Mariah Carey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mariah Carey
Mariah Carey 2 by David Shankbone.jpg
Nome completo Mariah Carey
Naceu 27 de marzo de 1970 (44 anos)
Orixe Hutington, estado de Nova York Flag of the United States.svg
Ocupación (s) cantante
Xénero R&B, pop, hip hop, soul, dance
Tempo en activo 1988 - presente
Mariah's signature.png

Mariah Carey, nada en Huntington (Estado de Nova York) o 27 de marzo de 1970, é unha cantante de pop e R&B, compositora, produtora musical e actriz estadounidense de ascendencia irlandesa-venezolana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo o seu debut discográfico no ano de 1990, baixo a dirección do executivo de Columbia Records, Tommy Mottola. A finais do ano 1994 publicou Merry Christmas, o "disco de Nadal" máis vendido da historia[1].

Durante a década de 1990, os seus álbums vendéronse en grandes cantidades, converténdose na "Artista con máis vendas da década.[2] Tamén galardoada como a "Artista Feminina do Milenio" por Billboard[3] e polo World Music Awards[4].

O 2000 deixa a Columbia Records, de Sony Music[5] e asina un contrato por máis 80 millóns de dólares coa compañía Virgin,[6], considerado como o máis grande da historia para unha artista feminina até ese ano. O fracaso comercial do primeiro álbum que editou con esta discográfica, obrigou aos executivos a romper o contrato. No 2002, Carey asinou con Island Records e despois dun período relativamente infrutuoso, regresou á vangarda da música no 2005 cun dos álbums máis exitosos da súa carreira, The Emancipation of Mimi[7].

Declarada en 2008 por Billboard como unha das "Mellores Artistas Femininas de Todos os Tempos",[8] é ademais a solista con máis sinxelos que alcanzaron o número un en Estados Unidos cun total de 18, superando a Elvis Presley.[9][10].

Os seus singles "One Sweet Day" (1995) e "We Belong Together" (2005) son as cancións que máis tempo estiveron no número uno do Billboard Hot 100 de Estados Unidos, cun total de 16 e 14 semanas respectivamente[11].

Notas[editar | editar a fonte]

Carey en 1998.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]