes italianas máis coñecidas internacionalmente. Trala vitoria en Sanremo múdase a Milán e publica en 1994 o seu segundo traballo "Laura", que contén "Strani amori", e inclúe outros grandes éxitos como: "Gente", "Un amico è così", "Lui non sta con te" e "Lettera". Este segundo álbum supera as vendas do primeiro con preto de 4.000.000 de copias no mundo.

Éxito no mundo latino[editar | editar a fonte]

O seu primeiro álbum en español, Laura Pausini, en 1994 convértese nun éxito de vendas en España e America Latina. O fenómeno dáse primeiro no Hot Latin Tracks do Billboard, éxito que a leva de inmediato ó primeiro posto da clasificación de revelacións femininas de 1995, por diante de Mariah Carey. No mesmo ano recibe o Oscar da música, o "World Music Award", que se entrega en Montecarlo por vender o maior número de discos no mundo. En Miami obtén o premio "Lo Nuestro", ó que lle segue o Globo de platino poe ser a primeira cantante non española en conseguir o millón de copias vendidas en España.

Le cose che vivi e o World wide tour '97[editar | editar a fonte]

En 1996 pubblica "Le cose che vivi" (editado en España baixo o título Las cosas que vives, tradución literal do orixinal) que sae á venda en tres versións distintas en italiano, español e portugués (esta última versión contén tódolos temas en italiano, e a versión portuguesa de tres deles). En Suecia inicia o Tour que a levará ante millóns de fans: o World Wide Tour '97 que percorre París, Lisboa, Rotterdam, Madrid, Bruxelas e a Montecarlo. Conquista a desorbitada cifre de 80 discos de platino, sumados a numerosos pequenos e grandes recoñecementos.

La mia risposta[editar | editar a fonte]

En 1998 sae "La mia risposta", pblicado en 50 países en dobre versión: italiano e spagnolo (baixo o título de Mi respuesta). O álbum representa unha evolución musical da artista, gracias a temas na atmosfera do soul, con unha boa dose de melodía, que caracterizou sempre os discsos de Pausini. Contén "Un'emergenza d'amore" e "In assenza di te" (na versión castelá Una emergencia de amor e En ausencia de ti). Como peche do álbum inclúese un tema en lingua inglesa ("Looking for angel"), escrito para Laura por Phil Collins.

One more time e Pavarotti & Friends[editar | editar a fonte]

En 1999 interpreta o tema "One more time" para a banda sonora da película Message in a bottle, con Kevin Costner e Paul Newman. Inicia un breve tour europeo, á conclusión do cal viaxa ós Estados Unidos co seu novo produtor, David Foster, o mesmo de intérpretes coma Mariah Carey e Céline Dion. No mesmo ano participa con éxito no "Pavarotti and Friends", cantando cos máis grandes artistas de fama internacional "We Are the World" cun solo, como se ve no video, que fai emocionar a Luciano Pavarotti e Lionel Richie. A dúo con Pavarotti, canta "Tu che m'hai preso il cor".

Tra te e il mare[editar | editar a fonte]

Publica en 2000 un álbum homónimo da canción composta por Biagio Antonacci, "Tra te e il mare" (en castelán Entre tú y mil mares) tamén incluída no traballo. Contén famosos éxitos entre os que destacan "Il mio sbaglio più grande" (en castelán Un error de los grandes, no video do cal aparece brevemente a irmá de Laura, Silvia) e "Viaggio con te" dedicaa ó seu pai. "Per vivere" é dedicado ós nenos que Laura apadrinou en BRasil. Pecha o disco "The extra mile", banda sonora do film "Pokémon 2 - La forza di uno".

