Javaris Crittenton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Javaris Crittenton
Javaris Crittenton portrait.jpg
Dakota Wizards – No. 6
Base
Información persoal
Nacemento 31 de decembro de 1987 (26 anos)
Atlanta Xeorxia, Estados Unidos de América Xeorxia
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso 91 kg (200 lb)
Instituto Southwest Atlanta Christian Academy
Información da carreira
Universidade Georgia Tech
NBA Draft 2007 / Rolda: 1 / Elección: 19

Escollido por Los Angeles Lakers

Carreira dende 2007
Historial de equipos
Los Angeles Lakers (2007-2008)
Memphis Grizzlies (2008)
Washington Wizards (2008-2010)
Zheijang Lions (China) (2010)
Información en nba.com

Joshua (Josh) Scott McRoberts, nado en Atlanta (Xeorxia) o 31 de decembro de 1987, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Dakota Wizards da NBA Development League.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Crittenton foi elixido na 19ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Los Angeles Lakers. Durante un partido da Summer League, o 8 de xullo de 2007, anotou 18 puntos, incluíndo un lanzamento a falta de 1.7 segundos para o remate do partido, que lle deu a vitoria ao seu equipo. No primeiro partido da pretempada dos Lakers contra os Golden State Warriors en Honolulu, Crittenton anotou 18 puntos e deu unha asistencia na derrota por 111-110.

O 1 de febreiro de 2008, Crittenton foi traspasados aos Memphis Grizzlies xunto con Kwame Brown, Aaron McKie, os dereitos de Marc Gasol e dúas futuras eleccións de primeira rolda dos drafts de 2008 e 2010, a cambio de Pau Gasol e unha elección da segunda rolda do Draft de 2010.[1] O 2 de abril de 2008, Crittenton anotou 23 puntos, a maior anotación na súa carreira, na vitoria dos Grizzlies por 130-114 contra os New York Knicks.

O 10 de decembro de 2008, Crittenton formou parte dun traspaso entre tres equipos que o mandou aos Washington Wizards xunto con Mike James dos New Orleans Hornets. A cambio, os Wizards recibiron unha elección de primeira rolda do Draft dos Memphis Grizzlies e a Antonio Daniels dos Hornets.[2]

O 22 de setembro de 2010, asinou un contrato cos Charlotte Bobcats. Os Bobcats prescindiron de Critteton o 15 de outubro de 2010.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]