Kyrylo Fesenko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kyrylo Fesenko
Axente libre
Pivote
Información persoal
Nacemento 24 de decembro de 1986 (27 anos)
Dnipropetrovsk, RSS Ucraína, Unión Soviética
Nacionalidade Ucraína Ucraína
Altura 2,16 m (7 ft 1 in)
Peso 129 kg (285 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2007 / Rolda: 2 / Elección: 38

Escollido por Philadelphia 76ers

Carreira dende 2003
Historial de equipos
Azovmash Mariupol (2003–2005)
CK Mariupol (2005–2006)
Cherkasky Mavpi Cherkasy (2006–2007)
Utah Jazz (2007-2011)
Utah Flash (NBA D-League) (2007-2009)
Indiana Pacers (2012)
Información en nba.com

Kyrylo Fesenko, nado o 24 de decembro de 1986 en Dnipropetrovsk, RSS Ucraína, Unión Soviética, é un xogador ucraniano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras xogar catro tempadas no seu país nativo, Ucraína, Fesenko foi seleccionado na 38ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Philadelphia 76ers, e foi traspasado aos Utah Jazz, onde asinou un contrato por tres anos o 15 de agosto de 2007.[1] En 2010 rexeitou un contrato por varios anos cos Houston Rockets e asinou de novo por 1 ano cos Jazz. Está previsto que sexa axente libre non restrinxido en 2011.[2] Pasou a maior parte da súa tempada coma rookie na NBA Development League cos Utah Flash.

O 30 de novembro de 2007, Fesenko fixo o seu debut na NBA contra Los Angeles Lakers. Foi chamado de volta polos Jazz dos Utah Flash debido á lesión de Carlos Boozer e Mehmet Okur. Fesenko anotou 6 puntos, capturou 7 rebotes e deu 1 asistencia.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]