Johannes Andreas Grib Fibiger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Johannes Andreas Grib Fibiger
J Fibiger.jpg
Nacemento 23 de abril de 1867
Silkeborg (Dinamarca)
Morte 30 de xaneiro de 1928, 60 anos
Copenhague (Dinamarca)
Residencia Dinamarca
Nacionalidade Danesa
Campo Medicina
Coñecido por Polas súas investigacións sobre a hipótese inflamatoria na etiopatoxenia do cancro

Johannes Andreas Grib Fibiger, nado en Silkeborg, Dinamarca, o 23 de abril de 1867 e finado en Copenhague o 30 de xaneiro de 1928, foi un médico danés.

Traxectoria[editar]

Estudou na Universidade de Copenhague onde obtivo a súa licenciatura en 1890. Posteriormente ampliou os seus estudos na Universidade de Berlín, onde foi discípulo de Robert Koch e Emil Adolf von Behring e onde exerceu como profesor de anatomía patolóxica.

Regresou á súa cidade natal para traballar no Laboratorio de Bacterioloxía da Universidade de Copenhague como axudante, onde obtivo o doutoramento en 1895 cunha tese sobre estudos bacteriolóxicos da difteria.

Recibiu varias distincións, entre as que destaca o Premio Nobel de Medicina en 1926, polas súas investigacións sobre a hipotese inflamatoria na etiopatoxenia do cancro.

Véxase tamén[editar]

Ligazóns externas[editar]