Acie Law
| KK Partizan – No. 2 | |
| Base | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de xaneiro de 1985 (28 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
| Peso | 92 kg (202 lb) |
| Instituto | Kimball |
| Información da carreira | |
| Universidade | Texas A&M |
| NBA Draft | 2007 / Rolda: 1 / Elección: 11
Escollido por Atlanta Hawks |
| Carreira | dende 2007 |
| Historial de equipos | |
| Atlanta Hawks (2007-2009) Golden State Warriors (2009) Charlotte Bobcats (2009-2010) Chicago Bulls (2010) Memphis Grizzlies (2010) Golden State Warriors (2010-2011) KK Partizan (2011-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Acie Law IV, nado o 25 de xaneiro de 1985 en Dallas, Texas, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no KK Partizan, que compite na Naša Sinalko Liga (liga serbia), NLB League (liga do Adriático) e na Euroliga..
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
NBA [editar]
Atlanta Hawks (2007-2009) [editar]
O 28 de xuño de 2007, Law foi escollido na 11ª posición do Draft da NBA polos Atlanta Hawks. Xogou o seu primeiro partido coma titular o 6 de novembro de 2007, contra os New Jersey Nets.[1]
Na súa tempada coma rookie, Law acadou 4.2 puntos e 2.0 asistencias, e fixo o 20.6% das triplas intentadas e o 40% dos tiros de campo intentados.[2] Perdeuse dez partidos debido a unha lesión no nocello dereito.[3]
Na pretempada de 2008, Law foi escollido no primeiro equipo da Summer League, xunto con outros catro xogadores. Fixo 16.2 puntos, 3.6 asistencias e 2.2 rebotes, liderando aos Hawks a unha marca de 4-2. Quedou sexto en anotación e sexto tamén en número de asistencias repartidas.[4][5]
Golden State Warriors (2009) [editar]
O 25 de xuño de 2009, Law foi traspasado aos Golden State Warriors xunto con Speedy Claxton a cambio de Jamal Crawford.[6]
Charlotte Bobcats (2009-2010) [editar]
O 16 de novembro de 2009, Law foi traspasado aos Charlotte Bobcats xunto con Stephen Jackson a cambio de Raja Bell e Vladimir Radmanović.[7]
Chicago Bulls (2010) [editar]
O 18 de febreiro de 2010, Law foi traspasado aos Chicago Bulls xunto con Flip Murray a cambio de Tyrus Thomas.[8]
Memphis Grizzlies (2010) [editar]
O 5 de agosto de 2010, Law asinou un contrato dun ano cos Memphis Grizzlies.[9] Foi cortado polos Grizzlies o 4 de decembro de 2010, tras xogar en 11 partidos da tempada regular para Memphis.
Golden State Warriors (2010-presente) [editar]
O 9 de decembro de 2010, Law asinou cos Golden State Warriors.
Europa [editar]
En xullo de 2011, Law asinou un contrato dun ano co KK Partizan.[10][11]
Notas [editar]
- ↑ Smith, Sekou (2007-11-07). "Law inserted into starting lineup at point". The Atlanta Journal-Constitution. Arquivado do orixinal o 2007-11-09. http://web.archive.org/web/20071109063611/http://www.ajc.com/sports/content/sports/hawks/stories/2007/11/06/hawksnot_1107.html. Consultado o 2007-11-07.
- ↑ "Acie Law Feels He Has 'Much To Prove'". http://www.realgm.com/src_wiretap_archives/53571/20080714/acie_law_feels_he_has_much_to_prove/.
- ↑ "Aggiesports.com". Aggiesports.com. http://www.aggiesports.com/mbasketball/CESSNA__Big_week_for_A_amp_amp_M_basketball_teams. Consultado o 2010-12-29.
- ↑ "Hawks' Law named to All-Revue squad". http://www.ajc.com/services/content/sports/hawks/stories/2008/07/26/acie_law_revue_squad.html?cxtype=rss&cxsvc=7&cxcat=21.
- ↑ "Student Law prepared to answer when called". http://www.ajc.com/services/content/printedition/2008/11/26/hawks.html.
- ↑ "Warriors Acquire Acie Law and Speedy Claxton From Atlanta Hawks". NBA.com. 2009-06-25. http://www.nba.com/warriors/news/warriors_acquire_law_claxton.html. Consultado o 2009-06-28.
- ↑ "Bobcats acquire Stephen Jackson and Acie Law from Warriors". NBA.com. 2009-11-16. http://www.nba.com/bobcats/release_warriors_trade_091116.html. Consultado o 2009-11-16.
- ↑ "Bulls receive Murray and Law for Thomas". NBA.com. 2010-02-18. http://www.nba.com/bulls/news/thomas_trade_100218.html. Consultado o 2010-02-18.
- ↑ "Grizzlies Sign guard Acie Law". NBA.com. 2010-08-05. http://www.nba.com/grizzlies/news/grizzlies-sign-guard-acie-law-100805.html. Consultado o 2010-12-10.
- ↑ Acie Law signs with Serbian team
- ↑ Partizan mt:s picks up playmaker Law
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||