The best of Laura Pausini e Live a Milano[editar | editar a fonte]

En 2001, para Laura chega o momento de resumir os seus oito anos de carreira, faino coa publicación do seu primeiro recopilatorio, baixo o título de The best of Laura Pausini - E ritorno da te, con dous temas inéditos "E ritorno da te" e "Una storia che vale" . Ademais destes últimos Laura inclúe no disco unha canción nunca recollida nos álbums anteriores, "One More Time" banda sonora da cinta "Messages In A Bottle" con Kevin Costner e Paul Newman. En España, este recopilatorio inclúe tamén un dúo co cantante José el Francés, o tema "Dime":

O álbum vende case 4 millóns de copias en todo o mundo, 800.000 delas en Italia e obtén un importante éxito en Francia con 900.000 copias. O vídeo de "E ritorno da te" grávao Gabriele Muccino e o de "Una Storia Che Vale" Daniele Persica.

Ó disco irá acompañado dun tour mundial que comeza en Miami para logo levar a Laura por Sudamérica e finalmente desembarcar en Italia e Europa, onde actuaría no FilaForum D'Assago de Milán facendo un dúo con Biagio Antonacci. Este concerto sería transmitido pola canle italiana Canale 5 e publicado posteriormente en DVD.

From the inside e a aventura americana[editar | editar a fonte]

Tras 2 anos de traballo Laura desembarca en América con "From the inside". O disco contén o éxito "Surrender", e recolle tamén "It's not good-bye" e Every day is a Monday, versións inglesas dos singles In assenza di te e Il mio sbaglio più grande. O álbum obtén un grande éxito tanto de crítica como de vendas, superando as 800.000 copias nos EEUU, e os singles como "Surrender" e "If that's love" acadan as primeiras posicións na clasificación Dance di Bilboard (superando artistas do calibre de Madonna e Justin Timberlake) . Por desacordos coa casa discográfica americana Laura Pausini para a promoción do disco, facendo só dous cocertos nos Estados Unidos renunciando á prevista xira e rexeitando a proposta dun segundo disco en inglés.

Laura Pausini

En 2003 publica tamén en Italia "From the inside". Fai un dúo con Hélène Segara no tema "On n'oublie jamais rien, on vit avec". Participa no "Pavarotti&Friends", cantando "Il mondo che vorrei" e, a dúo con Pavarotti, "Tu che m'hai preso il cor". Neste ano En Sudáfrica acada o cume das clasificación con "It's not goodbye".

Resta in ascolto[editar | editar a fonte]

En 2004 volve á escena musical italiana con Resta in ascolto e co respectivo álbum interpretado en español Escucha atento. O álbum está dispoñible tamén cun dvd en edición limitada que contén videos e entevistas exclusivas. Entre as voces que colaboran no traballo están as de artistas que firman temas de éxtio coma a considerada raíña indiscutible do pop mundial, , Madonna, que agasalla a Laura cun tema titulado "Mi abbandono a te"; "Benedetta passione" é a canción que Vasco Rossi crea per Laura Pausini, e por último "Vivimi", escrita por Biagio Antonacci. O single de lanzamento do disco é "Resta in ascolto", canción que acada a primeira posición nas clasificación de singles durante un mes despois da publicación. O video grávase nos Estados Unidos, concretamente en Los Angeles.

O segundo tema é o que Biagio Antonacci escribiu para ela, "Vivimi", cun video gravado en Venecia. "Come se non fosse stato mai amore" é o terceiro single, seguido de "Benedetta passione", escrito Vasco Rossi.O último single promocional do traballo é "La Prospettiva di me". O disco sitúase na súa primeira semana no mercado na primeira posición da lista de vendas itaiana.

Live in Paris[editar | editar a fonte]

En novembro de 2005, sae Live in Paris 05, album en directo que celebra os doce anos de actividade da artista. Gravado no teatro Le Zenith de París, o CD contén 16 dos seus mellores éxitos, moitos cantados en lingua española ou portuguesa.O disco conclúe con Viveme, (Vivimi), gravado no Wiltern Theater de Los Angeles.

Grammy Awards[editar | editar a fonte]

O 8 de febrero de 2006 gaña o Grammy per il miglior album latino conó mellor álbum latino Escucha, sendo a primeira muller italiana que obtiña este galardón

Dúas semanas despois gaña en Miami un premio "Lo Nuestro", organizado pola canle televisiva de fala hispana Univision, como "artista pop feminina do ano".

Laura Pausini durante un concerto

Participa como invitada no Festival di Sanremo de 2006.

O 9 de xuño de 2006 o lugar onde medrou, Solarolo (provincia de Rávena), confírelle a cidadanía honoraria por ter levado o lugar polo mundo.

Entre xullo e agosto 2006 Laura Pausini participa nunha serie de concertos polos Estados Unidos xunto con outros cantantes latinos, Marc Anthony e Marco Antonio Solís.

Enagosto 2006 algún sitios web recollían a noticia da publicación dun libro sobre Laura Pausini, titulado "Fai quello che sei" onde a artista falaría das numerosas satisfaccións profesionais dese ano no que venceu o Grammy e onde falaría así mesmo da súa vida persoal. Posteriormente saíron noticias que puñan en dúbida a veracidade da noticias, pero en marzo de 2007 Laura Pausini confirmou que o libro estaba programado, pero que finalmente renunciou a el por motivos que non fixo públicos. O libro, 'Fai quello che sei' publicouse definitivamente en Italia o 21 novembro de 2007.

Io canto[editar | editar a fonte]

O 10 de novembro de 2006 saía á venda un novo traballo de Laura Pausini, titulado "Io canto": trátase dun disco composto na súa totalidade de cancións italianas. No álbum, Laura interpreta cancións que lle lembran á súa etapa no pianobarou emas que lle recordan momentos concretos da súa vida ou da súa carreira, como Strada facendo (Claudio Baglioni), Due (Raf), Cinque giorni (Michele Zarrillo), Anima fragile (Vasco Rossi). Il primo singolo estratto o primeiro single foi Io canto éxito de Riccardo Cocciante en 1979. Deste disco forma parte tamén Come il sole all'improvviso di Zucchero Fornaciari que foi utilizada tamén como banda sonora de "Salvatore - Questa è la vita". "Io canto" conta con colaboracións de artistas coma Johnny Hallyday, Juanes e Tiziano Ferro: con este último Laura Pausini canta a dúo "Non me lo so spiegare", tema xa interpretado con éxito por Ferro en 2003. Como curiosidade, fóra de Italia o disco foi visto como un traballo normal inéditos, entre eles os países de lingua española, que como é habitual en Pausini, tiveron unha versión do disco interpretada integramente en español. Isto confirma o papel de Laura Pausini como embaixadora da música italiana noo mundo.

O novo álbum de Laura Pausini, Io canto/Yo canto era xa no primeiro posto da clasificación de álbums en Internet a través de iTunes antes de saír ó mercado. Ademais en Italia, durante o fin de semana posterior ó lanzamento do disco, o álbum acadou un pico de vendas fóra do común chegando ás 200.000 copias nos primeiros catro días e chegando ás 270.000 nesa semana. Malia saír á venda a finais de novembro, Io canto foi o disco máis vendido en Italia en todo 2006. DUn ano despois do seu lanzamento, vendeu 2.000.000 millón de copias en todo o mundo e recibiu 8 disco de platino en Italia, o que equivale a 700.000 copias só no seu país natal.

O 25 de xaneiro de 2007 no Auditorium di via della Conciliazione en Roma venceu o telegatto como mellor cantante do 2006 e o telegatto de platino excelencia da música; durante a gala cantou os temas "Io canto" e "Spaccacuore".

Directo en San Siro e actualidade[editar | editar a fonte]

O 2 de xuño de 2007 Laura deu un único megaconcerto a nivel mundial en Milán, no Stadio Giuseppe Meazza de San Siro con 70.000 vendidos preto de 1.000 dos cales vendidos no exterior ós fans estranxeiros de tódalas partes do mundo, en especial de Fracia e España, aínda que tamén de Brasil e mesmo de Xapón. Laura Pausini é a primeira muller na historia da música en actuar neste estadio. Previamente a honra sería para Madonna en 1987 e Celine Dion, pero estes dous concertos foron anulados pola intervención do Inter e do Milán, que no querían que o terreo de xogo se resentise. Editouse un DVD do concerto en direct, o terceiro traballo en directo na carreira da artista. Pausini fixo un dueto con Tiziano Ferro e dedicou o concerto á sía avoa e a Antonella Russo (unha fan súa asasinada en xanero en Salofra pola parella da súa nai).

O 9 de xuño de 2007, unha semana despois, volve a San Siro como invitada para interpretar a dúo con Renato Zero a canción Nei giardini che nessuno sa, éxito do cantante romano presente en Io canto, e unha breve interpretación de "Come se non fosse stato mai amore" .

O dúo con Renato Zero un dos últimos actos promocionais inciciados coa saída de Io canto no outuno de 2006. Desde ese momento Pausini inicia un período de repouso con algunhas interrupcións.

Laura Pausini participa interpretando con Miguel Bosé o tema Te amaré, no último álbum do cantante español, titulado Papito .

O 15 de xuño de 2007 Laura Pausini gañou o 'Ischia Music Award 2007. Chegada a Ischia para recoller o galardón, a cantante expresou o seu soño de cantar con Mina e de presentar o Festival di Sanremo con Pippo Baudo.

O 5 de xullo de 2007 Laura Pausini cantou a dúo con Andrea Bocelli no Teatro del Silenzio de Lajatico (Pisa).

O 14 de xullo de 2007, festa da República Francesa,participou xunto con outros cantantes nun megaconcerto en París no "Champe libre" (ó lado da Torre Eiffel) ante 500.000 espectadores.

O 21 de xullo de 2007 a cantante participou en Viareggio na quinta edición do Festival Teatro-Canzone Giorgio Gaber onde interpretou a canción "Non insegnate ai bambini".

O 29 de setembro 2007 toma parte en Lampedusa na V edición do festival O' Scià, invitada por Claudio Baglioni, co que fai un dueto.

O 15 de outubro de 2007 sae á venda o novo álbum de Andrea Bocelli que contén un novo dueto con Laura Pausini no tema titulado "Vivere/Dare to live".

O 4 de novembro de 2007 Laura Pausini recolle en Montecarlo o seu terceiro World Music Award na categoría Best Selling Artist, a cantante italiana recibiu o prestixioso premios internacional polos 2 millóns de copias vendidos no mundo con Io Canto/Yo Canto. Xunto con Laura son premiados outros artistas de éxito mundial coma Avril Lavigne, Céline Dion, Mika e Rihanna.

O 8 de novembro de 2007 asígnaselle un novo recoñecemento internacional, venceu o seu segundo Latin Grammy con Yo Canto como "Best female pop vocal album": a cerimonia desenvolveuse en Las Vegas e la cantante interpretou xunto ó tenor Andrea Bocelli o tema Vive Ya versión española de Vivere (Dare To Live). Pausini, no momento de recoller o galardón, quixo lembrar ó mestre Luciano Pavarotti.

O 21 de novembro de 2007 saíu á venda en Italia o seu primeiro libro (un diario onde Laura conta o ocorrido desde outubro de 2006 ata o evento de San Siro) oficial "Fai Quello Che Sei" que en poucos días vendeu preto de 40.000 copias, mentres que o 30 de novembro saíu ó mercado o CD/DVD doconcerto no Stadio San Siro, transmitido por Italia 1 o 11 de decembro 2007.

O 5 de decembro de 2007 foi invitada ó concerto de Miguel Bosé no DatchForum D'Assago cantando co español o tema Te amaré.

Discografia[editar | editar a fonte]

Album[editar | editar a fonte]

Álbums estranxeiros[editar | editar a fonte]

En lingua española

En lingua inglesa

Album non oficial[editar | editar a fonte]

  • 1987 - "I sogni di Laura" - album nunca posto á venda, contén as cancións que Laura cantaba ós 13 anos nos piano bar.

DVD[editar | editar a fonte]

Outros temas[editar | editar a fonte]

  • Loneliness - versión inglesa de La solitudine
  • Prendo te - Vídeo presente no cd/dvd de 2004 "Resta in ascolto"
  • De tu amor - Vídeo presente no cd/dvd de 2004 "Resta in ascolto"
  • Uguale a lei - Single de 2005 e banda sonora dun famoso anuncio televisivo
  • È non è
  • Je chante - Versión francesa de Io canto que a cantante publicou só na versión francesa de "Io Canto"
  • La isla bonita - Canción de Madonna cantada durante o concerto de San Siro do 2 de xuño de 2007
  • Favola - Canción de Eros Ramazzotti cantada durante o concerto de San Siro do 2 de xuño 2007

Singles[editar | editar a fonte]

Ano Single en Italia Album
1993

La solitudine
Non c’è
Perché non torna più

Laura Pausini
1994/1995

Strani amori
Lettera
Lui non sta con te
Un amico è così
Gente

Laura
1996/1997

Incancellabile
Le cose che vivi
Ascolta il tuo cuore
Seamisai
Due innamorati come noi
Angeli nel blu

Le cose che vivi
1998/1999

Un’emergenza d’amore
In assenza di te
La mia risposta
Che bene mi fai (solo in Spagna)

La mia risposta
1999

One more time

One more time
2000/2001

Tra te e il mare
Il mio sbaglio più grande
Fidati di me
Volevo dirti che ti amo (solo in Spagna)

Tra te e il mare
2001/2002

E ritorno da te
Una storia che vale
La solitudine
Non c'è
Dime (feat. José El Francés)(solo in Spagna)
Seamisai (se que me amavas)(feat. G.Gil)(solo in Spagna)
Speranza (solo in Brasile)

The best of... E ritorno da te
2002/2003

Surrender
I need love
If that's love
It's not good-bye

From the inside
2004/2005

Resta in ascolto
Vivimi
Come se non fosse stato mai amore
Benedetta passione

Resta in ascolto
2005/2006

La prospettiva di me

Live in Paris 05
2006

Uguale a lei

Uguale a lei
2006/2007

Io canto
Spaccacuore
Il mio canto libero (Solo in Spagna)
Non me lo so spiegare (feat. Tiziano Ferro)
Cinque giorni (Solo in Brasile)
Y mi banda toca el rock (Solo in Messico)

Io canto
2007

Destinazione paradiso
Y mi banda toca el rock

Live in San Siro

Compositora[editar | editar a fonte]

Son moitos os que pensan que Laura Pausini é unicamente unha intérprete e non todos saben que no seu terceiro álbum (Le cose che vivi) escribe o texto das súas cancións a dúo co seu felísimo co-autor Cheope e outros autores.

Algúns dos temas do seu repertorio foron escritos só por ela mesma:

No álbum Io canto participou na adaptación de:

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Todos os dúos citados foron incluídos en CD ou DVD. Laura Pausini fixo ademais outros duetos con Phil Collins, Claudio Baglioni, Julio Iglesias, Gianni Morandi, Fiorello, Eros Ramazzotti, Grégory Lemarchal etc.

En 2003 foi incluída no album Cicciput de Elio e le Storie Tese e precisamente na canción Pagano, canción sobre os antigos romanos, na que Laura Pausini acepta parodiarse a si mesma cantando "Marco Aurelio se n'è andato e non ritorna più" variando a letra do seu éxito La solitudine. No tema participaron igualmente outros artistas coma Maurizio Crozza, Enrico Ruggeri e Mauro Pagani.

Laura Pausini, con ocasión do mundial de fúbol de Alemaña 2006, prestou a súa voz xunto con Eros Ramazzotti, na canción Siamo una squadra fortissimi de Checco Zalone.

Bandas sonoras[editar | editar a fonte]

Bibliografia[editar | editar a fonte]

  • 2000 Laura Pausini de Macale Maurizio, Bastogi Editrice Italiana
  • 2005 Laura Pausini...l'artista e la donna de Cerri Simona, Lo Vecchio
  • 2007 Fai quello che sei de Laura Pausini, Mondadori

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Pionera[editar | editar a fonte]

  • Primeira muller italiana en gañar un Premio Grammy.
  • Primeira muller en ofrecer un concerto no Stadio San Siro.
  • Primeira artista internacional en vender un millón de copias en España.
  • Primeira muller italiana en gañar un Platinum Europe Award

Banda de Laura Pausini (2007)[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]